Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Mércores, 21 de decembro de 2016 Páx. 55263

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 15 de decembro de 2016 pola que se amplía o prazo de realización do cuarto exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas.

A Orde da Consellería de Facenda do 18 de maio de 2015 (DOG núm. 95, do 22 de maio), pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, modificada pola Orde do 22 de maio de 2015 (DOG núm 99, do 28 de maio), dispón na base II.1.1.4 que o prazo máximo para a realización do cuarto exercicio será de 40 días hábiles contados desde o remate do exercicio anterior.

Unha vez realizado o terceiro exercicio o día 24 de outubro de 2016, e ao ter en conta diversas cuestións relacionadas co desenvolvemento dos exercicios e a proposta elevada a tal efecto polo tribunal cualificador deste proceso selectivo, de conformidade co establecido no artigo 32 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, esta consellería

DISPÓN:

A ampliación do prazo de realización do cuarto exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas en vinte días hábiles.

Contra este acordo de ampliación de prazo non cabe recurso ningún, de acordo co disposto no artigo 32.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2016

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda