Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 3 de xaneiro de 2017 Páx. 272

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 7 de decembro de 2016, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se dá publicidade á resolución pola que se modifica, por modificación substancial, e se refunde o texto dunha autorización ambiental integrada.

De conformidade co artigo 23.3 da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación, dáse publicidade á seguinte resolución:

– Resolución do 2 de decembro de 2016, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se modifica (por modificación substancial) e se refunde o texto da autorización ambiental integrada co número de rexistro 2007/0272_NAA/IPPC_222.

Instalación: complexo industrial de tratamento e produción de

perfís de aluminio en Extramundi

Trámite: modificación substancial e texto refundido

Titular: Aluminios Cortizo, S.A.

Expediente 2015-IPPC-M-58

Localización: concellos de Padrón e Rois (A Coruña)

Data: 2.12.2016

Esta resolución pódese consultar no seguinte enlace:

http://www.cmati.xunta.es/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada e/ou nas dependencias da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, 2º andar).

Santiago de Compostela, 7 de decembro de 2016

María Cruz Ferreira Costa
Secretaria xeral de Calidade e Avaliación Ambiental