Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Martes, 20 de decembro de 2016 Páx. 55236

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO da convocatoira de nove prazas de policía local C.E. 7/15 (cinco prazas por oposición libre e catro por concurso para mobilidade).

Nos boletíns oficiais da provincia da Coruña nº 201, do 24.10.2016, e nº 225, do 28.11.2016, publicáronse as bases aprobadas mediante resolución da Concellaría Delegada de Facenda e Administración, por delegación da Xunta de Goberno Local, do 27.9.2016, e modificadas con data do 17.11.2016, relativas á seguinte convocatoria:

– Nove prazas de policía local C.E. 7/15 (cinco prazas por oposición libre e catro por concurso para mobilidade), funcionarios de carreira.

O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Esta convocatoria e a súa resolución publicaranse nos boletíns oficiais correspondentes.

A Coruña, 28 de novembro de 2016

O alcalde
P.D. (Decreto do 15.6.2016)
Eduardo Mera Rico
Director da Área de Economía, Facenda e Administración