Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Martes, 27 de decembro de 2016 Páx. 56132

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de modificación das bases específicas e inicio do prazo de presentación de solicitudes nos procesos selectivos de policía local por mobilidade horizontal derivados da execución da oferta de emprego público 2010-2011.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra do 5 de decembro de 2016 publicouse unha modificación das bases específicas do proceso selectivo de policía local derivado da execución da oferta de emprego público 2010-2011.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado para o caso das prazas reservadas á quenda de mobilidade horizontal.

Os sucesivos anuncios referentes a estas convocatorias unicamente se publicarán no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e no taboleiro de anuncios da Corporación, xuntamente coa páxina web municipal www.vigo.org

Vigo, 5 de decembro de 2016

O alcalde
P.D. (Decreto e Acordo do 19.6.2015)
Javier Pardo Espiñeira
Concelleiro delegado da Área de Xestión Municipal e Persoal