Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 5 de xaneiro de 2017 Páx. 791

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 21 de decembro de 2016 polo que se somete a información pública a solicitude presentada polo Club Náutico de Rianxo para a tramitación da concesión administrativa con destino á construción e explotación dunhas instalacións náutico-deportivas no porto de Rianxo.

O día 21.12.2016 o presidente de Portos de Galicia, en base ao Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, acordou iniciar o trámite da concesión administrativa solicitada polo Club Náutico de Rianxo con destino á construción e explotación dunhas instalacións náutico deportivas no porto de Rianxo, segundo a documentación presentada polo Club Náutico de Rianxo.

En cumprimento do disposto no artigo 85.3 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, faise público, para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nos servizos centrais de Portos de Galicia, oficinas sitas na praza Europa, 5 A, 6º, polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está a disposición na páxina web www.portosdegalicia.com

Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2016

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia