Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 3 de xaneiro de 2017 Páx. 276

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 13 de decembro de 2016, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto dun centro de xestión de residuos no polígono industrial dos Airíos, no concello das Pontes de García Rodríguez, promovido por Macapi Xestión de Residuos, S.L.U. (clave 2016/0092).

De conformidade co artigo 47, número 3, da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental, do 12 de decembro de 2016, do proxecto dun centro de xestión de residuos no polígono industrial dos Airíos, no concello das Pontes de García Rodríguez (A Coruña), promovido por Macapi Xestión de Residuos, S.L.U.

Este informe pódese consultar na seguinte ligazón:

http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2016

María Cruz Ferrreira Costa
Secretaria xeral de Calidade e Avaliación Ambiental