Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Xoves, 15 de decembro de 2016 Páx. 54662

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 2 de decembro de 2016 pola que se convoca proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas.

De conformidade co establecido no Decreto 182/2013, do 12 de decembro, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2013 (Diario Oficial de Galicia núm. 242, do 19 de decembro), esta consellería, no uso das competencias que lle atribúe a Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia (en diante LEPG),

DISPÓN:

Convocar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, con suxeición ás seguintes bases da convocatoria:

I. Normas xerais.

I.1. O obxecto do proceso selectivo será cubrir oito (8) prazas do corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, polas quendas de promoción interna e de acceso libre. O sistema selectivo será o de oposición e irá seguido dun período de prácticas.

I.1.1. O número total de vacantes reservadas á quenda de promoción interna ascende a dúas (2) prazas.

O número de vacantes reservadas a quenda de acceso libre ascende a seis (6) prazas. As prazas reservadas ao sistema de promoción interna que non se cubran acumularanse á quenda de acceso libre.

I.1.2. As persoas aspirantes só poderán participar nunha das quendas citadas: acceso libre ou promoción interna. Se da instancia que presenten non se deduce a súa opción, serán excluídas nas listas provisionais que se publiquen. De non emendaren o defecto na solicitude, quedarán definitivamente excluídas. De ser o caso, as aclaracións ou as correccións respecto ao cambio de quenda deberán realizarse no prazo de alegacións ás listaxes provisionais de persoas admitidas.

I.1.3. Ao presente proceso selectivo seralle aplicable o Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público (en diante TRLEBEP), a LEPG e demais normas concordantes, así como o disposto nesta convocatoria.

I.2. Requisitos das persoas aspirantes.

Para seren admitidas nos procesos selectivos as persoas aspirantes deberán posuír no día de finalización do prazo de presentación de solicitudes e manter ata o momento da toma de posesión como persoal funcionario de carreira os seguintes requisitos:

I.2.1. Para promoción interna.

I.2.1.1. Idade: non exceder a idade máxima de xubilación forzosa.

I.2.1.2. Titulación: estar en posesión ou en condicións de obter o título de licenciado ou graduado nunha titulación de calquera rama.

As persoas aspirantes con titulacións obtidas no estranxeiro deberán acreditar que están en posesión da correspondente validación ou da credencial que acredite, de ser o caso, a homologación do título. Este requisito non será de aplicación ás persoas aspirantes que obtivesen o recoñecemento da súa cualificación profesional, no ámbito das profesións reguladas, ao abeiro das disposicións de dereito da Unión Europea.

I.2.1.3. Pertencer como persoal funcionario de carreira a algún dos corpos ou escalas integrados no actual subgrupo A2 da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia (corpo de xestión ou corpo facultativo de grao medio).

I.2.1.4. Ter prestados servizos efectivos como persoal funcionario nalgún dos corpos ou escalas integrados no actual subgrupo A2 da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia (corpo de xestión ou corpo facultativo de grao medio) desde o cal participen durante polo menos dous anos, computados desde o ingreso ou desde a integración nel.

Para estes efectos, consideraranse servizos efectivos os prestados na situación de servizos especiais e de excedencia para o coidado de familiares (artigos 167 e 176 da LEPG).

I.2.1.5. Capacidade funcional: non padecer enfermidade nin estar afectado/a por limitación física ou psíquica incompatible co desempeño das correspondentes funcións.

I.2.1.6. Habilitación: non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se trate de acceder ao corpo ou escala de persoal funcionario do cal a persoa foi separada ou inhabilitada.

No suposto de ser nacional doutro Estado, non atoparse inhabilitado/a ou en situación equivalente nin ter sido sometido/a a sanción disciplinaria ou equivalente que impida no Estado de procedencia o acceso ao emprego público nos termos anteriores.

I.2.2. Para acceso libre.

I.2.2.1. Nacionalidade:

a) Ter a nacionalidade española.

b) Ser nacional dalgún dos estados membros da Unión Europea.

c) Ser nacional dalgún Estado en que en virtude dos tratados internacionais subscritos pola Unión Europea e ratificados por España sexa de aplicación a libre circulación de traballadores/as.

d) Tamén poderán participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, os cónxuxes de españois e de nacionais doutros estados membros da Unión Europea, sempre que non estean separados de dereito. Nas mesmas condicións poderán participar os seus descendentes e os do seu cónxuxe sempre que non estean separados de dereito, sexan menores de vinte e un anos ou maiores da dita idade dependentes.

I.2.2.2. Idade: ter cumpridos dezaseis anos e non exceder a idade máxima de xubilación forzosa.

I.2.2.3. Titulación: estar en posesión ou en condicións de obter o título de licenciado ou graduado nunha titulación de calquera rama.

As persoas aspirantes con titulacións obtidas no estranxeiro deberán acreditar que están en posesión da correspondente validación ou da credencial que acredite, de ser o caso, a homologación do título. Este requisito non será de aplicación a aspirantes que obtivesen o recoñecemento da súa cualificación profesional, no ámbito das profesións reguladas, ao abeiro das disposicións de dereito da Unión Europea.

I.2.2.4. Capacidade funcional: non padecer enfermidade nin estar afectado/a por limitación física ou psíquica incompatible co desempeño das correspondentes funcións.

I.2.2.5. Habilitación: non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se trate de acceder ao corpo ou escala de persoal funcionario do cal a persoa foi separada ou inhabilitada.

No suposto de ser nacional doutro Estado, non atoparse inhabilitado/a ou en situación equivalente, nin ter sido sometido/a a sanción disciplinaria ou equivalente que impida no Estado de procedencia, o acceso ao emprego público nos termos anteriores.

I.3. Solicitudes.

As persoas que desexen participar no proceso selectivo deberán facelo constar no modelo de solicitude que será facilitado gratuitamente na internet e deberán aboar a taxa que estea vixente no momento de presentala que exixe a Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo co procedemento que se sinala nos seguintes parágrafos.

O prazo para presentar as solicitudes será de vinte días naturais, que se contarán a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG).

1) Forma de cubrir a solicitude:

O modelo de solicitude estará á disposición de todas as persoas que desexen participar no proceso selectivo no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal, seguindo a ruta «Procesos selectivos»-«Xeración e presentación de solicitudes de procesos selectivos», en dúas modalidades, segundo se dispoña ou non de certificado dixital da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre (FNMT) ou DNI electrónico.

Despois de premer a modalidade de solicitude elixida, as persoas solicitantes deberán consignar todos os datos que aparecen na pantalla e posteriormente validalos e confirmalos.

As persoas aspirantes cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 % deberán indicalo expresamente na solicitude, e especificar o grao de discapacidade recoñecido polo órgano competente. Estas persoas poderán solicitar as posibles adaptacións de tempo e/ou medios para a realización dos exercicios en que esta adaptación sexa necesaria, todo isto conforme o contido na LEPG, no Real decreto 2271/2004, do 3 de decembro, e no Decreto 182/2013, do 12 de decembro, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2013.

As persoas solicitantes das adaptacións sinaladas poderán indicar na mesma epígrafe da solicitude a presenza durante a realización do exercicio de atención médica especializada. Neste suposto, deberán presentar antes do remate do prazo fixado, o orixinal ou a copia debidamente compulsada do informe médico que acredite a necesidade da dita medida.

2) Forma de aboar as taxas:

Unha vez confirmada a alta da solicitude, a persoa solicitante, segundo estea ou non nos supostos previstos, deberá seguir os seguintes pasos:

• Exenta de pagamento: de acordo co sinalado no artigo 23.5 da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, estarán exentos do pagamento:

Do importe total da taxa:

– As persoas con discapacidade igual ou superior ao 33 %.

– As persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría especial.

Do 50 % do importe:

– As persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría xeral.

– As persoas que figuren como demandantes de emprego desde, polo menos, os seis meses anteriores á data da convocatoria das probas selectivas en que soliciten a súa participación e non estean a percibir prestación ou subsidio por desemprego.

Unha vez elixida esta opción, a persoa solicitante poderá imprimir a solicitude cuberta e deberá presentar, antes do remate do prazo fixado, o orixinal ou a copia debidamente compulsada dos seguintes documentos xustificativos da exención do pagamento segundo os supostos en que se atopen:

Persoas con discapacidade: certificado de discapacidade.

Familia numerosa ordinaria ou especial: certificado de familia numerosa de carácter ordinario ou especial ou carné familiar en que conste o dito carácter.

Demandantes de emprego:

1) Certificación expedida pola oficina de emprego en que conste que a persoa aspirante figura como demandante de emprego desde polo menos seis meses antes da data da convocatoria.

2) Certificación do Servizo Público de Emprego Estatal en que conste que non está a percibir prestación ou subsidio por desemprego.

A dita documentación presentarase nas oficinas de rexistro da Xunta de Galicia, oficinas de Correos e demais lugares previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Nestes supostos, considerarase como data válida a de presentación dentro do prazo da documentación sinalada para acreditar a exención do pagamento.

Non exenta de pagamento: a persoa solicitante poderá realizar o pagamento dun dos seguintes xeitos:

– Pagamento presencial: deberá seleccionar esta opción na pantalla, imprimir o documento de pagamento (modelo AI) e realizar o ingreso do importe da taxa en calquera das entidades financeiras colaboradoras autorizadas para a recadación de taxas e prezos na Comunidade Autónoma de Galicia, onde se lle facilitará un exemplar selado como xustificante.

– Pagamento electrónico:

Sen certificado dixital: deberá introducir os datos da tarxeta de crédito ou débito na opción de pagamento electrónico e nese momento obterá o xustificante 730 correspondente.

Con certificado dixital: poderán realizar o pagamento con cargo á conta do/a titular do certificado desde a opción de pagamento electrónico e nese momento obterá o xustificante 730 correspondente.

Tanto no caso do pagamento presencial como no caso do pagamento electrónico, considerarase como data válida de presentación da solicitude a de realización da operación de ingreso da taxa, sen que sexa necesario presentar ningún dos documentos xerados nos lugares previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Para a devolución da taxa aboada as persoas solicitantes deberán figurar como excluídas nas listaxes definitivas e seguir o procedemento que se sinale na resolución pola que se aproben.

Non procederá a devolución do importe aboado en concepto de dereitos de exame nos supostos de renuncia a participar no proceso das persoas solicitantes admitidas provisional ou definitivamente.

O estado das solicitudes poderá ser consultado en calquera momento seguindo as instrucións iniciais e seleccionando na pantalla a opción de consulta.

Para calquera aclaración ou información sobre os procedementos anteriores, as persoas solicitantes poderán poñerse en contacto telefónico co centro informático Cixtec no número 981 54 13 00, das 8.30 ás 20.00 horas, de luns a venres, e os sábados das 10.00 ás 14.00 horas.

I.4. Admisión de aspirantes.

I.4.1. Unha vez expirado o prazo de presentación de solicitudes, a persoa titular da Dirección Xeral da Función Pública aprobará as listaxes provisionais de persoas aspirantes admitidas e excluídas a través dunha resolución que será publicada no DOG, con indicación dos seus apelidos, nome e número do DNI, das causas das exclusións que procedan e do lugar en que se atoparán expostas.

I.4.2. As persoas aspirantes excluídas disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación da dita resolución no DOG, para poderen emendar, de ser o caso, o defecto que motivou a exclusión.

A estimación ou desestimación das ditas peticións de correccións entenderanse implícitas nunha nova resolución da Dirección Xeral da Función Pública que será publicada no DOG, pola que se aprobarán as listaxes definitivas de persoas aspirantes admitidas e excluídas. Estas listaxes publicaranse no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal.

O feito de figurar na relación de persoas admitidas non prexulgará que se lles recoñeza ás persoas aspirantes a posesión dos requisitos exixidos para participar no proceso selectivo. Cando da documentación que deben presentar tras superar a oposición se desprenda que non posúen algún dos requisitos, as persoas interesadas decaerán en todos os dereitos que puideren derivar da súa participación.

II. Proceso selectivo.

II.1. Oposición.

O programa que rexerá as probas selectivas é o que figura como anexo I desta orde. Teranse en conta as normas de dereito positivo relacionadas co contido do programa que no momento de publicación no DOG do nomeamento do tribunal do proceso conten con publicación oficial no boletín ou diario correspondente, aínda que a súa entrada en vigor estea diferida a un momento posterior.

II.1.1. Exercicios.

As probas da oposición consistirán na superación dos seguintes exercicios, todos eles eliminatorios e obrigatorios.

As persoas aspirantes que superaron o primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, convocado pola Orde do 18 de maio de 2015 (DOG núm. 95, do 22 de maio), poderán optar por conservar a puntuación obtida nel e acceder directamente ao segundo exercicio.

Na vindeira convocatoria destas probas poderán acceder directamente ao segundo exercicio as persoas aspirantes que aproben o primeiro na presente, conservando a cualificación obtida.

II.1.1.1. Primeiro exercicio: consistirá na resolución por escrito dun cuestionario de cento cincuenta (150) preguntas tipo test, máis cinco (5) de reserva, con catro (4) respostas alternativas propostas polo tribunal, das cales só unha será correcta, correspondentes á parte I do programa que figura como anexo I desta orde.

O exercicio terá unha duración máxima de cento cincuenta (150) minutos.

O tribunal procurará que o número de preguntas garde a debida proporción co número de normas e temas que integran o programa.

Ao remate da proba cada aspirante poderá obter copia das súas respostas. No prazo das vinte e catro (24) horas seguintes publicarase o contido do exercicio e as respostas correctas no mesmo lugar en que se realizou e no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal.

O exercicio cualificarase de 0 a 20 puntos e para superalo será necesario obter un mínimo de 10 puntos. Corresponderá ao tribunal determinar o número de respostas correctas exixido para acadar esta puntuación mínima, para o cal terá en conta que por cada tres (3) respostas incorrectas se descontará unha correcta.

Este exercicio realizarase no prazo máximo de corenta (40) días hábiles desde a constitución do tribunal que xulgue as probas.

A data de realización deste exercicio non será anterior ao 1 de maio de 2017.

II.1.1.2. Segundo exercicio: consistirá na resolución por escrito dun caso práctico proposto polo tribunal sobre as materias incluídas na parte II do programa que figura como anexo I desta orde.

O exercicio terá unha duración máxima de catro (4) horas.

Para o desenvolvemento deste exercicio as persoas aspirantes poderán servirse de textos legais sen comentarios; admitiranse as súas versións consolidadas, aquelas nas cales figuren notas de vixencia e/ou referencias cruzadas a outras normas e os subliñados simples sempre que non inclúan ningunha outra información, comentario doutrinal ou referencia xurisprudencial. Así mesmo, está expresamente prohibida a utilización de libros de consulta, das resolucións do presidente do Instituto de Contabilidade e Auditoría de Contas, e de temarios, informes ou ditames de calquera tipo.

Durante o desenvolvemento do exercicio, os membros do tribunal e o persoal colaborador poderán examinar o material que está a utilizar cada aspirante e comprobar que se axusta ao establecido no parágrafo anterior. O manexo de textos normativos distintos dos permitidos determinará a expulsión da persoa aspirante.

Este exercicio cualificarase de 0 a 30 puntos e para superalo será necesario obter un mínimo de 15 puntos. Corresponderá ao tribunal determinar o nivel de coñecementos exixidos para acadar a puntuación mínima.

No prazo das vinte e catro (24) horas seguintes ao remate do exercicio publicarase no portal web corporativo da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal o suposto práctico en que consistiu o exercicio.

Este exercicio realizarase nun prazo mínimo de corenta e oito (48) horas desde o remate do exercicio anterior e máximo de corenta (40) días hábiles.

II.1.1.3. Terceiro exercicio. Este exercicio constará de dúas probas:

– A primeira proba consistirá na resolución por escrito dun cuestionario de dez (10) preguntas proposto polo tribunal sobre as materias comprendidas na parte III do programa que figura como anexo I desta orde. O tempo máximo de duración será de unha (1) hora e media.

– A segunda proba consistirá na resolución, á elección da persoa aspirante, de tres (3) supostos prácticos de dereito tributario ou ben de tres (3) supostos prácticos de dereito orzamentario. O tempo máximo de duración será de dúas (2) horas.

Para o desenvolvemento da segunda proba deste exercicio as persoas aspirantes poderán servirse de textos legais sen comentarios coas condicións establecidas na base II.1.1.2.

O exercicio cualificarase de 0 a 30 puntos e para superalo será necesario obter un mínimo de 15 puntos. Corresponderá ao tribunal determinar o nivel de coñecementos exixidos para acadar a puntuación mínima. Esta cualificación total obterase pola suma da correspondente á primeira proba, que se cualificará de 0 a 15 puntos, e da segunda proba, que se cualificará de 0 a 15 puntos; suma que non poderá ter lugar se a cualificación obtida en calquera das partes do exercicio for inferior a seis (6) puntos, caso en que non se superará o exercicio.

Este exercicio realizarase nun prazo mínimo de corenta e oito (48) horas desde o remate do exercicio anterior e máximo de corenta (40) días hábiles.

II.1.1.4. Cuarto exercicio. Consistirá en expoñer oralmente catro (4) temas, extraídos ao chou, entre os que forman a parte III do anexo I do temario, conforme o seguinte: o primeiro corresponderá aos temas relativos á materia de dereito administrativo; o segundo e terceiro á materia de dereito tributario e o cuarto tema corresponderá ás materias de dereito constitucional e da Unión Europea, dereito autonómico, facenda pública, sistema financeiro e dereito orzamentario.

O exercicio terá unha duración máxima de unha (1) hora.

Despois da extracción dos temas e antes de comezar a súa exposición, concederase ata un máximo de dez (10) minutos de tempo para que a persoa aspirante elabore, en presenza do tribunal, un guión que poderá utilizar no desenvolvemento da súa exposición, consultando para iso exclusivamente o programa da oposición.

Unha vez concluída a exposición dos temas, o tribunal poderá dialogar coa persoa aspirante por un tempo máximo de dez minutos, exclusivamente sobre aspectos concretos relacionados cos temas expostos.

O exercicio cualificarase de 0 a 40 puntos e para superalo será necesario obter un mínimo de 20 puntos. Corresponderá ao tribunal determinar o nivel de coñecementos exixido para acadar esta puntuación mínima.

Este exercicio realizarase nun prazo mínimo de corenta e oito (48) horas desde o remate do exercicio anterior e máximo de corenta (40) días hábiles.

II.1.1.5. Quinto exercicio. Constará de dúas probas:

Primeira: tradución dun texto do castelán para o galego proposto polo tribunal.

Segunda: tradución dun texto do galego para o castelán proposto polo tribunal.

O exercicio terá unha duración máxima de unha (1) hora.

O exercicio valorarase como apto ou non apto e para superalo será necesario obter o resultado de apto. Corresponderá ao tribunal determinar o nivel de coñecementos exixido para acadar o resultado de apto.

Este exercicio realizarase nun prazo mínimo de corenta e oito (48) horas desde o remate do exercicio anterior e máximo de corenta (40) días hábiles.

Estarán exentas de realizar este exercicio as persoas aspirantes que acrediten que dentro do prazo sinalado para presentar a solicitude para participar no proceso selectivo posuían o Celga 4 ou o equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo).

Os documentos que xustifiquen a exención (orixinais ou fotocopias compulsadas) deberán ser presentados polas persoas aspirantes que superen o terceiro exercicio no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación no DOG da resolución pola que o tribunal faga públicas as cualificacións dese exercicio.

II.2. Desenvolvemento dos exercicios.

II.2.1. A orde de actuación das persoas aspirantes iniciarase alfabeticamente pola primeira da letra «X», consonte o establecido na Resolución do 15 de xaneiro de 2013 (DOG núm. 15, do 22 de xaneiro), pola que se publica o resultado do sorteo realizado segundo o disposto na Resolución da mesma consellería do 4 de xaneiro de 2013 (DOG núm. 7, do 10 de xaneiro), ao tratarse dunha convocatoria correspondente á oferta de emprego público para o ano 2013.

II.2.2. As persoas aspirantes deberán presentarse a cada exercicio provistos de DNI ou outro documento fidedigno que a xuízo do tribunal acredite a súa identidade.

II.2.3. Os exercicios realizaranse a porta pechada sen outra asistencia que a das persoas aspirantes, os membros do tribunal e as persoas designadas pola Dirección Xeral da Función Pública como persoal colaborador.

II.2.4. En calquera momento as persoas aspirantes poderán ser requiridas polo tribunal coa finalidade de acreditar a súa identidade.

II.2.5. O chamamento para cada exercicio será único, de xeito que as persoas aspirantes que non comparezan serán excluídas.

Non obstante, as mulleres embarazadas que prevexan a coincidencia do parto coas datas de realización de calquera dos exercicios polas circunstancias derivadas do seu avanzado estado de xestación, ou eventualmente nos primeiros días do puerperio, poderán poñelo en coñecemento do tribunal, xuntando á comunicación o correspondente informe médico oficial. A comunicación deberá realizarse dentro das corenta e oito (48) horas seguintes ao anuncio da data do exame e implicará o consentimento da interesada para permitir o acceso do tribunal ou do órgano convocante aos datos médicos necesarios relacionados coa súa situación.

O tribunal, baseándose na información recibida, acordará se procede ou non realizar a proba nun lugar alternativo, aprazala ou adoptar ambas as medidas conxuntamente. Contra tal acordo non caberá recurso, sen prexuízo de que as razóns da impugnación se inclúan en calquera outro recurso admisible de acordo coas regras xerais do proceso selectivo.

II.2.6. O anuncio de realización dos exercicios publicarase no DOG e no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal, con corenta e oito (48) horas, polo menos, de anticipación á sinalada para o seu inicio.

II.2.7. Se o tribunal, de oficio ou con base nas reclamacións que as persoas interesadas poden presentar nos tres (3) días hábiles seguintes á realización do exercicio, anular algunha ou algunhas das súas preguntas, publicarao no DOG.

II.2.8. As puntuacións obtidas polas persoas aspirantes nos exercicios da oposición publicaranse no lugar onde se realizou a proba de que se trate e no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal.

Concederase un prazo de dez (10) días hábiles para os efectos de alegacións, que se contarán desde a publicación no DOG da resolución do tribunal pola que se fan públicas as puntuacións do correspondente exercicio.

II.2.9. En calquera momento do proceso selectivo, se o tribunal tiver coñecemento ou dúbidas fundadas de que algunha persoa aspirante non cumpre algún dos requisitos exixidos nesta convocatoria, comunicarao á Dirección Xeral da Función Pública para que esta lle requira os documentos acreditativos do seu cumprimento.

No caso de que a persoa aspirante non acredite o cumprimento dos requisitos, a Dirección Xeral da Función Pública proporá a súa exclusión do proceso selectivo e o órgano convocante publicará a orde que corresponda.

II.2.10. A orde de prelación das persoas aspirantes virá dada pola suma da puntuación dos exercicios da fase de oposición. Non poderá superar o proceso selectivo un número superior ao de prazas convocadas.

No suposto de empate nas puntuacións de dúas ou máis persoas aspirantes, e posto que non existe na escala infrarrepresentación feminina, o tribunal resolverá acudindo á puntuación obtida no cuarto exercicio da oposición e, se se mantén, pola puntuación obtida no terceiro, no segundo e no primeiro exercicio por esta orde. De persistir o empate, resolverase pola orde alfabética a que se refire a base II.2.1 e en último caso por sorteo entre as persoas implicadas.

Non obstante, para asegurar a cobertura das vacantes, se se produciren renuncias das persoas seleccionadas antes do seu nomeamento ou da súa toma de posesión, o órgano convocante poderá requirir unha relación complementaria das persoas que sigan por puntuación ás propostas. Para estes efectos, terán a mesma consideración que as renuncias os supostos das persoas aspirantes que dentro do prazo fixado, agás os casos de forza maior, non presenten a documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos ou do seu exame se deduza que carecen dalgún deles e que, en consecuencia, non poidan ser nomeadas persoal funcionario.

III. Período de prácticas.

III.1. As persoas aspirantes que superen a fase de oposición con mellor orde de prelación, ata un número igual ao de prazas convocadas, realizarán un período de prácticas que igualmente deberán superar con aproveitamento como requisito indispensable para obter o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira.

As prácticas terán como finalidade a preparación das persoas aspirantes para o exercicio das funcións específicas tanto da especialidade de inspección e xestión financeira e tributaria como da especialidade de contabilidade e intervención.

Durante este período, as persoas aspirantes serán nomeadas persoal funcionario en prácticas coa situación xurídica prevista nos artigos 16 e 17 do Decreto 95/1991, do 20 de marzo, e demais disposicións de aplicación.

III.2. O período de prácticas terá unha duración de dous (2) meses e regularase por resolución ditada para ese efecto.

III.3. O período de prácticas valorarase como apto ou non apto e para superalo é necesario obter o resultado de apto.

III.4. As persoas aspirantes que non superen o período de prácticas perderán todos os seus dereitos para o nomeamento como persoal funcionario de carreira, por resolución motivada da autoridade que efectuase a convocatoria por proposta da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda e logo de informe favorable da Comisión de Persoal.

III.5. Unha vez rematado o período de prácticas e ata que se proceda ao seu nomeamento como persoal funcionario de carreira, as persoas aspirantes continuarán prestando servizos como persoal funcionario en prácticas.

IV. Tribunal.

IV.1. O tribunal cualificador do proceso será nomeado por orde da consellería competente en materia de función pública. A súa composición será a determinada polo previsto no artigo 59 da LEPG, no artigo 60 do TRLEBEP e no artigo 48 do Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade.

IV.2. Os membros do tribunal deberán absterse de intervir cando concorran neles circunstancias das previstas no artigo 23 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, ou nas instrucións relativas ao funcionamento e actuación dos tribunais de selección aprobadas por Resolución do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 11 de abril de 2007 e no acordo adoptado no Consello da Xunta do 8 de abril de 2010. A concorrencia de calquera das ditas causas deberá ser comunicada á Dirección Xeral da Función Pública.

O/a presidente/a deberá solicitar aos membros do tribunal e, de ser o caso, ao persoal asesor previsto na base IV.9 e ao persoal auxiliar que incorpore aos seus traballos unha declaración expresa de non atoparse incursos en ningunha das circunstancias reflectidas no parágrafo anterior.

En todo caso, as persoas aspirantes poderán recusar os membros do tribunal cando concorra neles algunha das circunstancias referidas nos termos establecidos no artigo 23 da Lei 40/2015, do 1 de outubro.

IV.3. A autoridade convocante publicará no DOG a orde correspondente pola que se nomeen os novos membros do tribunal que substituirán os que perdesen a súa condición por algunha das causas previstas na base anterior.

IV.4. A sesión de constitución deberá realizarse nun prazo máximo de quince (15) días hábiles a partir da publicación do nomeamento do tribunal no DOG. Na dita sesión o tribunal adoptará todas as decisións que lle corresponda para o correcto desenvolvemento do proceso selectivo.

IV.5. A partir da sesión de constitución, a actuación válida do tribunal requirirá a concorrencia da metade, polo menos, dos seus membros, con presenza, en todo caso, do/a presidente/a e do/a secretario/a.

IV.6. O procedemento de actuación do tribunal axustarase en todo momento ao disposto nestas bases, na Lei 40/2015, do 1 de outubro, nas instrucións relativas ao funcionamento e actuación dos tribunais de selección e ao resto do ordenamento xurídico.

IV.7. Por cada sesión do tribunal levantarase unha acta que, lida ao principio da sesión seguinte e feitas, de ser o caso, as rectificacións que procedan, será autorizada coa sinatura do/a secretario/a e o visto e prace do/a presidente/a.

IV.8. O/a presidente/a do tribunal adoptará as medidas oportunas para garantir que os exercicios do proceso selectivo, agás aqueles en que estea prevista a exposición pública, sexan corrixidos sen que se coñeza a identidade das persoas aspirantes e utilizará para iso os impresos adecuados.

O tribunal excluirá aquelas persoas aspirantes en cuxos exercicios figuren marcas ou signos que permitan coñecer a súa identidade.

As decisións e os acordos que afecten a cualificación e a valoración das probas (determinación do número de preguntas correctas para acadar a puntuación mínima, fixación de criterios de valoración, etc.) deberán adoptarse sen coñecer a identidade das persoas aspirantes a que corresponden os resultados obtidos.

IV.9. O tribunal poderá propoñer a incorporación aos seus traballos de persoal asesor para as valoracións que coide pertinentes, quen deberá limitarse a colaborar nas súas especialidades técnicas e terán voz pero non voto. O seu nomeamento corresponderá á Dirección Xeral da Función Pública.

IV.10. O tribunal adoptará as medidas precisas naqueles casos en que resulte necesario para que as persoas aspirantes con discapacidades gocen de similares condicións para realizar os exercicios ás dos restantes participantes. Para tal fin estableceranse para as persoas con discapacidades que o soliciten na forma prevista na base I.3 as adaptacións de tempo e/ou medios que sexan necesarias.

Se durante a realización das probas o tribunal tiver dúbidas sobre a capacidade da persoa aspirante para o desempeño das funcións propias do corpo a que opta poderá solicitar o ditame do órgano competente.

IV.11. O tribunal terá a categoría primeira das recollidas no Decreto 144/2001, do 7 de xuño, sobre indemnizacións por razón do servizo ao persoal con destino na Administración autonómica de Galicia. Para os efectos do previsto neste decreto, entenderase que a designación do tribunal cualificador realizada segundo o disposto na base IV.1 implicará a autorización da orde de servizo para que os seus membros poidan desprazarse ao lugar acordado para cada unha das sesións convocadas dentro do número máximo autorizado.

A Dirección Xeral da Función Pública determinará o dito número máximo de sesións autorizado ao tribunal e poderá amplialo baseándose en causas xustificadas.

IV.12. En ningún caso o tribunal poderá aprobar nin declarar que superou o proceso selectivo un número superior de aspirantes ao de prazas convocadas. Calquera proposta de persoas aprobadas que contraveña o establecido será nula de pleno dereito.

IV.13. Os acordos adoptados polo tribunal do proceso poderán ser obxecto de recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

IV.14. As comunicacións que formulen as persoas aspirantes ao tribunal dirixiranse á Consellería de Facenda, Dirección Xeral da Función Pública (Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela).

V. Listaxe de persoas aprobadas, presentación de documentación e nomeamento de persoal funcionario en prácticas e de carreira.

V.1. Unha vez rematados todos os exercicios da oposición, o tribunal publicará relación separada de aspirantes que a superaron pola quenda de promoción interna e pola quenda de acceso libre, con indicación da puntuación acadada en cada un dos exercicios.

Na mesma resolución proporá, dentro de cada quenda, o seu nomeamento como persoal funcionario en prácticas.

A partir do día seguinte ao da publicación no DOG da dita resolución, as persoas aspirantes disporán dun prazo de vinte (20) días naturais para a presentación dos seguintes documentos:

a) Fotocopia cotexada do título exixido na base I.2 ou certificación académica que acredite ter realizado todos os estudos para a súa obtención. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberá presentar credencial da súa validación ou homologación ou ben a credencial de recoñecemento da titulación para exercer a profesión.

b) Declaración baixo a súa responsabilidade de non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo do cal foi separado ou inhabilitado, nin pertencer ao mesmo corpo.

No suposto de ser nacional doutro Estado, declaración xurada ou promesa de non atoparse inhabilitado/a ou en situación equivalente, nin ter sido sometido/a a sanción disciplinaria ou equivalente que impida no Estado de procedencia o acceso ao emprego público nos mesmos termos, segundo o modelo que figura como anexo II a esta convocatoria.

c) Informe sobre o estado de saúde que acredite que a persoa aspirante non padece enfermidade nin está afectada por limitación física ou psíquica incompatible co desempeño das correspondentes funcións.

V.2. Quen tiver a condición de persoal funcionario de carreira da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia estará exento de xustificar documentalmente as condicións e demais requisitos xa probados para obter o seu anterior nomeamento. Deberán presentar certificación do servizo de persoal da consellería ou organismo de que dependesen para acreditar tal condición.

V.3. As/os que dentro do prazo fixado, agás os casos de forza maior, non presenten a documentación ou do exame dela se deduza que carecen dalgún dos requisitos sinalados na base I.2 non poderán ser nomeadas/os persoal funcionario en prácticas e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorresen por falsidade na solicitude inicial.

V.4. Unha vez acreditada a posesión dos requisitos exixidos, as persoas aspirantes serán nomeadas/os persoal funcionario en prácticas mediante orde da consellería competente en materia de función pública, que se publicará no DOG segundo a puntuación obtida nos exercicios da oposición. O nomeamento terá efectos desde a data do inicio do período de prácticas a que se refire a base III.

V.5. Unha vez finalizado o período de prácticas, o tribunal, fará públicos os resultados obtidos nel e a orde de prelación das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo de acordo co establecido na base II.2.10.

V.6. A petición de destinos por parte do persoal funcionario en prácticas que superou o período de prácticas deberá realizarse unha vez rematado este, logo da oferta daqueles.

V.7. As persoas aspirantes que ingresen pola quenda de promoción interna terán preferencia sobre as da quenda de acceso libre para cubrir as vacantes correspondentes, consonte o artigo 22.2 do Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna.

No sistema de promoción interna, as persoas aspirantes que superen o presente proceso selectivo tomarán posesión da praza que viñesen desempeñando con carácter definitivo, cando esta, de conformidade cos requisitos exixidos nas relacións de postos de traballo, poida ser desempeñada por persoal funcionario pertencente aos corpos ou escalas a que accedan, consonte o artigo 80 da LEPG.

V.8. A adxudicación das prazas ás persoas aspirantes que superen o proceso selectivo efectuarase de acordo coa puntuación sinalada na base II.2.10.

V.9. As persoas que superen o proceso selectivo nomearanse persoal funcionario de carreira mediante orde da persoa titular da consellería competente en materia de función pública. Esta orde publicarase no DOG e indicará o destino adxudicado de acordo coa puntuación obtida.

V.10. A toma de posesión das persoas aspirantes que superen o proceso selectivo efectuarase no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación do seu nomeamento no DOG, consonte o artigo 60.e) da LEPG.

VI. Disposición derradeira.

Esta orde pon fin á vía administrativa e contra ela as persoas interesadas poderán presentar recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, consonte o establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou impugnala directamente ante a sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2016

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda

ANEXO I
Programa do proceso selectivo para o ingreso no corpo superior
da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia,
subgrupo A1, escala superior de finanzas

Parte I:

Dereito civil:

Tema 1. As fontes do dereito no sistema xurídico positivo español. Código civil e lexislación complementaria. A aplicación das normas xurídicas. Eficacia xeral. Límites no tempo e no espazo. Eficacia constitutiva do dereito.

Tema 2. A persoa. Concepto e clases. A persoa física. A persoa xurídica: a fundación e a asociación. Capacidade. Representación.

Tema 3. Nacionalidade. Domicilio. Estado civil. O Rexistro Civil. Os réximes económicos do matrimonio. As capitulacións matrimoniais. A sociedade de gananciais. O réxime de participación. O réxime de separación de bens.

Tema 4. O obxecto do dereito. Feito, acto e negocio xurídico. Elementos esenciais. Influencia do tempo nas relacións xurídicas. A prescrición e a caducidade.

Tema 5. Os dereitos reais. Concepto, clases e caracteres. Os dereitos reais de garantía. Hipoteca. Hipoteca mobiliaria. Peñor. Peñor sen desprazamento. Anticrise.

Tema 6. O dereito de propiedade. Contido. Protección. Adquisición e perda do dominio. Especial referencia á doazón.

Tema 7. A comunidade de bens. A posesión. Usufruto, uso e habitación. As servidumes.

Tema 8. O rexistro da propiedade: títulos inscritibles e asentos rexistrais. Principios hipotecarios. A anotación preventiva de embargo.

Tema 9. A obrigación (I). Concepto e clasificación. Obrigacións extracontractuais. Enriquecemento sen causa. Cumprimento normal das obrigacións: o pagamento.

Tema 10. A obrigación (II). Outros modos de extinción das obrigacións. Cumprimento anormal das obrigacións: causas e consecuencias. Protección do crédito e proba das obrigacións. Concorrencia e prelación de créditos.

Tema 11. O contrato. Elementos e requisitos. Clasificacións. Xeración, perfección e consumación do contrato. Ineficacia dos contratos. Interpretación dos contratos.

Tema 12. O contrato de compravenda. Elementos. Obrigas do vendedor e do comprador. Dereitos de tanteo e retracto. Cesión de dereitos e accións. A permuta.

Tema 13. O arrendamento en xeral. Arrendamento de servizos. Arrendamento de obras. Arrendamento de cousas. Arrendamento de predios rústicos e urbanos.

Tema 14. O mandato. O préstamo. O precario. O depósito. A sociedade. A fianza. A transacción. O compromiso. A arbitraxe. A adhesión.

Tema 15. O dereito hereditario (I). Conceptos xerais. Capacidade para suceder. Aceptación e repudiación da herdanza. Comunidade hereditaria. Dereito de acrecer. Colación e partición da herdanza.

Tema 16. O dereito hereditario (II). Sucesión testamentaria, forzosa e intestada. Institución de herdeiros. Substitución. Legado. Testamenteiro. A desherdación. A preterición.

Tema 17. O dereito civil de Galicia.

Dereito mercantil:

Tema 18. Contido do dereito mercantil. O acto de comercio. Actos de comercio por analoxía. Actos mixtos. A empresa mercantil. Fontes do dereito mercantil.

Tema 19. Concepto doutrinal e legal do comerciante. Comerciante individual. Incapacidades e prohibicións. O comerciante estranxeiro. Habitualidade e profesionalidade. A publicidade no dereito mercantil. O rexistro mercantil.

Tema 20. Doutrina xeral das cousas mercantís. A propiedade industrial. Patentes e marcas. A Oficina Española de Patentes e Marcas. Réxime xurídico internacional de protección. Dereito da competencia. Competencia ilícita e competencia desleal; réxime da publicidade e consumo. Defensa da competencia. Unión temporal de empresas.

Tema 21. A contabilidade dos empresarios. Libros. Requisitos. Valor probatorio e recoñecemento dos libros. Contas anuais.

Tema 22. A sociedade mercantil. Concepto, natureza e clases. O obxecto social. A sociedade irregular. A sociedade regular colectiva. A sociedade comanditaria simple. A sociedade comanditaria por accións. A sociedade de responsabilidade limitada.

Tema 23. A sociedade anónima. Formas de constitución. A escritura social e os estatutos. Achegas. Patrimonio e capital social. As reservas. Accións: clases. Accións sen voto. Aumento e redución do capital social. A emisión de obrigacións. Sindicato de obrigacionistas.

Tema 24. Órganos da sociedade anónima. Xunta xeral. Administradores. O Consello de Administración. Modificacións estruturais das sociedades mercantís. Disolución de sociedades mercantís. Liquidación de sociedades mercantís: operacións que comprende.

Tema 25. Títulos de crédito: concepto e caracteres. Clases. Títulos nominativos. Títulos á orde. A letra de cambio. Emisión e forma da letra. O endoso. A aceptación. O aval. Vencemento e pagamento. O protesto. As accións cambiarias. A obriga de pagamento. O cheque.

Tema 26. Obrigacións e contratos mercantís. A comisión mercantil. A representación no dereito mercantil. Contrato de compravenda mercantil. Compravendas especiais. O leasing.

Tema 27. Os contratos bancarios en xeral. Exame da conta corrente, apertura de crédito, préstamos e desconto bancario. Depósitos en bancos. O peñoramento de valores. Créditos documentarios. O contrato de seguro: concepto, natureza e regulación.

Tema 28. O contrato de asistencia técnica. O factoring. Contrato de axencia: a exclusividade. A franquía. O contrato de conta corrente mercantil. O contrato de contas en participación. Préstamo e depósito mercantís. Compañías de almacéns xerais de depósito: os warrant.

Tema 29. O dereito marítimo. O buque. Propietario, armador e navieiro. O capitán do buque e os auxiliares da navegación marítima. O transporte marítimo: convención das Nacións Unidas sobre o dereito do mar. O seguro marítimo. Contrato de remolque. Asistencia e salvamento no mar.

Tema 30. Dereito de navegación aérea. Transporte aéreo: convenio de Varsovia. Normas IATA. Transporte de viaxeiros e mercadorías. Normas sobre responsabilidade no caso de accidente e seguros aéreos. O contrato de transporte terrestre: concepto, natureza e clases. Elementos persoais, reais e formais.

Tema 31. O concurso: orzamentos. O auto de declaración do concurso. Efectos sobre os acredores, créditos e contratos. A masa do concurso. O convenio: contido e efectos. As causas de conclusión do concurso. A cualificación do concurso. O acordo extraxudicial de pagamentos.

Economía xeral:

Tema 32. A escaseza de bens e a elección. Concepto de economía. A economía como ciencia social. Economía positiva e normativa. A actividade económica. Teoría e política económica. Os sistemas económicos. Os modelos económicos: o fluxo circular da renda. Micro e macroeconomía.

Tema 33. O mercado. A demanda e a oferta. As curvas de demanda e de oferta e os seus desprazamentos. Equilibrio e desequilibrio do mercado. Tipos de mercado.

Tema 34. A utilidade. A restrición orzamentaria. A curva de demanda e o orzamento. As elasticidades da demanda e da oferta.

Tema 35. A produción e o máximo beneficio empresarial. A produtividade e os custos a curto prazo. A produción e os custos a longo prazo. O equilibrio competitivo.

Tema 36. A competencia imperfecta: competencia monopolística, oligopolio e monopolio. Os poderes públicos e a competencia.

Tema 37. Obxectivos e indicadores macroeconómicos: produto nacional, consumo e investimento e gasto nacional. Produto nacional bruto e produto nacional neto. Renda nacional e renda dispoñible. As magnitudes agregadas e o fluxo circular da renda.

Tema 38. A renda de equilibrio nunha economía pechada e sen sector público: o multiplicador. A renda de equilibrio nunha economía pechada con sector público. A renda de equilibrio nunha economía aberta e con sector público.

Tema 39. O diñeiro. Os diferentes agregados monetarios. A demanda de diñeiro. A base monetaria e a creación de diñeiro. O sistema financeiro.

Tema 40. O equilibrio no mercado real e no mercado monetario. O modelo IS-LM. As políticas fiscal e monetaria.

Tema 41. O modelo da oferta e a demanda agregada. A demanda agregada, o tipo de interese e o nivel de prezos. A oferta agregada nos modelos clásico e keynesiano.

Tema 42. A inflación e o desemprego: causas e efectos. Os distintos enfoques da política económica. Os ciclos económicos.

Tema 43. O comercio internacional: a lei da vantaxe comparativa e o modelo Heckscher-Ohlin. Restricións ao mercado internacional. Libre comercio fronte a proteccionismo. A integración económica.

Tema 44. A balanza de pagamentos: concepto e compoñentes, funcionamento e saldos. Os tipos de cambio e os mercados de divisas. Institucións financeiras internacionais.

Tema 45. Crecemento e desenvolvemento. Teorías explicativas do crecemento económico. Beneficios e custos do crecemento. Desenvolvemento e subdesenvolvemento.

Tema 46. A situación do sector primario en España: política económica sobre o sector. O sector industrial, enerxético e da construción en España: política sobre o sector. O sector servizos en España (excluído o sector financeiro): política sobre o sector.

Tema 47. Política de protección social en España. Pensións. Protección ao desemprego. Política sanitaria. Política de educación e formación continua. Política de obras públicas. Política de transportes. Política de vivenda. Economía da empresa e organización estrutural.

Economía da empresa:

Tema 48. As organizacións. Definición, tipos e teorías da organización. Principais modelos de organización.

Tema 49. A organización estrutural. As relacións e comunicacións na organización. A autoridade: centralización ou descentralización da autoridade. A responsabilidade. Os traballos en grupo: vantaxes e inconvenientes. Política de recursos humanos.

Tema 50. A empresa como organización. Marco institucional. Concepto, realidade, economía e ámbito. Clases de empresas e criterios de clasificación. A empresa e o mercado.

Tema 51. A empresa pública. Obxectivos da empresa pública. O sistema de control da empresa pública. O financiamento da empresa pública.

Tema 52. Os obxectivos da empresa. Sistemas de dirección e xestión. Métodos matemáticos de xestión empresarial. Métodos PERT e CPM. A xestión de stocks. A planificación na empresa e o establecemento de obxectivos.

Tema 53. Sistemas de control da empresa. Concepto. Elementos. Principais sistemas de control. O proceso de control. O control en directo. Eficacia e eficiencia como medidas do control.

Tema 54. As decisións na empresa e os sistemas de toma de decisión: concepto e clases. O proceso de toma de decisións. As relacións na empresa. Os sistemas de información. O fluxo de información e a comunicación. Manexo da información.

Tema 55. A estrutura económico-financeira da empresa. As fontes de financiamento da empresa. O equilibrio financeiro. Equilibrio entre investimentos e financiamentos.

Tema 56. O investimento na empresa: concepto e clases. Valoración e selección de proxectos de investimento. O investimento en bens de equipamento. Decisións de renovación de equipamentos. O investimento en activo circulante. O efectivo.

Tema 57. O financiamento da estrutura fixa da empresa: o autofinanciamento. Os fondos de amortización. O crédito a longo, medio e curto prazo. O endebedamento.

Tema 58. O financiamento externo da empresa: o seu custo. O financiamento da empresa nos mercados financeiros internacionais. A estrutura financeira óptima da empresa. O beneficio da empresa. A relatividade do beneficio.

Tema 59. O proceso produtivo. Principios e modelos de produción. O custo do produto. Mínimo de explotación e óptimo de explotación. O control de custos. O custo dos subprodutos.

Tema 60. Política de produto. Avaliación da demanda e estudos de mercado. A comercialización do produto. Política de prezos. Variacións de prezos e os seus efectos. A distribución do produto. Canles de distribución.

Parte II:

– Contabilidade financeira.

– Contabilidade de sociedades.

– Matemáticas financeiras: capitalización simple e composta. Rendas. Préstamos. Empréstitos. Valores.

Parte III:

– Dereito constitucional e da Unión Europea:

Tema 1. A Constitución española de 1978: características e estrutura. Dereitos fundamentais e liberdades públicas. A reforma constitucional.

Tema 2. Políticas de igualdade de xénero. Normativa vixente.

Tema 3. A facenda pública na Constitución española. Os principios constitucionais do dereito financeiro. Os dereitos fundamentais dos contribuíntes. O financiamento das facendas territoriais.

Tema 4. As Cortes Xerais: composición e funcións. Órganos parlamentarios. O procedemento lexislativo ordinario. A Coroa. O Rei. O Defensor do Pobo.

Tema 5. O Goberno: composición e funcións. O Consello de Ministros e as comisións delegadas do Goberno. O Tribunal de Contas.

Tema 6. O Poder Xudicial: funcións. O goberno do Poder Xudicial. O Ministerio Fiscal. O Tribunal Constitucional: organización e funcións. Recursos e procesos ante o Tribunal Constitucional.

Tema 7. A organización territorial do Estado: comunidades e cidades autónomas. As entidades locais. Os ordenamentos das Comunidades Autónomas. Os estatutos de autonomía. Distribución de competencias entre o Estado e as comunidades autónomas.

Tema 8. O dereito comunitario. As fontes do dereito comunitario e a súa aplicación. A relación entre o ordenamento comunitario e o dos estados membros.

Tema 9. Institucións da Unión Europea: o Consello, o Parlamento Europeo, a Comisión, o Tribunal de Xustiza e o Tribunal de Contas.

Dereito autonómico:

Tema 10. A autonomía galega: orixe e evolución. O Estatuto de autonomía de Galicia: estrutura e contido.

Tema 11. Bases fundamentais da autonomía galega: o territorio. Os símbolos. A lingua e a cultura galegas. O recoñecemento da galeguidade. A condición de galego. Os dereitos dos cidadáns galegos: garantías.

Tema 12. Organización política da Comunidade Autónoma. As institucións de autogoberno de Galicia: descrición. Sede. A Administración de xustiza en Galicia.

Tema 13. O Goberno da Comunidade Autónoma. A Xunta de Galicia e o seu presidente.

Tema 14. O Parlamento de Galicia. Sistema electoral. Funcións do Parlamento: o control parlamentario da acción do Goberno. O Valedor do Pobo.

Tema 15. A delimitación competencial entre o Estado e as comunidades autónomas na Constitución. Clases de competencias autonómicas; en especial, as leis de bases e as competencias de desenvolvemento. As transferencias de competencias do Estado ás comunidades autónomas. As leis de harmonización.

Tema 16. As cláusulas de prevalencia e supletoriedade do dereito estatal. As competencias de Galicia no Estatuto de autonomía. Os decretos de traspaso.

Tema 17. As consellerías: organización e estrutura. A Administración periférica da comunidade autónoma. Especial referencia á consellería competente en materia de facenda. A Administración consultiva: o Consello Consultivo de Galicia.

Tema 18. A organización da administración tributaria na Comunidade Autónoma de Galicia. A Axencia Tributaria de Galicia: creación, natureza, obxectivos e organización central e territorial.

Tema 19. A organización de funcionamento da administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

Tema 20. O emprego público na Comunidade Autónoma de Galicia. Clases de persoal. Organización do emprego público. Adquisición e perda da relación de servizo. Dereitos e deberes dos empregados públicos. Situacións administrativas.

Dereito administrativo:

Tema 21. As fontes do dereito administrativo. A Constitución. A lei. Os decretos-lei. A delegación lexislativa. Os tratados internacionais.

Tema 22. A potestade regulamentaria: titularidade, límites e control. O regulamento: clases. Eficacia dos regulamentos. A inderrogabilidade singular.

Tema 23. A organización administrativa. Órganos unipersoais e colexiados. A competencia e a xerarquía. Centralización, descentralización e desconcentración.

Tema 24. O sector público institucional estatal. Os organismos autónomos. As entidades públicas empresariais. As sociedades mercantís estatais. Os demais entes públicos.

Tema 25. As entidades instrumentais do sector público autonómico de Galicia.

Tema 26. As potestades administrativas. O principio de legalidade. A autotutela da Administración. A responsabilidade da Administración e os seus axentes. Requisitos. Prazos de reclamación e procedemento.

Tema 27. O acto administrativo (I). Concepto, elementos e clases. Forma. A notificación e a publicación dos actos administrativos. O silencio administrativo.

Tema 28. O acto administrativo (II). Eficacia e executoriedade dos actos administrativos. A suspensión de efectos do acto administrativo. A execución forzosa: especial referencia á vía de constrinximento. Validez e invalidez dos actos administrativos. Revogación e anulación de oficio dos actos administrativos.

Tema 29. O procedemento administrativo: concepto e clases. Regulación. As partes no procedemento administrativo: dereitos das persoas e dos interesados. Os interesados. Capacidade, lexitimación e representación. Iniciación. Instrución: especial referencia ao trámite de audiencia. A terminación do procedemento: formas.

Tema 30. Os contratos administrativos (I). O Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público. Ámbito subxectivo e obxectivo de aplicación. Órganos de contratación. O contratista: aptitude para contratar. Clasificacións dos contratos.

Tema 31. Os contratos administrativos (II). O obxecto do contrato, o prezo e a súa revisión. Prazo de duración. As garantías no contrato administrativo. A preparación dos contratos. Procedementos de selección do adxudicatario.

Tema 32. Os contratos administrativos (III). Invalidez dos contratos e recurso especial en materia de contratación. A execución do contrato. Efectos, cumprimento e pagamento. Causas de extinción. Cesión dos contratos e subcontratación. Rexistros oficiais.

Tema 33. O patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia. Tráfico xurídico do patrimonio. Utilización e aproveitamento do patrimonio. Xestión do patrimonio. Protección e defensa.

Tema 34. A noción do servizo público. Os modos de xestión do servizo público.

Tema 35. A potestade sancionadora da Administración. Fundamentos, contido e límites. As sancións administrativas: concepto e clases. O procedemento sancionador.

Tema 36. A expropiación forzosa. Fundamento e límites. Os suxeitos da expropiación. Requisitos da expropiación. O prezo xusto. A reversión expropiatoria.

Tema 37. Os recursos administrativos. Clases de recursos. Procedemento de tramitación e resolución dos recursos administrativos.

Tema 38. A xurisdición contencioso-administrativa: ámbito. Os órganos da xurisdición contencioso-administrativa. As partes do procedemento. Obxecto do recurso. O procedemento contencioso-administrativo. A sentenza. Os recursos.

Tema 39. A Administración pública e a xustiza. Conflitos xurisdicionais, cuestións de competencia e conflitos de atribucións.

Tema 40. A organización administrativa estatal. Principios de organización. A organización administrativa central e periférica. A administración consultiva.

Facenda pública:

Tema 41. O sector público nunha economía de mercado. Delimitación, criterios de medición, importancia e evolución. A contabilidade nacional e o sector público. A facenda pública. Os contidos actuais.

Tema 42. A intervención do sector público na actividade económica. Os fallos do mercado. Os fins do sector público. As operacións do sector público.

Tema 43. A toma de decisións no sector público. Elección social e preferencias individuais. O funcionamento democrático. Burocracia e grupos de interese.

Tema 44. O orzamento. Concepto e estrutura. O ciclo orzamentario. As distintas técnicas orzamentarias: do orzamento administrativo ás modernas técnicas de elaboración de orzamentos. O orzamento e os sistemas de planificación e control.

Tema 45. A eficiencia no sector público. Produción pública e produción privada. Selección e avaliación de proxectos. Custos, beneficios e regras de decisión.

Tema 46. A xestión pública. A xestión pública como ciencia multidisciplinar. Os fallos do sector público. Limitacións da intervención pública na corrección dos fallos do mercado. Emprego público: aspectos descritivos e mecanismos de incentivos.

Tema 47. Experiencias de reforma na xestión pública nos países da OCDE. Problemas de medición do output público. Os indicadores de actividade. Mecanismos casecompetitivos e de mercado: os casemercados. Empresas públicas e eficiencia.

Tema 48. Relación entre equilibrio orzamentario e crecemento e estabilidade económica. Disciplina fiscal na Unión Europea. A reforma da institución orzamentaria en España: as leis de estabilidade orzamentaria.

Tema 49. Gasto público: teorías explicativas do crecemento, equidade e eficiencia. Teorías explicativas do crecemento do gasto público. Incidencia e efectos distributivos do gasto público. Eficacia e eficiencia do gasto público: conceptos e técnicas de análise.

Tema 50. Gasto público no Estado do benestar (I). Gastos sociais. Bens preferentes e equidade categórica. Gasto público en sanidade. Gasto público en educación. Gasto público en vivenda.

Tema 51. Gasto público no Estado do benestar (II). Prestacións económicas: concepto, tipos e xustificación. Sistema de pensións: deseño e efectos económicos. O seguro de desemprego. Os programas de loita contra a pobreza.

Tema 52. Os ingresos públicos. Criterios de clasificación. Os prezos e a empresa pública. Prezos públicos e taxas. As contribucións especiais. O imposto, concepto e distincións. Distintos tipos de impostos. Os elementos integrantes dos impostos.

Tema 53. Os principios impositivos. Os principios do beneficio e da capacidade de pagamento. A incidencia impositiva. Os sistemas fiscais. As principais figuras impositivas. Os condicionantes da estrutura tributaria. Evolución e modelos internacionais.

Tema 54. Os custos da imposición. Custos de eficiencia. Exceso de gravame e imposición óptima. Custos de recadación. A fraude fiscal: conceptos, efectos e condicionantes.

Tema 55. Imposición sobre a renda das persoas físicas: concepto e natureza. Evolución. Concepto fiscal de renda. A consideración das distintas fontes. As rendas irregulares e as variacións patrimoniais. As rendas empresariais. As exencións e os gastos deducibles. A unidade contribuínte: problemas de delimitación e alternativas no seu tratamento. As tarifas e os seus problemas. A autoliquidación. Efectos económicos e valoración actual.

Tema 56. Imposición sobre sociedades: concepto e características. Xustificación. Base impoñible: problemas e alternativas de determinación. Tipos de gravame e beneficios fiscais. A incidencia do imposto. A integración coa imposición sobre a renda das persoas físicas.

Tema 57. A imposición xeral sobre as vendas. Concepto e clasificación. A imposición sobre o valor engadido: tipoloxía e problemas. Incidencia e valoración.

Tema 58. A imposición sobre consumos específicos. Razóns xustificativas. Evolución e figuras actuais. Incidencia e efectos económicos. Cota fixa versus imposición ad valorem. A imposición sobre o comercio exterior.

Tema 59. Tendencias dos modelos tributarios. As críticas aos modelos vixentes. As novas figuras impositivas: os impostos de ordenación, os impostos ecolóxicos e a taxa sobre transaccións financeiras. As propostas de reformas fiscais.

Tema 60. O déficit público e a facenda extraordinaria. Definicións e instrumentos de financiamento. A débeda pública: concepto, clases e efectos económicos, a carga da débeda. As privatizacións de activos públicos. A inflación como imposto. Os efectos económicos do déficit: expansión e efecto expulsión.

Tema 61. A facenda multinivel. Principios do federalismo fiscal. Distribución de competencias e modelos de financiamento. As subvencións intergobernamentais. A facenda internacional: a dobre imposición internacional; a harmonización fiscal.

Tema 62. Planificación fiscal individual e empresarial. Métodos para a análise da planificación fiscal: concepto de custo de uso, tipos marxinais efectivos e cálculo de taxas internas de retorno axustadas por impostos. Concepto de tipo impositivo anual equivalente. Aplicacións a instrumentos de aforro a curto e longo prazo.

Sistema financeiro español:

Tema 63. A estrutura do sistema financeiro español. A autoridade monetaria. Intermediarios financeiros. Mercados financeiros.

Tema 64. Banco de España. Órganos reitores. Funcións. Supervisión prudencial das entidades de crédito. Execución da política monetaria. O sistema europeo de bancos centrais e o Banco Central Europeo.

Tema 65. Entidades de crédito. Os bancos. As caixas de aforro. Órganos de goberno. Competencias das CCAA. As fundacións bancarias. As cooperativas de crédito. As entidades de diñeiro electrónico.

Tema 66. O sector asegurador. Competencias da comunidade autónoma en materia de seguros. Condicións para o acceso e para o exercicio da actividade aseguradora. O Consorcio de Compensación de Seguros. Protección do asegurado.

Tema 67. A débeda pública nas administracións territoriais. Limitacións no acceso ao endebedamento do sector público autonómico galego. A tutela financeira sobre as corporacións locais galegas.

Dereito tributario:

Tema 68. O dereito tributario: concepto e contido. As fontes do dereito tributario. Administración tributaria. As obrigas e deberes da Administración tributaria. Os principios do ordenamento tributario español.

Tema 69. A aplicación e a interpretación das normas tributarias. Ámbito temporal e criterios de suxeición ás normas tributarias. Interpretación e cualificación. A integración das normas tributarias: analoxía, simulación e conflito na aplicación da norma tributaria.

Tema 70. Os tributos. Concepto, fins e clases de tributos. A relación xurídico-tributaria. As obrigas tributarias: a obriga tributaria principal, a obriga tributaria de realizar pagamentos á conta, as obrigas entre particulares, as obrigas tributarias accesorias, as obrigacións tributarias formais e as obrigas tributarias no marco da asistencia mutua.

Tema 71. Os obrigados tributarios: clases. Dereitos e garantías. Os suxeitos pasivos. O contribuínte e o seu substituto. Exencións subxectivas. A capacidade de obrar na orde tributaria. Representación. Residencia e domicilio fiscal.

Tema 72. Os responsables tributarios. A responsabilidade tributaria. Responsables solidarios e subsidiarios. Os sucesores. Retedores e obrigados a ingresar á conta. Outros obrigados tributarios.

Tema 73. Os elementos de cuantificación da obriga tributaria. A base impoñible: concepto e métodos de determinación. A base liquidable. O tipo de gravame. A cota tributaria. A débeda tributaria: concepto. Garantías da débeda tributaria.

Tema 74. A aplicación dos tributos (I). Concepto e órganos competentes. A información e asistencia aos obrigados tributarios. A consulta tributaria. Información con carácter previo á adquisición ou transmisión de bens inmobles. O número de identificación fiscal. A xestión censual. Colaboración social na aplicación dos tributos. A asistencia mutua: concepto.

Tema 75. A aplicación dos tributos (II). Os procedementos administrativos en materia tributaria: fases. Obriga de resolución e prazos de resolución. A proba. Notificacións. A denuncia pública. As liquidacións tributarias.

Tema 76. Actuacións e procedemento de xestión tributaria (I). Funcións de xestión tributaria. Declaracións. Autoliquidacións. Comunicacións de datos. Procedemento de devolución iniciado mediante autoliquidación, solicitude ou comunicación de datos. Procedemento iniciado mediante declaración.

Tema 77. Actuacións e procedemento de xestión tributaria (II). Procedemento de comprobación de valores. Procedemento de verificación de datos. Procedemento de comprobación limitada. Outros procedementos de xestión tributaria.

Tema 78. A recadación (I). Órganos de recadación: organización da xestión recadadora da Xunta de Galicia. Extinción das débedas: o pagamento. Prescrición. Insolvencias. Aprazamentos e fraccionamentos. Garantías para o aprazamento e o fraccionamento. O procedemento de compensación. A compensación de oficio de débedas de entidades públicas. O procedemento de dedución.

Tema 79. A recadación (II). A recadación en período executivo. O procedemento de constrinximento: concepto. Concorrencia de procedementos. Suspensión. Embargo e alleamento de bens e dereitos. O procedemento fronte a responsables e sucesores. Privilexios para o cobramento de débedas tributarias: a facenda pública e os procesos concursais. As terzarías.

Tema 80. A inspección dos tributos: órganos, funcións, facultades e deberes. Tipos de actuacións. Documentación das actuacións da inspección. Procedemento de inspección: normas xerais. Iniciación e desenvolvemento. Terminación das actuacións inspectoras. Disposicións especiais.

Tema 81. A potestade sancionadora en materia tributaria (I). Principios. Os suxeitos responsables das infraccións e sancións tributarias. Concepto e clases de infraccións e sancións tributarias. Cuantificación das sancións. Extinción da responsabilidade derivada das infraccións tributarias e extinción das sancións tributarias.

Tema 82. A potestade sancionadora en materia tributaria (II). Procedemento sancionador en materia tributaria: iniciación, instrución e terminación. Tramitación conxunta. Tramitación separada. Delitos contra a facenda pública. Descrición dos tipos penais contra a facenda pública.

Tema 83. Revisión de actos en vía administrativa. Normas comúns. Procedementos especiais de revisión. O recurso de reposición. As reclamacións económico-administrativas: ámbito de aplicación, organización e competencias. A Xunta Superior de Facenda.

Tema 84. As reclamacións económico-administrativas: os interesados no procedemento. A suspensión. O procedemento xeral: procedemento en única ou primeira instancia, recursos en vía económico-administrativa, procedemento abreviado ante órganos unipersoais.

Tema 85. O imposto sobre a renda das persoas físicas (I): natureza, obxecto e ámbito de aplicación. Suxeición ao imposto: aspectos materiais, persoais e temporais. Determinación da capacidade económica sometida a gravame: rendementos e ganancias e perdas patrimoniais. Clases de rendas. Integración e compensación de rendas.

Tema 86. O imposto sobre a renda das persoas físicas (II). Base impoñible e liquidable. Reducións. Adecuación do imposto ás circunstancias persoais e familiares do contribuínte. Cálculo do imposto estatal. Gravame autonómico. Cota diferencial. A tributación familiar. Réximes especiais. Declaracións, pagamentos á conta e obrigas formais. O imposto sobre a renda de non residentes.

Tema 87. O imposto sobre o patrimonio das persoas físicas. Natureza, obxecto e ámbito de aplicación. Feito impoñible. Suxeito pasivo. Exencións. Base impoñible e liquidable. A débeda tributaria. Xestión do imposto.

Tema 88. O imposto sobre sociedades (I): natureza e ámbito de aplicación. O feito impoñible. Contribuíntes. Exencións. Período impositivo e devindicación do imposto. Base impoñible.

Tema 89. O imposto sobre sociedades (II). Débeda tributaria: tipos de gravame, cota íntegra, bonificacións, deducións, retencións, devolucións e pagamentos á conta. Réximes especiais. Xestión do imposto.

Tema 90. O imposto sobre sucesións e doazóns (I). Feito impoñible: presuncións. Suxeito pasivo e responsables. Base impoñible. Comprobación de valores. A base liquidable. A tarifa. A débeda tributaria. Devindicación e prescrición.

Tema 91. O imposto sobre sucesións e doazóns (II). Normas especiais sobre o dereito de usufruto, uso, habitación, substitucións, fideicomisos, reservas, particións e excesos de adxudicación, repudiación, renuncia e doazóns. Obrigas formais. Xestión do imposto.

Tema 92. O imposto sobre o valor engadido (I). Natureza e ámbito de aplicación. Feito impoñible. Breve referencia ás exencións. Deslindamento do IVA co imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados. Lugar de realización do feito impoñible. Devindicación do imposto. Suxeitos pasivos e responsables.

Tema 93. O imposto sobre o valor engadido (II). Repercusións. A base impoñible. A débeda tributaria: tipos impositivos. Deducións. Devolucións. Réximes especiais. Xestión.

Tema 94. O imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados (I). Natureza e contido. Ámbito de aplicación territorial. Transmisións patrimoniais onerosas: feito impoñible, suxeito pasivo, base impoñible e cota tributaria. Regras especiais sobre determinados bens e dereitos. Tributación das operacións societarias: feito impoñible, suxeito pasivo, base impoñible e débeda tributaria.

Tema 95. O imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados (II). Actos xurídicos documentados: principios xerais e tributación dos documentos administrativos, mercantís e notariais. Disposicións comúns: beneficios fiscais, comprobación de valores, devindicación, prescrición, obrigas formais, xestión e devolución.

Tema 96. Os impostos especiais. Os impostos especiais de fabricación: disposicións comúns e principais normas reguladoras. Os distintos impostos especiais de fabricación: estrutura básica. Tipos estatal e autonómico do imposto sobre hidrocarburos. O imposto especial sobre determinados medios de transporte. Os impostos especiais sobre o carbón e sobre a electricidade. O imposto sobre as primas de seguros. Os impostos ambientais estatais.

Tema 97. A tributación sobre o xogo. Tributos cedidos: taxa sobre rifas, tómbolas, apostas e combinacións aleatorias. Taxa sobre xogos de sorte, envite ou azar. Imposto sobre actividades do xogo.

Tema 98. Os tributos propios da Comunidade Autónoma de Galicia: o imposto sobre contaminación atmosférica. O imposto sobre o dano ambiental causado por determinados usos e aproveitamentos da auga encorada. O canon da auga e o coeficiente de vertedura. O canon eólico. O imposto compensatorio ambiental mineiro.

Tema 99. As taxas e prezos públicos: normativa estatal. A lei de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia: instrumentos financeiros e reguladores. Taxas e prezos: elementos esenciais; aplicación de taxas e prezos.

Tema 100. O financiamento das comunidades autónomas. Principios. Sistemas de financiamento das comunidades autónomas de réxime común. Os tributos cedidos. Órganos e formas de relación entre o Estado e as CCAA.

Tema 101. Financiamento das facendas locais. A Lei reguladora das facendas locais. Estrutura e contido. Os impostos municipais preceptivos e potestativos. Outros recursos. Taxas e contribucións especiais.

Dereito orzamentario:

Tema 102. O dereito orzamentario: concepto e contido. A lei de disciplina orzamentaria e sustentabilidade financeira de Galicia.

Tema 103. A lexislación financeira da Comunidade Autónoma de Galicia: a facenda autonómica: ámbito de aplicación, dereitos e obrigas da Comunidade Autónoma.

Tema 104. Os orzamentos xerais da Comunidade Autónoma (I). Concepto e contido. Clasificacións orzamentarias de ingresos e gastos. Elaboración e aprobación.

Tema 105. Os orzamentos xerais da Comunidade Autónoma (II). As modificacións orzamentarias. Tipoloxía, requisitos e competencias para a súa autorización. O control das modificacións orzamentarias. Liquidación dos orzamentos.

Tema 106. O gasto público: concepto. Principios constitucionais. Procedemento de execución do gasto público.

Tema 107. Xestión de gastos de persoal. Retribucións dos empregados públicos. A seguridade social dos empregados públicos. A xestión dos gastos de clases pasivas.

Tema 108. A xestión de gastos contractuais. O nacemento das obrigas contractuais. O cumprimento dos contratos. O recoñecemento da obriga. Xustificación. A extinción da obriga contractual. As obrigas de exercicios futuros.

Tema 109. A xestión de gastos de transferencias. As subvencións: concepto, natureza e clasificación. O procedemento de concesión e pagamento. Xustificación. Reintegro. Infraccións administrativas en materia de subvencións. O delito subvencional.

Tema 110. A Tesouraría da Comunidade Autónoma: funcións e competencias. A xestión de pagamentos. Pagamentos para xustificar e anticipos de caixa fixa. Réxime xurídico do endebedamento do sector público e dos avais da comunidade autónoma.

Tema 111. O dereito da contabilidade pública. O Plan xeral de contabilidade pública de Galicia. Principios contables, contas anuais e normas de valoración. A conta xeral da comunidade autónoma. Formación e remisión. Documentos e estados que a integran. Exame, comprobación e aprobación. As contas económicas do sector público.

Tema 112. O control interno da actividade económico-financeira do sector público (I), concepto de control. Clases de control. Natureza, fundamento e ámbito de aplicación do control. A Intervención Xeral da Comunidade Autónoma: organización e funcións.

Tema 113. O control interno da actividade económico-financeira do sector público (II). O control previo de legalidade. Concepto, regulación e principios xerais. Control previo de legalidade de ingresos. Control previo de legalidade de gastos e pagamentos. Diferentes momentos de exercicio. A omisión da intervención. O control financeiro. Concepto. Regulación e principios xerais. Clases de control financeiro. A auditoría como forma de exercicio do control financeiro.

Tema 114. O control externo da actividade económico-financeira do sector público (I). O control parlamentario. O control do Tribunal de Contas e do Consello de Contas. O Consello de Contas: competencias e funcións. A función fiscalizadora. A función xurisdicional do Tribunal de Contas. Réxime de responsabilidade na xestión financeira pública. Os procedementos para a exixencia de responsabilidade contable.

ANEXO II

D./Dna..., con domicilio en..., con DNI/pasaporte..., declara baixo xuramento ou promete, para os efectos de ser nomeado persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, que non se atopa inhabilitado/a ou en situación equivalente nin foi sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida no Estado de ............................. o acceso ao emprego público.

(país e localidade)..., ... de... de 201...