Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Mércores, 21 de decembro de 2016 Páx. 55274

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 2 de decembro de 2016 pola que se convoca concurso público de acceso a prazas de corpos docentes universitarios (DF1601).

De conformidade co disposto na Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro (BOE do 24 de decembro), de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril (BOE do 13 de abril), en diante LOU, e no Real decreto 1313/2007, do 5 de outubro, polo que se regula o réxime dos concursos de acceso a corpos docentes universitarios (BOE do 8 de outubro), en diante RDCA, e en virtude do establecido nos estatutos da Universidade de Vigo, aprobados polo Decreto 7/2010, do 14 de xaneiro (DOG do 2 de febreiro), da Xunta de Galicia, conforme os acordos adoptados polo Consello de Goberno, tras obter a autorización da Comunidade Autónoma de Galicia, e publicada no Diario Oficial de Galicia a oferta de emprego público do persoal docente e investigador para o ano 2016 (Resolución do 2 de novembro de 2016, DOG do 10 de novembro),

Esta reitoría, no uso das competencias recoñecidas pola LOU, resolveu convocar a concurso as prazas que figuran no anexo I da presente resolución, con suxeición ás seguintes

Bases da convocatoria

Primeira. Normas xerais

Este concurso rexerase pola LOU; o RDCA; a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), en diante Lei 39/2015; pola Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE do 2 de outubro), en diante Lei 40/2015; polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público (BOE do 31 de outubro), en diante EBEP; polos estatutos da Universidade de Vigo, polo Regulamento de profesorado da Universidade de Vigo aprobado polo Claustro Universitario o 24 de xullo de 2012; pola normativa reguladora dos concursos de acceso aos corpos docentes universitarios aprobada polo Consello de Goberno do 8 de outubro de 2008; polas bases desta convocatoria e demais normativa que resulte de aplicación.

Segunda. Requisitos das persoas candidatas

2.1. Para poder ser admitidas á realización das presentes probas selectivas as persoas que sexan aspirantes deberán reunir os requisitos exixidos nesta base na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes e mantelos ata a toma de posesión:

a) Ter nacionalidade española ou ser nacional dun Estado membro da Unión Europea ou nacional daqueles Estados aos cales, en virtude de tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores e traballadoras nos termos establecidos no EBEP.

Tamén poderán participar o cónxuxe, descendentes e descendentes do cónxuxe, das persoas con nacionalidade española e de quen sexa nacional doutros Estados membros da Unión Europea, sempre que non estean separados de dereito, menores de vinteún anos ou maiores da dita idade que vivan ás súas expensas. Este último beneficio será igualmente de aplicación a familiares de nacionais doutros Estados cando así se prevexa nos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España.

Igualmente, poderán participar as persoas con nacionalidade estranxeira non comunitaria, cando se cumpran os requisitos establecidos no artigo 4 do RDCA.

b) Ter feitos os dezaseis anos de idade e non ter superado os setenta.

c) Estar en posesión da titulación de doutor ou doutora. No caso de títulos obtidos no estranxeiro, deberá achegarse credencial que acredite a súa homologación ou o seu recoñecemento para o exercicio como docente de universidade.

d) Dispor da acreditación para o corpo docente universitario de que se trate e cumprir os requisitos establecidos no artigo 4 do RDCA.

e) Ter aboado as taxas por dereitos de exame dentro do prazo de presentación de solicitudes.

f) Non ter sido separado do servizo, mediante expediente disciplinario, de ningunha Administración pública, nin atoparse en inhabilitación para o exercicio das funcións públicas. Quen sexa aspirante de nacionalidade distinta á española deberá acreditar non estar baixo sanción disciplinaria ou condena penal que impida, no seu Estado, o acceso á función pública.

g) Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das funcións correspondentes á praza.

2.2. De conformidade co artigo 9.4 do RDCA e co artigo 65.2 da LOU, non poderá participar neste concurso quen ocupe unha praza de corpos docentes universitarios nesta ou noutra universidade, obtida mediante concurso de acceso, salvo que se producise o seu desempeño efectivo durante, polo menos, dous anos.

Terceira. Solicitudes

3.1. As solicitudes para participar no concurso axustaranse ao modelo que figura como anexo II desta convocatoria e dirixiranse ao reitor da Universidade de Vigo no prazo de vinte días naturais, contados a partir do día seguinte ao de publicación desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado. Cando o último día do prazo sexa inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

3.2. As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral (Reitoría, Campus Universitario, 36310 Vigo) ou nos rexistros auxiliares da Universidade de Vigo (Campus de Pontevedra, Campus de Ourense e r/ Torrecedeira, nº 86, Vigo) ou de acordo coas restantes formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015.

As solicitudes remitidas a través dunha oficina de Correos presentaranse en sobre aberto para que o persoal de Correos lles estampe a data de presentación na solicitude antes de ser certificada. O enderezo postal será o seguinte:

Rexistro Xeral da Universidade de Vigo

Edificio Xerencia-Servizos Centrais

Campus Lagoas-Marcosende, s/n

36310 Vigo (Pontevedra)

As solicitudes remitidas desde o estranxeiro deberán cursarse a través das representacións diplomáticas ou consulares españolas correspondentes, debendo figurar igualmente a data da súa presentación na solicitude. Neste caso, a presentación da solicitude comunicarase por correo electrónico á conta consultapdi@uvigo.es, enviando copia desta despois de tela presentado.

3.3. A publicación dos actos que integran este procedemento no taboleiro de anuncios do Edificio de Xerencia-Servizos Centrais servirá de notificación para todos os efectos, de acordo co previsto no artigo 45.1 da Lei 39/2015.

Con independencia dos lugares en que regulamentariamente deban publicarse, tanto a convocatoria como os actos e acordos que integran este proceso selectivo publicaranse a título divulgativo na páxina electrónica da Universidade de Vigo, no seguinte enderezo http://persoal.uvigo.es/persoal_gl/PDI/emprego/, na epígrafe «Convocatoria concursos de acceso».

3.4. Os dereitos de exame para cada praza (referencia) serán de 40,74 euros e ingresaranse na conta corrente número ES14 2080 0501 1231 1000 0112, Abanca, Taxas. O pagamento realizarase directamente nas oficinas da citada entidade, utilizando exclusivamente o impreso de solicitude (anexo II). A entidade bancaria fará constar no xustificante o código DF1601, e a persoa interesada engadirá a referencia da praza en que desexa participar. No caso de pagamento mediante transferencia bancaria deberá constar obrigatoriamente o nome e apelidos da persoa interesada e a referencia da praza a que concursa.

En ningún caso a mera presentación da solicitude e o pagamento na entidade bancaria suporá a substitución do trámite de presentación en tempo e forma da solicitude ante o órgano expresado na base 3.1.

Segundo o disposto no artigo 23 da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións da Comunidade Autónoma de Galicia, estarán exentas do pagamento as persoas con discapacidade igual ou superior ao 33 % e os membros de familias numerosas clasificadas na categoría especial. Aplicarase unha bonificación do 50 % na taxa de inscrición aos membros de familias numerosas de categoría xeral. Nos tres supostos será necesario que coa solicitude presenten as respectivas certificacións que o acrediten.

Así mesmo, terán unha bonificación do 50 % da taxa as persoas que figurasen como demandantes de emprego desde, polo menos, os seis meses anteriores á data de publicación da presente convocatoria e non estean a percibir prestación ou subsidio por desemprego, aspectos que deberán ser certificados pola oficina dos servizos públicos de emprego.

Os dereitos de exame serán reintegrados de oficio ás persoas que sexan aspirantes cando as probas non se realicen, sempre que cubrisen os datos bancarios necesarios para facer a devolución.

3.5. Coa instancia achegarase necesariamente os seguintes documentos, e será causa de exclusión a falta dalgún deles:

a) Fotocopia do documento nacional de identidade. Quen sexa aspirante, non posúa a nacionalidade española e teña dereito a participar deberá presentar fotocopia do documento que acredite a súa nacionalidade e, de ser o caso, os documentos que acrediten o vínculo de parentesco e o feito de vivir a expensas ou estar a cargo de quen sexa nacional doutro Estado co que teña o dito vínculo. Así mesmo, deberán presentar declaración xurada ou promesa de non estar separados de dereito do seu cónxuxe e, se é o caso, do feito de que viven ás súas expensas ou están ao seu cargo.

b) Fotocopia compulsada do título de doutor ou doutora. Cando corresponda, deberá acompañarse da credencial de homologación ou recoñecemento profesional.

c) Fotocopia compulsada dos documentos que acrediten o cumprimento dos requisitos que se sinalan na letra d) da base 2.1.

d) No caso de aspirantes que ocupen unha praza de corpos docentes universitarios (funcionarios), certificación orixinal (folla de servizos) da universidade u organismo de que dependan, que acredite o seu desempeño. O Servizo de Persoal Docente e Investigador emitirá de oficio a folla de servizos dos aspirantes que pertenzan á Universidade de Vigo.

e) Xustificante de ter aboado os dereitos de exame.

3.6. Os erros de feito que se puidesen advertir, poderán emendarse en calquera momento, de oficio ou por petición da persoa interesada. Quen sexa aspirante queda vinculado aos datos que fixese constar nas súas solicitudes, podendo unicamente demandar a súa modificación mediante escrito motivado, dentro do prazo establecido na base 3.1 para a presentación de solicitudes. Transcorrido este prazo non se admitirá ningunha petición desta natureza, excepto causa excepcional sobrevida, xustificada e discrecionalmente apreciada pola Universidade.

Cuarta. Admisión de aspirantes

4.1. No prazo máximo de quince (15) días hábiles contados desde o remate do prazo de presentación de solicitudes, o reitor da Universidade de Vigo ditará unha resolución en que se aprobe a relación provisional de persoas admitidas e excluídas, con indicación das causas de exclusión.

4.2. As persoas interesadas poderán presentar reclamación ante o reitor contra a dita resolución no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da súa publicación. Posteriormente ditarase unha resolución reitorial en que se aprobe a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas. As reclamacións entenderanse resoltas coa publicación da lista definitiva.

Quinta. Comisións de acceso

5.1. As comisións de acceso deberán procurar unha composición equilibrada entre mulleres e homes, salvo cando non sexa posible por razóns fundadas e obxectivas, debidamente motivadas. De acordo co que establece o artigo 83 dos estatutos da Universidade de Vigo, a composición das comisións é a que figura no anexo III desta convocatoria e terá a categoría primeira das recollidas no artigo 30 do Real decreto 462/2002, do 24 de maio, sobre indemnizacións por razón do servizo.

Salvo petición expresa da presidencia e debidamente autorizada, cada comisión terá a súa sede e actuará no centro en que teña a súa sede o departamento a que se adscriba a praza convocada.

A Universidade fará públicos os currículum vítae dos membros das comisións de acceso na dirección de internet: http://persoal.uvigo.es/persoal_gl/PDI/emprego/, epígrafe «convocatorias concursos de acceso».

O nomeamento como membro dunha comisión é irrenunciable, salvo cando concorra causa xustificada, debidamente alegada pola persoa interesada e así apreciada por esta reitoría. Os membros da comisión deberán absterse de actuar e poderán ser recusados nos casos e polos motivos previstos no artigo 23 da Lei 40/2015. Resolta a renuncia, a abstención ou a recusación, as persoas afectadas serán substituídas polos respectivos suplentes e, na súa falta, por orde correlativa e, en último caso, resolverá o reitor.

5.2. As comisións deberán constituírse no prazo dun mes desde a publicación da relación definitiva de persoas admitidas e excluídas. Transcorrido o prazo sen que se constituíse a comisión correspondente, o reitor procederá á substitución da persoa que exerza a presidencia titular.

5.3. A constitución de cada comisión exixirá a asistencia de cinco dos seus membros, titulares ou suplentes, se é o caso. A presidencia, unha vez realizadas as consultas pertinentes cos restantes membros, convocará a quen sexa membro titular e, de ser o caso, suplente, cunha antelación mínima de dez días hábiles, e fixará lugar, data e hora para proceder ao acto de constitución da comisión. Os membros titulares serán substituídos polos seus respectivos suplentes, en primeiro lugar, ou por orde correlativa.

No acto de constitución a comisión establecerá os criterios de valoración do concurso adecuados ao perfil de cada praza e faraos públicos antes do acto de presentación dos candidatos e candidatas.

5.4. Unha vez constituída a comisión, en caso de ausencia da persoa que exerza a presidencia será substituída polo catedrático ou catedrática de universidade con maior antigüidade que teña recoñecidos, polo menos, dous tramos de investigación.

5.5. Para que a comisión poida actuar validamente requirirase a asistencia de, polo menos, tres dos seus membros entre os que figurarán obrigatoriamente as persoas que ocupen a presidencia e a secretaría. Os membros da comisión que estivesen ausentes da proba cesarán en tal condición, sen prexuízo das responsabilidades en que puidesen ter incorrido.

5.6. Á secretaría de cada comisión corresponderanlle as actuacións administrativas e a xestión económica propias da comisión, auxiliada polo persoal de administración e servizos do departamento a que estea adscrita a praza.

5.7. Durante o desenvolvemento do concurso, a comisión resolverá as dúbidas que puidesen xurdir na aplicación destas normas, así como o que proceda nos casos non previstos nelas. En todo momento a súa actuación axustarase ao disposto na Lei 39/2015 e na Lei 40/2015.

Sexta. Acto de presentación e proba

6.1. A presidencia da comisión convocará a quen participe no concurso ao acto de presentación cunha antelación mínima de dez días hábiles, indicando lugar e hora para realizar o acto de presentación.

6.2. No acto de presentación, que será público, quen sexa concursante entregará:

a) Currículum vítae por sextuplicado, que deberá axustarse ao modelo que se achega como anexo IV, en que detallará os seus méritos, historial académico docente e investigador.

b) O seu proxecto docente e investigador adecuado ao perfil do concurso, tamén por sextuplicado.

c) Un exemplar das publicacións e dos documentos acreditativos do consignado no currículum, con independencia de que a comisión poida solicitar documentación complementaria acreditativa orixinal ou compulsada.

6.3. No acto de presentación determinarase, mediante sorteo, a orde de actuación das persoas candidatas, e a comisión fixará e publicará o lugar, a data e a hora de comezo da proba, a cal deberá iniciarse no prazo máximo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao acto de presentación. Este prazo poderá ser renunciable por escrito por parte das persoas concursantes. Igualmente, a comisión fixará o prazo durante o que poderán examinar a documentación presentada polas restantes persoas que concursen.

6.4. A comisión valorará exclusivamente os méritos que, sendo alegados no currículum vítae por quen sexa aspirante, estean debidamente xustificados, sempre referidos a data de remate do prazo de presentación de solicitudes.

6.5. Os concursos realizaranse en dependencias da Universidade de Vigo. Constarán dunha única proba, que será pública e que consistirá na exposición oral, durante un tempo mínimo de trinta minutos e máximo de dúas horas, dos méritos e historial académico docente e investigador, así como do proxecto docente e investigador presentado. A continuación, a comisión debaterá co candidato ou candidata durante un tempo máximo de dúas horas sobre os seus méritos, o seu proxecto docente e investigador e a adecuación destes ao perfil da praza obxecto de concurso.

6.6. Finalizada a proba, cada membro da comisión entregaralle á presidencia un informe razoado axustado aos criterios previamente fixados, de cada unha das persoas que concursen, con expresión explícita de voto favorable ou desfavorable.

6.7. Para superar a proba é necesario obter, polo menos, tres votos favorables dos membros da comisión. De non acadar ningunha candidatura polo menos tres votos favorables, o proceso poderá concluír coa proposta de non provisión, que deberá ser suficientemente motivada.

6.8. A proposta de provisión de prazas realizarase con base nos votos favorables recibidos dos membros da comisión. En caso de empate recorrerase á votación, sen que sexa posible a abstención. De persistir o empate, dirimirá o voto da presidencia.

Sétima. Proposta, presentación de documentos e nomeamento

7.1. A comisión proporá ao reitor, motivadamente e con carácter vinculante, unha relación de todas as persoas candidatas que superasen a proba por orde de preferencia. A comisión poderá propor a non provisión da praza xustificando esta decisión. Esta proposta será publicada no centro onde se celebrou a proba e servirá de notificación ás persoas interesadas para todos os efectos.

7.2. No prazo dos tres días hábiles seguintes ao de finalización da súa actuación, a secretaría da comisión entregará na Secretaría Xeral da Universidade de Vigo a documentación completa relativa as súas actuacións e un exemplar da documentación presentada por cada persoa que concursase.

7.3. As persoas propostas para a provisión das prazas deberán presentar no prazo dos vinte días naturais seguintes ao de publicación da proposta da comisión no lugar de celebración da proba, nos lugares e conforme o procedemento previsto na base 3.2, os seguintes documentos:

a) Declaración xurada ou promesa de non incorrer en incompatibilidade segundo o establecido na Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas (BOE do 4 de xaneiro de 1985).

b) Declaración xurada ou promesa de non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos de conformidade co establecido no artigo 56.1.d) do EBEP.

No caso de ser nacional doutro Estado, acreditar que non se encontra inhabilitado ou en situación equivalente nin que foi sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos, o acceso ao emprego público.

c) Certificado médico oficial de non padecer enfermidade nin defecto físico ou psíquico que o incapacite para o desempeño das funcións correspondentes a docente de universidade.

Quen teña a condición de funcionario de carreira estará exento de xustificar e presentar os documentos das alíneas b) e c), debendo presentar certificado (folla de servizos) da universidade ou organismo de que dependan acreditativo da súa condición e de cantas circunstancias consten na súa folla de servizos. De acordo coa base 3.3.d), non será necesario este certificado cando fose achegado coa solicitude de participación.

7.4. O reitor da Universidade de Vigo efectuará o nomeamento como funcionario ou funcionaria docente de carreira das persoas propostas pola comisión nun número delas que non exceda o número de prazas convocadas a concurso, unha vez que teñan acreditado no prazo a documentación requirida. De non facelo, o reitor procederá ao nomeamento da seguinte persoa na orde proposta.

7.5. O nomeamento especificará a denominación da praza: corpo e área de coñecemento. Comunicarase ao correspondente rexistro para os efectos de outorgamento do número de rexistro de persoal e inscrición nos corpos respectivos, remitirase para a súa publicación ao Boletín Oficial del Estado e ao Diario Oficial de Galicia e comunicarase á Secretaría Xeral do Consello de Coordinación Universitaria.

7.6. No prazo máximo de vinte (20) días hábiles, contados desde o seguinte ao de publicación do nomeamento no Boletín Oficial del Estado, a persoa proposta deberá tomar posesión do seu destino, momento en que adquirirá a condición de funcionario ou funcionaria de carreira do corpo de que se trate.

7.7. As referencias a necesidades e obrigacións docentes e ao centro de adscrición que poida conter a convocatoria non suporán dereito de vinculación exclusiva a tal actividade docente e destino para quen teña adxudicada a praza.

Oitava. Comisión de reclamacións

8.1. Contra a proposta da comisión, as persoas admitidas no concurso poderán presentar reclamación ante o reitor da Universidade de Vigo, no prazo máximo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da súa publicación no lugar de celebración da proba. Admitida a trámite a reclamación, suspenderase o nomeamento ata a súa resolución definitiva.

8.2. As reclamacións que se presenten anunciaranse no taboleiro de anuncios do Rexistro Xeral da Universidade de Vigo, publicación que servirá de notificación para todos os efectos. As persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días naturais para formular alegacións sobre o contido da reclamación.

8.3. As reclamacións serán valoradas pola Comisión de Reclamacións da Universidade de Vigo, que examinará o expediente relativo ao concurso, valorará os aspectos puramente procedementais e verificará o efectivo respecto, por parte da Comisión de Selección, da igualdade de condicións dos candidatos e candidatas e dos principios de mérito e de capacidade destes no procedemento do concurso de acceso. Resolverá no prazo máximo de tres meses, ratificando ou non a proposta reclamada. Neste último caso, retrotraerase o expediente ata o momento en que se produciu o vicio, debendo a Comisión de Selección formular nova proposta, tras o que o reitor ditará a resolución de acordo coa proposta da Comisión de Reclamacións.

8.4. As resolucións do reitor a que se refire o punto anterior deste artigo esgotan a vía administrativa e serán impugnables directamente ante a xurisdición contencioso-administrativa, de acordo co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Novena. Devolución da documentación presentada polos/polas aspirantes.

A documentación presentada no concurso deberá ser retirada da Secretaría Xeral, logo da petición da persoa interesada, dentro do prazo de tres meses contados desde a finalización do procedemento ou, se é o caso, desde que a resolución impugnada adquira firmeza. A documentación que non fose retirada no dito prazo será destruída.

Décima. Protección de datos

De conformidade co disposto na Lei orgánica 15/1999, de protección de datos de carácter persoal (BOE núm. 298, do 14 de decembro), os datos facilitados por quen sexa aspirante, pasarán a formar parte do ficheiro de persoal, cuxa finalidade é a xestión do persoal da Universidade de Vigo, xestión da docencia e investigación, xestión da participación do persoal nos servizos e actos administrativos, así como a xestión da participación dos candidatos e candidatas nos procesos de selección. Os datos contidos neste arquivo poderán ser tratados con fins históricos, estatísticos ou científicos.

Décimo primeira. Norma derradeira

11.1. O tempo transcorrido entre a publicación da presente convocatoria e a resolución do concurso non poderá exceder catro meses. Para estes efectos o mes de agosto considerarase inhábil.

11.2. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso perante a xurisdición contencioso-administrativa no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

As persoas interesadas poderán optar por interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución, perante o reitor. Neste caso non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se producise a desestimación presunta do recurso de reposición interposto, segundo o previsto no artigo 123.2 da Lei 39/2015.

Vigo, 2 de decembro de 2016

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO I
Datos das prazas

1

Código:

DF1601-C01-410-TU-01

Nº de prazas:

1

Corpo:

Titular de universidade

Área de coñecemento:

A-410 Fisioloxía

Departamento:

C01 Bioloxía Funcional e Ciencias da Saúde

Actividade docente e investigadora:

Docencia en fisioloxía do exercicio. Investigación en endocrinoloxía do metabolismo

Centro de traballo:

302 Facultade de Bioloxía-Vigo

2

Código:

DF1601-H05-490-TU-01

Nº de prazas:

1

Corpo:

Titular de universidade

Área de coñecemento:

A-490 Historia Moderna

Departamento:

H05 Historia, Arte e Xeografía

Actividade docente e investigadora:

Docencia en materias da área

Centro de traballo:

301 Facultade de Filoloxía e Tradución-Vigo

3

Código:

DF1601-H12-814-TU-01

Nº de prazas:

1

Corpo:

Titular de universidade

Área de coñecemento:

A-814 Tradución e Interpretación

Departamento:

H12 Tradución e Lingüística

Actividade docente e investigadora:

Tradución especializada entre lingua A1 e A2. Tradución especializada, idioma II: administrativo-económica (fr-glg). Ferramentas para a tradución e interpretación III: terminoloxía

Centro de traballo:

301 Facultade de Filoloxía e Tradución-Vigo

4

Código:

DF1601-T03-590-TU-01

Nº de prazas:

1

Corpo:

Titular de universidade

Área de coñecemento:

A-590 Máquinas e Motores Térmicos

Departamento:

T03 Enxeñaría Mecánica, Máquinas e Motores Térmicos e Fluídos

Actividade docente e investigadora:

G290706 Xestión da enerxía térmica. M148112 Eficiencia térmica e coxeración

Centro de traballo:

312 Escola de Enxeñaría Industrial-Vigo

5

Código:

DF1601-T03-600-TU-01

Nº de prazas:

1

Corpo:

Titular de universidade

Área de coñecemento:

A-600 Mecánica de Fluídos

Departamento:

T03 Enxeñaría Mecánica, Máquinas e Motores Térmicos e Fluídos

Actividade docente e investigadora:

Fundamentos do modelado numérico de procesos termofluidodinámicos

Centro de traballo:

312 Escola de Enxeñaría Industrial-Vigo

6

Código:

DF1601-X04-215-TU-01

Nº de prazas:

1

Corpo:

Titular de universidade

Área de coñecemento:

A-215 Didáctica e Organización Escolar

Departamento:

X04 Didáctica, Organización Escolar e Métodos de Investigación

Actividade docente e investigadora:

Escola inclusiva e atención á diversidade

Centro de traballo:

202 Fac. CC. Educación e do Deporte-Pontevedra

7

Código:

DF1601-X05-187-TU-01

Nº de prazas:

1

Corpo:

Titular de universidade

Área de coñecemento:

A-187 Didáctica da Expresión Corporal

Departamento:

X05 Didácticas Especiais

Actividade docente e investigadora:

Educación física e a súa didáctica na idade infantil (O05G110V01503)

Centro de traballo:

202 Fac. CC. Educación e do Deporte-Pontevedra

8

Código:

DF1601-X05-245-TU-01

Nº de prazas:

1

Corpo:

Titular de universidade

Área de coñecemento:

A-245 Educación Física e Deportiva

Departamento:

X05 Didácticas Especiais

Actividade docente e investigadora:

A educación física como medio de interdisciplinariedade (P02G110V01921). Fundamentos dos deportes colectivos I: balonmán (P02G050V01303)

Centro de traballo:

202 Fac. CC. Educación e do Deporte-Pontevedra

9

Código:

DF1601-X05-245-TU-02

Nº de prazas:

1

Corpo:

Titular de universidade

Área de coñecemento:

A-245 Educación Física e Deportiva

Departamento:

X05 Didácticas Especiais

Actividade docente e investigadora:

Seguridade e hábitos saudables a través da educación física (P02G110V01925). Actividade física e deporte adaptado (P02G050V01601)

Centro de traballo:

202 Fac. CC. Educación e do Deporte-Pontevedra

10

Código:

DF1601-X11-070-TU-01

Nº de prazas:

1

Corpo:

Titular de universidade

Área de coñecemento:

A-070 Ciencia Política e da Administración

Departamento:

X11 Socioloxía, Ciencia Política e da Administración e Filosofía

Actividade docente e investigadora:

Unión Europea: institucións e proceso político

Centro de traballo:

204 Fac. CC. Sociais e da Comunicación-Pontevedra

11

Código:

DF1601-X13-140-TU-01

Nº de prazas:

1

Corpo:

Titular de universidade

Área de coñecemento:

A-140 Dereito do Traballo e da Seguridade Social

Departamento:

X13 Dereito Público Especial

Actividade docente e investigadora:

Dereito do traballo e da seguridade social (grao en Dereito), dereito social comunitario (grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos)

Centro de traballo:

308 Fac. CC. Xurídicas e do Traballo-Vigo

12

Código:

DF1601-X14-105-TU-01

Nº de prazas:

1

Corpo:

Titular de universidade

Área de coñecemento:

A-105 Comunicación Audiovisual e Publicidade

Departamento:

X14 Comunicación Audiovisual e Publicidade

Actividade docente e investigadora:

Teoría e práctica das relacións públicas

Centro de traballo:

204 Fac. CC. Sociais e da Comunicación-Pontevedra

ANEXO II
Solicitude de participación

DATOS DA CONVOCATORIA (Resolución reitoral do 2 de decembro de 2016)

Código da convocatoria:

DF1601

Código da praza:

DF1601-

Corpo docente:

Área de coñecemento:

Departamento:

Centro de destino da praza:

Actividades asignadas á praza:

DATOS PERSOAIS E PROFESIONAIS

Apelidos

Nome

Xénero

c Home

c Muller

DNI

Data de nacemento

Lugar de nacemento

Provincia de nacemento

Enderezo/Lugar para efectos de notificacións

Código postal

Municipio

Provincia

Enderezo electrónico e teléfono

Caso de ser empregado/a público (funcionario/a de carreira ou persoal laboral):

Denominación do corpo ou praza

Organismo

Data de ingreso

Número de rexistro persoal

Situación:

c Servizo activo

c Excedente voluntario:

c Servizos especiais:

c Outras (especificar):

De proceder a devolución das taxas, indique o código IBAN e os 20 díxitos da súa conta bancaria:

c c c c - c c c c - c c c c - c c - c c c c c c c c c c

A persoa que asina

SOLICITA: Ser admitida no concurso da praza referenciada, comprometéndose, caso de superalo, a formular o xuramento ou promesa de acordo co establecido no Real decreto 707/1979, do 5 de abril, e

DECLARA: Que son certos todos e cada un dos datos consignados nesta solicitude, que reúne as condicións exixidas na convocatoria anteriormente referida, e todas as necesarias para o acceso á función pública.

………………………….., ………… de …………….………………. de 20…

(sinatura)

Reitor da Universidade de Vigo

Achegar copia do xustificante bancario ou esta solicitude co selo da entidade bancaria

Ingreso na conta ES14-2080-0501-1231-1000 0112

Abanca, O.P. Vigo. Universidade de Vigo. Taxas.

Marque o importe para ingresar:

(Base terceira: requisitos)

c 40,74 euros

c 20,37 euros (xustificar)

c Exento/a (xustificar)

ANEXO III
Comisións de acceso

Praza nº 1: DF1601-C01-410-TU-01

Área: Fisioloxía

Cargo

Nome

Corpo

Universidade

Comisión titular

Presidencia

Federico Mallo Ferrer

Catedrático

Vigo

Secretaría

José Antonio Lamas Castro

Titular

Vigo

Vogalía primeira

Manuel José Tena Sempere

Catedrático

Córdoba

Vogalía segunda

Miguel Antonio López Pérez

Titular

Santiago de Compostela

Vogalía terceira

María Clara Álvarez Villamarín

Titular

Santiago de Compostela

Comisión suplente

Presidencia

Leonor Pinilla Jurado

Catedrática

Córdoba

Secretaría

Román Pérez Fernández

Titular

Santiago de Compostela

Vogalía primeira

Rosa María Señarís Rodríguez

Catedrática

Santiago de Compostela

Vogalía segunda

Carlos Diéguez González

Catedrático

Santiago de Compostela

Vogalía terceira

Celia María Pombo Ramos

Titular

Santiago de Compostela

Praza nº 2: DF1601-H05-490-TU-01

Área: Historia Moderna

Cargo

Nome

Corpo

Universidade

Comisión titular

Presidencia

Laureano Manuel Rubio Pérez

Catedrático

León

Secretaría

María López Díaz

Titular

Vigo

Vogalía primeira

Camilo Jesús Fernández Cortizo

Titular

Santiago de Compostela

Vogalía segunda

María del Carmen Saavedra Vázquez

Titular

Santiago de Compostela

Vogalía terceira

María José Pérez Álvarez

Titular

León

Comisión suplente

Presidencia

Pegerto Saavedra Fernández

Catedrático

Santiago de Compostela

Secretaría

Roberto Javier López López

Titular

Santiago de Compostela

Vogalía primeira

Hortensio Sobrado Correa

Titular

Santiago de Compostela

Vogalía segunda

Alfredo Andrés Martín García

Titular

León

Vogalía terceira

Inés Gómez González

Titular

Granada

Praza nº 3: DF1601-H12-814-TU-01

Área: Tradución e Interpretación

Cargo

Nome

Corpo

Universidade

Comisión titular

Presidencia

María Elena Sánchez Trigo

Catedrática

Vigo

Secretaría

Áurea Fernández Rodríguez

Titular

Vigo

Vogalía primeira

Esther Morillas García

Titular

Málaga

Vogalía segunda

Luis Alonso Bacigalupe

Titular

Vigo

Vogalía terceira

Mercé Lorente Casafont

Titular

Pompeu Fabra

Comisión suplente

Presidencia

Ricardo Muñoz Martín

Catedrático

Las Palmas de Gran Canaria

Secretaría

Ana Luna Alonso

Titular

Vigo

Vogalía primeira

Jorge Jesús Leiva Rojo

Titular

Málaga

Vogalía segunda

Luis Pejenaute Rodríguez

Titular

Pompeu Fabra

Vogalía terceira

Susana Cruces Colado

Titular

Vigo

Praza nº 4: DF1601-T03-590-TU-01

Área: Máquinas e Motores Térmicos

Cargo

Nome

Corpo

Universidade

Comisión titular

Presidencia

José Luis Míguez Tabarés

Catedrático

Vigo

Secretaría

Enrique Granada Álvarez

Titular

Vigo

Vogalía primeira

David Patiño Vilas

Titular

Vigo

Vogalía segunda

Jacobo Porteiro Fresco

Titular

Vigo

Vogalía terceira

María del Pilar Dorado Pérez

Catedrática

Córdoba

Comisión suplente

Presidencia

Joaquín Zueco Jordán

Catedrático

Politécnica de Cartagena

Secretaría

María Belén Folgueras Díaz

Titular

Oviedo

Vogalía primeira

Luis María López González

Catedrático

La Rioja

Vogalía segunda

Jorge Carlos Morán González

Titular

Vigo

Vogalía terceira

Cristina Alonso Tristán

Titular

Burgos

Praza nº 5: DF1601-T03-600-TU-01

Área: Mecánica de Fluídos

Cargo

Nome

Corpo

Universidade

Comisión titular

Presidencia

Ángel Gerardo Velázquez López

Catedrático

Politécnica de Madrid

Secretaría

José Luis Míguez Tabarés

Catedrático

Vigo

Vogalía primeira

María Inmaculada Iglesias Estradé

Titular

Carlos III de Madrid

Vogalía segunda

Marta María Cabeza Simó

Titular

Vigo

Vogalía terceira

Estrella Álvarez da Costa

Catedrática

Vigo

Comisión suplente

Presidencia

Antonio Luis Sánchez Pérez

Catedrático

Carlos III de Madrid

Secretaría

Jacobo Porteiro Fresco

Titular

Vigo

Vogalía primeira

Juan Ramón Arias Pérez

Titular

Politécnica de Madrid

Vogalía segunda

Jaime Sieres Atienza

Titular

Vigo

Vogalía terceira

Gloria Pena Urís

Titular

Vigo

Praza nº 6: DF1601-X04-215-TU-01

Área: Didáctica e Organización Escolar

Cargo

Nome

Corpo

Universidade

Comisión titular

Presidencia

María Ángeles Pilar Parrilla Latas

Catedrática

Vigo

Secretaría

Manuela Raposo Rivas

Titular

Vigo

Vogalía primeira

Anabel Moriña Díez

Titular

Sevilla

Vogalía segunda

Teresa Susinos Rada

Titular

Cantabria

Vogalía terceira

Joan Jordi Muntaner Guasp

Catedrático

Illes Balears

Comisión suplente

Presidencia

Miguel Ángel Zabalza Beraza

Catedrático

Santiago de Compostela

Secretaría

José Manuel Coronel Llamas

Catedrático

Huelva

Vogalía primeira

María del Carmen Gallego Vega

Titular

Sevilla

Vogalía segunda

Manuel Damián Cebrián de la Serna

Catedrático

Málaga

Vogalía terceira

Xurxo Torres Santomé

Catedrático

A Coruña

Praza nº 7: DF1601-X05-187-TU-01

Área: Didáctica da Expresión Corporal

Cargo

Nome

Corpo

Universidade

Comisión titular

Presidencia

Onofre Ricardo Contreras Jordán

Catedrático

Castilla-La Mancha

Secretaría

María Luisa Zagalaz Sánchez

Catedrática

Jaén

Vogalía primeira

María del Mar Cepero González

Titular

Granada

Vogalía segunda

Pedro Gil Madrona

Titular

Castilla-La Mancha

Vogalía terceira

Silvia Arribas Galarraga

Titular

País Vasco

Comisión suplente

Presidencia

José Antonio Cecchini Estrada

Catedrático

Oviedo

Secretaría

Carmen González González de Mesa

Titular

Oviedo

Vogalía primeira

Arturo Díaz Suárez

Catedrátrico

Murcia

Vogalía segunda

Santiago Romero Granados

Catedrático

Sevilla

Vogalía terceira

José Palacios Aguilar

Titular

A Coruña

Praza nº 8: DF1601-X05-245-TU-01

Área: Educación Física e Deportiva

Cargo

Nome

Corpo

Universidade

Comisión titular

Presidencia

Sergio Ibáñez Godoy

Catedrático

Extremadura

Secretaría

José María Cancela Carral

Titular

Vigo

Vogalía primeira

Leonor Gallardo Guerrero

Titular

Castilla-La Mancha

Vogalía segunda

Juan José Fernández Romero

Titular

A Coruña

Vogalía terceira

Luis Javier Chirosa Rios

Titular

Granada

Comisión suplente

Presidencia

José Gerardo Villa Vicente

Catedrático

León

Secretaría

Ana Isabel Rey Cao

Titular

Vigo

Vogalía primeira

Marta Zubiaur González

Titular

León

Vogalía segunda

Alfonso Gutiérrez Santiago

Titular

Vigo

Vogalía terceira

María Belén Feriche Fernández-Castanys

Titular

Granada

Praza nº 9: DF1601-X05-245-TU-02

Área: Educación Física e Deportiva

Cargo

Nome

Corpo

Universidade

Comisión titular

Presidencia

José Gerardo Villa Vicente

Catedrático

León

Secretaría

José María Cancela Carral

Titular

Vigo

Vogalía primeira

Leonor Gallardo Guerrero

Titular

Castilla-La Mancha

Vogalía segunda

Juan José Fernández Romero

Titular

A Coruña

Vogalía terceira

Nuria Mendoza Laiz

Titular

Castilla-La Mancha

Comisión suplente

Presidencia

Sergio Ibáñez Godoy

Catedrático

Extremadura

Secretaría

Ana Isabel Rey Cao

Titular

Vigo

Vogalía primeira

Marta Zubiaur González

Titular

León

Vogalía segunda

Alfonso Gutiérrez Santiago

Titular

Vigo

Vogalía terceira

Vicente Año Sanz

Titular

Valencia

Praza nº 10: DF1601-X11-070-TU-01

Área: Ciencia Política e da Administración

Cargo

Nome

Corpo

Universidade

Comisión titular

Presidencia

Guillermo Manuel Márquez Cruz

Catedrático

Santiago de Compostela

Secretaría

Álvaro Xosé López Mira

Titular

Vigo

Vogalía primeira

Ernesto Javier Carrillo Barroso

Titular

Complutense de Madrid

Vogalía segunda

Adela Mesa del Olmo

Titular

País Vasco

Vogalía terceira

Berta García Orosa

Titular

Santiago de Compostela

Comisión suplente

Presidencia

María Esther del Campo García

Catedrática

Complutense de Madrid

Secretaría

Purificación Mayobre Rodríguez

Titular

Vigo

Vogalía primeira

Heriberto Cairo Carou

Titular

Complutense de Madrid

Vogalía segunda

Ramón Ángel Bouzas Lorenzo

Titular

Santiago de Compostela

Vogalía terceira

Laura Román Masedo

Titular

A Coruña

Praza nº 11: DF1601-X13-140-TU-01

Área: Dereito do Traballo e da Seguridade Social

Cargo

Nome

Corpo

Universidade

Comisión titular

Presidencia

Jaime Cabeza Pereiro

Catedrático

Vigo

Secretaría

Jesús Cruz Villalón

Catedrático

Sevilla

Vogalía primeira

Amparo Merino Segovia

Titular

Castilla-La Mancha

Vogalía segunda

María José Romero Ródenas

Titular

Castilla-La Mancha

Vogalía terceira

Francisco Javier Gárate Castro

Catedrático

Santiago de Compostela

Comisión suplente

Presidencia

Marta Fernández Prieto

Titular

Vigo

Secretaría

Lourdes Mella Méndez

Titular

Santiago de Compostela

Vogalía primeira

María Belén Cardona Rubert

Catedrática

Valencia

Vogalía segunda

Xosé Manuel Carril Vázquez

Titular

A Coruña

Vogalía terceira

Consuelo Chacartegui Jávega

Titular

Pompeu Fabra

Praza nº 12: DF1601-X14-105-TU-01

Área: Comunicación Audiovisual e Publicidade

Cargo

Nome

Corpo

Universidade

Comisión titular

Presidencia

Juan Benavides Delgado

Catedrático

Complutense de Madrid

Secretaría

Ana Belén Fernández Souto

Titular

Vigo

Vogalía primeira

José Carlos Losada Díaz

Titular

Murcia

Vogalía segunda

Vicente-Paul Capriotti Peri

Titular

Rovira i Virgili

Vogalía terceira

María de los Ángeles Moreno Fernández

Titular

Rey Juan Carlos

Comisión suplente

Presidencia

José Luis Castro de Paz

Catedrático

Santiago de Compostela

Secretaría

Montserrat Vázquez Gestal

Titular

Vigo

Vogalía primeira

Ana María Almansa Martínez

Titular

Málaga

Vogalía segunda

José Rúas Araújo

Titular

Vigo

Vogalía terceira

Jordi Xifra Triadú

Titular

Pompeu Fabra

ANEXO IV
Currículum vítae

Datos persoais:

– Apelidos e nome.

– NIF.

– Data, localidade e provincia de nacemento.

– Enderezo, localidade e provincia de residencia.

– Teléfono e enderezo electrónico.

– Categoría actual como docente, centro, departamento e área de docencia actual.

– Data de resolución da habilitación e BOE de publicación.

Datos académicos:

1. Títulos académicos: clase, organismo e centro expedidor, data, cualificación, se a houber.

2. Postos docentes desempeñados: categoría, organismo ou centro, réxime de adicación, data de nomeamento ou contrato, data de cesamento.

3. Actividade docente desempeñada.

4. Actividade investigadora desempeñada.

5. Publicacións de libros e monografías: autoría ou coautoría/s, título, editor, editorial, data (de estar pendente de publicación, xustifíquese a aceptación polo consello editorial).

6. Traballos científicos publicados en revistas españolas ou estranxeiras: autoría ou coautoría/s, título, revista, volume, páxina, data (de estar pendente de publicación, xustifíquese a aceptación polo consello editorial).

7. Outras publicacións.

8. Outros traballos de investigación.

9. Proxectos de investigación subvencionados.

10. Comunicacións e relatorios presentados a congresos: título, organizador, carácter nacional ou internacional, lugar, data.

11. Patentes.

12. Cursos e seminarios impartidos: centro, organismo, materia, actividade desenvolta, data.

13. Cursos e seminarios recibidos: centro, organismo, materia, data.

14. Bolsas, axudas e premios recibidos (posteriores á licenciatura).

15. Actividade en empresas e profesión libre.

16. Outros méritos docentes ou de investigación.

17. Outros méritos.

18. Cargos de xestión desempeñados: cargo, centro, período.

19. Dilixencia de referendo do currículum.