Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Martes, 13 de decembro de 2016 Páx. 54361

III. Outras disposicións

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 16 de novembro de 2016 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2016.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para lle dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Academia Galega de Seguridade Pública nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2016, que se incorpora como anexo a esta resolución.

A Estrada, 16 de novembro de 2016

Luis Menor Pérez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO
Relación de convenios subscritos pola Agasp
no 2º cuadrimestre do ano 2016

Asinantes

Obxecto

Data da sinatura

Achega total da Agasp

Anualidade 2016

Academia Galega de Seguridade Pública e Concello do Porriño

Formación continua do persoal da seguridade pública e das emerxencias do Concello do Porriño

1.6.2016

Sen achega económica

Academia Galega de Seguridade Pública e Concello de Ourense

Formación continua do persoal da seguridade pública e das emerxencias do Concello de Ourense

29.7.2016

Sen achega económica

Academia Galega de Seguridade Pública e CSI.F-Galicia

Colaboración e desenvolvemento de actividades conxuntas de carácter formativo, divulgador e investigador en materias da súa competencia

31.8.2016

Sen achega económica