Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 3 de xaneiro de 2017 Páx. 329

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 1 de decembro de 2016 pola que se notifica o Acordo do 28 de xullo de 2016 que fixa o prezo xusto do predio 2000 L-co, sito en Celanova, relativo ao proxecto 01213 (expediente 2016/000321).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), modificado polo artigo 25 da Lei 15/2014, do 16 de setembro, de racionalización do sector público e outras medidas de reforma administrativa, e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificar mediante esta cédula aos herdeiros de Concepción Fernández Montes o Acordo do 28 de xullo de 2016 que fixa o prezo xusto do predio número 2000 L-co, sito en Celanova, relativo ao proxecto 01213, expediente 2016/000321, cuxos datos se relacionan no anexo.

2. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación desta cédula no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da LRXPAC. As persoas interesadas poderán tamén interpor directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación no TEU do BOE, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interporse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido nesta cédula está á disposición dos interesados nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.

3. De conformidade co citado artigo 25 da Lei 15/2014, a eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

4. En consecuencia, para que conste e lles sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2016

Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto para o cal se expropia: 01213-Eixe de comunicacións A-52-fronteira portuguesa. Treito I: Vac A-52-Celanova Sur. Clave: Ou/01/101/01.75.1.

Nº de expediente: 2016/000321.

Persoas a quen se vai notificar: herdeiros de Concepción Fernández Montes.

Expropiante: CPTOPT. Servizo Provincial de Estradas de Ourense.

Expropiados: herdeiros de Concepción Fernández Montes.

Beneficiaria: Autoestrada Ourense Celanova (Aucel).

Predio nº: 2000 L-co.

Concello: Celanova.

Provincia: Ourense.

Valoración da resolución do Xurado: 152,71 €.