Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 5 de xaneiro de 2017 Páx. 708

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 13 da Coruña

EDICTO (240/2016 A).

Mónica Rubia López, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 13 da Coruña, polo presente edicto anuncio que no procedemento de xuízo verbal 240/2016-A seguido por instancia de Carpintería Montero, S.L. fronte a Inversiones Mera Coruña, S.L. ditouse sentenza o 16 de novembro de 2016.

E encontrándose Inversiones Mera Coruña, S.L. en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que sirva de notificación en forma a este, indicándose que o interesado poderá dirixirse a esta oficina do Xulgado de Primeira Instancia número 13 da Coruña, en que se tramita o procedemento, co fin de ter coñecemento íntegro do acto.

Así mesmo, faise constar que contra a devandita resolución non cabe interpoñer ningún recurso.

A Coruña, 7 de decembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza