Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 5 de xaneiro de 2017 Páx. 701

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 2016, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, pola quenda de promoción interna.

Na sesión que tivo lugar o día 28 de decembro de 2016, o tribunal designado pola Orde do 11 de abril de 2015 (DOG núm. 75) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, convocado pola Orde do 16 de xuño de 2015 (DOG núm. 114, do 18 de xuño) de conformidade co disposto nas bases da convocatoria, adoptou os seguintes acordos:

Primeiro. Declarar todos/as os/as aspirantes que superaron o segundo exercicio exentos da realización do terceiro exercicio por teren presentado a documentación xustificativa sinalada na base II.1.4 da convocatoria de dar por rematada a fase de oposición.

Segundo. De acordo co establecido na base II.3.3 da convocatoria e na Resolución do 15 de decembro de 2016, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fai público o procedemento para a acreditación dos méritos correspondentes á fase de concurso do proceso selectivo, os aspirantes disporán dun prazo de dez (10) días hábiles computados desde o seguinte ao da publicación polo tribunal no DOG das notas do terceiro exercicio da fase de oposición ou da resolución pola que se declaren todas as persoas aspirantes exentas, para presentar a documentación relativa á fase de concurso, conforme o procedemento establecido na devandita resolución.

Terceiro. De acordo co disposto na base III.13, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2016

Laura González-Dopeso Portela
Presidenta do tribunal