Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 5 de xaneiro de 2017 Páx. 563

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 22 de decembro de 2016 pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2017.

A Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa, modifica o artigo 41 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, e establece os requisitos de acceso a ciclos formativos de grao superior e de grao medio que serán de aplicación para o curso 2016/17. O referido artigo modifica o establecido no artigo 36.1 do Decreto 114/2010, do 1 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo de Galicia.

Así mesmo, o Decreto 114/2010, do 1 de xullo, determina no artigo 36.2 que a consellería con competencias en materia de educación regulará as probas de acceso para quen non cumpra os requisitos académicos de acceso aos ciclos formativos de formación profesional. No artigo 37 disponse que a consellería con competencias en materia de educación convocará, cando menos unha vez ao ano, as probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e de grao superior.

De conformidade co exposto e no uso das competencias que se me atribúen na lexislación vixente,

DISPOÑO:

I. Disposicións de carácter xeral

Artigo 1. Obxecto e ámbito de aplicación

Esta orde ten por obxecto a regulación das probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, para o ano 2017.

Artigo 2. Finalidade e persoas destinatarias das probas de acceso

1. As probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio teñen por finalidade permitir ás persoas que non posúan o título de graduado en educación secundaria obrigatoria nin un título profesional básico, nin outros estudos equivalentes para os efectos de acceso, continuar a súa formación accedendo aos ciclos formativos de formación profesional de grao medio, nunhas condicións suficientes para cursaren con aproveitamento estas ensinanzas.

2. As probas de acceso aos ciclos formativos de grao superior teñen por finalidade permitir ás persoas que non posúan o título de bacharelato nin un título de técnico de formación profesional, nin outros estudos equivalentes para os efectos de acceso, a posibilidade de continuaren formándose en ciclos de formación profesional de grao superior, coa madureza e a idoneidade suficientes para cursaren con aproveitamento estas ensinanzas.

Artigo 3. Tribunal avaliador das probas

1. Co obxecto de garantir o acceso aos ciclos formativos de formación profesional en igualdade de condicións, a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa designará un tribunal composto por un presidente ou unha presidenta, un secretario ou unha secretaria e un número suficiente de vogais segundo as áreas ou as materias avaliables.

O presidente ou a presidenta deberán ser un inspector ou unha inspectora de educación, ou ben un director ou unha directora dun centro público docente onde se impartan ensinanzas de formación profesional.

O secretario ou a secretaria e os/as vogais deberán ser membros dos corpos de profesorado de ensino secundario, de profesorado técnico de formación profesional ou de catedráticos/as de ensino secundario.

2. O tribunal avaliador desenvolverá as seguintes funcións:

a) Elaboración das probas e dos criterios de corrección.

b) Supervisión do proceso de corrección.

c) Publicación das listaxes provisionais e definitivas das persoas admitidas para a realización da proba.

d) Resolución provisional e definitiva das solicitudes de exención da proba.

e) Resolución provisional e definitiva de solicitudes de proba adaptada.

f) Resolución provisional e definitiva de cualificacións das probas.

3. Ao tribunal avaliador poderán incorporarse os asesores ou as asesoras que cumpra para resolver as posibles exencións da proba, así como as solicitudes de adaptación para a súa realización, en caso de persoas que acrediten discapacidades.

Artigo 4. Comisións de realización das probas de acceso en centros educativos

1. Do desenvolvemento das probas responsabilizarase, en cada centro proposto e para cada grao, unha comisión de realización de probas nomeada pola xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria por proposta do servizo provincial de Inspección Educativa. Tamén nomeará, polo menos, un inspector ou unha inspectora responsable provincial das probas de acceso, que se encargará da coordinación e da supervisión das comisións de realización da súa provincia.

2. As comisións de realización de probas de acceso aos ciclos formativos estarán integradas por:

a) Un inspector ou unha inspectora de educación, ou a persoa responsable da dirección do centro educativo onde se realicen as probas, que exercerá a presidencia da comisión.

b) Un número suficiente de vogais, que han actuar como vixiantes o día da proba, segundo o número de persoas participantes inscritas e os espazos onde se desenvolvan as probas.

Artigo 5. Funcións das comisións de realización das probas de acceso

1. As funcións das comisións de realización das probas de acceso serán as seguintes:

a) Organizar a realización da proba de acceso no instituto de educación secundaria ou centro integrado de formación profesional que corresponda.

b) Atender e resolver as incidencias orixinadas durante a realización da proba.

c) Formalizar as actas de seguimento do proceso de realización das probas.

d) Emitir as certificacións derivadas do proceso de realización das probas.

e) Calquera outra que lle encomende a Administración educativa no ámbito das súas competencias.

2. A Inspección Educativa supervisará o desenvolvemento das actuacións que se leven a cabo nas comisións de probas de acceso, para garantir así a calidade e a fiabilidade do proceso.

3. As comisións de probas de acceso realizarán a xestión das funcións encomendadas por medio dunha aplicación informática facilitada para tal efecto pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Artigo 6. Publicacións de listaxes

Quen desexar información puntual no relativo ás publicacións en todo o proceso do desenvolvemento das probas de acceso poderá dirixirse ao centro onde realizou a súa inscrición, ao centro onde realicen as probas ou ben á páxina web http://www.edu.xunta.es/fp, onde se publicarán as listaxes correspondentes. Estas listaxes terán efectos de comunicación ás persoas que presenten reclamación.

Artigo 7. Información e orientación sobre o proceso de realización das probas de acceso

Todos os institutos de educación secundaria que impartan ciclos formativos de formación profesional e centros integrados de formación profesional deberán ofrecer ás persoas interesadas información e orientación sobre estas ensinanzas, así como sobre o procedemento de inscrición e desenvolvemento das probas de acceso.

Artigo 8. Documentación do proceso

Os modelos coa información mínima que deben reflectir as actas de cualificación e as certificacións das probas de acceso son os establecidos nos anexos III, IV, V e VI.

Artigo 9. Probas de acceso adaptadas ás persoas que acrediten discapacidades

1. As persoas con necesidades específicas derivadas de alteracións físicas, psíquicas ou sensoriais cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 % poderán solicitar as medidas ou os recursos adicionais necesarios para desenvolver a proba de acceso.

Quen solicite proba adaptada deberao facer constar expresamente no momento da inscrición e, soamente en caso de non ter que ser emitido pola Xunta de Galicia ou denegar o consentimento para a súa consulta, presentar o certificado do grao de discapacidade emitido polo organismo competente, así como o seu ditame técnico facultativo.

2. A adaptación da proba que deben superar estas persoas deberá respectar o esencial dos referentes de avaliación establecidos para as probas de acceso aos ciclos formativos de graos medio ou superior.

3. Os centros de inscrición comunicarán a resolución de adaptación da proba ás persoas que a solicitasen. As listaxes provisional e definitiva de proba adaptada poderán consultarse na secretaría do centro onde realizasen a inscrición as persoas interesadas ou quen as represente; non serán publicadas na internet nin nos taboleiros de anuncios.

Artigo 10. Conservación da cualificación das partes superadas

Quen teña realizada a proba de acceso a ciclos formativos de formación profesional na Comunidade Autónoma de Galicia nos anos 2015 ou 2016 e non a superase na súa totalidade poderá solicitar a conservación da cualificación obtida nas partes superadas cunha puntuación igual ou superior a cinco para a presente convocatoria. En caso de solicitar a conservación, non poderá examinarse desa parte ou desas partes da proba.

Artigo 11. Cualificación das probas de acceso a ciclos formativos

1. Segundo o disposto no artigo 40 do Decreto 114/2010, a cualificación de cada parte da proba será numérica, entre cero e dez puntos. A cualificación de cada parte será o resultado de obter a media aritmética das cualificacións obtidas nos exames que integran esa parte.

A nota final da proba calcularase sempre que se obteña polo menos unha puntuación de catro puntos en cada parte, e será a media aritmética destas, expresada con dous decimais. Será positiva a cualificación de cinco puntos ou superior. En caso contrario, a nota final cualificarase como «non apto/a».

2. Para os efectos de cálculo da nota final da proba de acceso non se terán en conta as partes da proba das cales a persoa participante fose declarada exenta. Así mesmo, en caso de exención de todas as partes da proba, a cualificación final expresarase como «exento/a». Neste caso, no proceso de admisión a ciclos formativos participarase cunha cualificación de 5,00.

Artigo 12. Validez das probas de acceso

1. De acordo co artigo 42 do Decreto 114/2010:

a) As probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e de grao superior terán validez en todo o territorio do Estado. Nos ciclos formativos de grao superior, o acceso a cada un deles mediante proba quedará determinado de acordo coa parte específica desta.

b) Quen realice a proba na Comunidade Autónoma de Galicia e non a supere na súa totalidade poderá manter a cualificación obtida nas partes superadas cunha puntuación igual ou superior a cinco en futuras convocatorias de probas de acceso a ciclos formativos en Galicia, durante os dous anos seguintes.

2. As exencións concedidas ao abeiro da presente convocatoria manterán a súa validez nas futuras convocatorias de probas de acceso a ciclos formativos de formación profesional en Galicia, sempre que se manteña a estrutura da proba.

Artigo 13. Recursos e notificacións

1. Contra a listaxe definitiva de persoas admitidas, a resolución definitiva de exencións, a resolución definitiva de probas adaptadas e as cualificacións definitivas da proba de acceso poderase interpor recurso de alzada no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da correspondente listaxe definitiva, ante o director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas.

2. As notificacións de resolucións dos recursos interpostos practicaranse nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. A persoa solicitante elixirá, no anexo de solicitude entregado, o medio de notificación polo que prefire recibir as devanditas resolucións. No caso de escoller como medio de notificación preferente o electrónico, as notificacións realizaranse mediante o Sistema de notificación electrónica de Galicia (Notifica), dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Só se poderá acceder ao contido destas notificacións co certificado electrónico asociado ao NIF da persoa solicitante.

O Sistema de notificación electrónica de Galicia (Notifica) remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións, mediante un correo electrónico dirixido á conta de correo que conste na solicitude para os efectos de notificación. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

As notificacións por medios electrónicos entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido. Cando a notificación por medios electrónicos fose expresamente elixida pola persoa interesada, entenderase rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

Se o envío da notificación electrónica non fose posible por problemas técnicos, a Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia practicará a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 14. Protección de datos de carácter persoal

De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación desta disposición, cuxo tratamento e publicación autoricen as persoas interesadas mediante a presentación das solicitudes, serán incluídos nun ficheiro denominado «Alumnado», co obxecto de xestionar o presente procedemento, así como para informar as persoas interesadas sobre o seu desenvolvemento. O órgano responsable deste ficheiro é a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante esta mesma secretaría xeral técnica, mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15704 Santiago de Compostela, ou a través dun correo electrónico a sxfp@edu.xunta.es.

Artigo 15. Datos en poder da Administración

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente datos en poder das administracións públicas. Só no caso de oposición expresa no modelo de solicitude as persoas interesadas deberán achegar os documentos acreditativos correspondentes. En caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a súa presentación.

2. Así mesmo, tal como establece o punto 3 do artigo 28 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as persoas interesadas non deberán entregar documentos que xa fosen previamente achegados por elas a calquera Administración, sempre que se faga constar a data e o órgano administrativo en que fosen presentados. Presumirase autorizada polas persoas participantes a consulta ou obtención destes datos, agás que conste na solicitude a súa oposición expresa.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa solicitante ou representante a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

Artigo 16. Modelos normalizados de formularios

Para calquera outro trámite distinto da presentación da solicitude, a sede electrónica da Xunta de Galicia ten ao dispor das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

II. Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio (ED312C)

Artigo 17. Requisitos das persoas participantes

Poderán participar na proba de acceso aos ciclos formativos de grao medio as persoas que non cumpran os requisitos académicos exixidos para acceder a eles e teñan dezasete anos ou os fagan no ano natural de celebración da proba.

Artigo 18. Datas e lugares de inscrición

A solicitude de inscrición, segundo o modelo do anexo I, para as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio irá dirixida ao director ou á directora de calquera centro docente público da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que imparta ciclos formativos de formación profesional no curso académico 2016/17. O prazo de presentación estará abranguido entre os días 13 e 23 de marzo de 2017, ambos os dous incluídos.

Artigo 19. Presentación de solicitudes e documentación

1. As solicitudes deberán presentarse en papel, no centro de inscrición, utilizando o formulario normalizado (código de procedemento ED312C) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

En caso de enviarse por correo, o envío deberá ser certificado, co selo de Correos na cabeceira da primeira folla do documento que se queira enviar, para garantir que a data de remisión sexa anterior á finalización do prazo de presentación.

2. As persoas interesadas tamén poderán cubrir a solicitude a través da aplicación dispoñible desde a páxina web http://www.edu.xunta.es/fp, que xerará a solicitude que a persoa interesada deberá imprimir e posteriormente presentar no centro de inscrición.

3. O centro de inscrición elixido pola persoa solicitante tomarase como referencia para a asignación da sede de realización da proba de acceso.

4. Ás solicitudes xuntaráselles copia do DNI ou do NIE da persoa solicitante (só en caso de denegar a consulta dos seus datos de identidade no Sistema de verificación de datos de identidade). En caso de non dispor de DNI ou de NIE será preciso achegar o pasaporte ou un documento de identificación da Unión Europea.

5. En caso de solicitar proba adaptada xustificarase de acordo co disposto no artigo 9 desta orde.

6. En caso de solicitar exención dalgunha/s parte/s da proba, xustificarase de acordo co disposto nos artigos 21 e 24 desta orde, segundo o caso.

Artigo 20. Estrutura e organización da proba

A estrutura e a organización da proba están definidas no artigo 38.3 do Decreto 114/2010. Cada parte organizarase en probas de distintas materias, conforme o seguinte:

a) Parte sociolingüística:

– Lingua Castelá.

– Lingua Galega.

– Ciencias Sociais.

b) Parte matemática:

– Matemáticas.

c) Parte científico-técnica:

– Ciencias da Natureza.

– Tecnoloxía.

Artigo 21. Exencións

1. De acordo co artigo 38.4 do Decreto 114/2010, quen participe nas probas de acceso a ciclos formativos de grao medio poderá solicitar a exención total ou parcial da proba. A persoa solicitante non poderá examinarse da parte ou das partes da proba para as que se lle conceda, nesta convocatoria, a exención.

2. Poderán quedar exentas da totalidade da proba as persoas que acrediten algunha das seguintes circunstancias:

a) Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.

b) Ter superada unha proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional inicial, de ensinanzas deportivas ou de artes plásticas e deseño.

c) Ter superada unha proba de acceso a ciclos formativos de grao medio de ensinanzas deportivas ou de artes plásticas e deseño.

En calquera destas circunstancias, poderase participar no proceso de admisión a ciclos formativos de grao medio, presentando directamente o certificado acreditativo correspondente.

3. Poderán quedar exentas dunha parte da proba as persoas que acrediten algunha das circunstancias establecidas nos artigos 22, 23 e 24 desta orde, así como as persoas que xa tivesen recoñecida a exención desa parte da proba nunha convocatoria anterior de probas de acceso a ciclos formativos de grao medio en Galicia. A solicitude de exención parcial da proba deberase indicar no momento da inscrición.

Para a xustificación das exencións previstas nos artigos 22 e 23, e nos puntos a) e b) do artigo 24 presumirase que se autoriza a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para consultar os datos de certificacións académicas que tivesen que ser expedidas por centros de ensino público de Galicia. En caso de denegar esta consulta no anexo da solicitude ou en caso de que se lles demande, achegarase orixinal ou copia compulsada da certificación académica correspondente. Deberanse achegar as certificacións académicas expedidas por outras comunidades autónomas.

Artigo 22. Exención da parte sociolingüística da proba

Poderán quedar exentas da parte sociolingüística da proba as persoas que acrediten algunha das seguintes circunstancias:

a) Superación dos módulos profesionais de Comunicación e sociedade I e II dun título de formación profesional básica.

b) Superación dos ámbitos social e de comunicación dun programa de cualificación profesional inicial.

c) Superación dos ámbitos social e de comunicación do nivel II da educación secundaria para as persoas adultas.

Artigo 23. Exención da parte matemática e da parte científico-técnica da proba

Poderán quedar exentas da parte matemática e da parte científico-técnica da proba as persoas que acrediten algunha das seguintes circunstancias:

a) Superación dos módulos profesionais de Ciencias aplicadas I e II dun título de formación profesional básica.

b) Superación do ámbito científico-tecnolóxico dun programa de cualificación profesional inicial.

c) Superación do ámbito científico-tecnolóxico do nivel II da educación secundaria para as persoas adultas.

Artigo 24. Exención da parte científico-técnica da proba

Poderán quedar exentas da parte científico-técnica da proba as persoas que acrediten algunha das seguintes circunstancias:

a) Superación dos módulos profesionais relacionados co perfil profesional dun título de formación profesional básica (agás o módulo de Formación en centros de traballo e os módulos asociados aos bloques comúns).

b) Superación dos módulos específicos profesionais (exceptuando o módulo de Formación en centros de traballo) dun programa de cualificación profesional inicial.

c) Superación dun certificado de profesionalidade de calquera nivel, consonte o Real decreto 34/2008, do 18 de xaneiro, polo que se regulan os certificados de profesionalidade. No caso de solicitar a exención por este motivo, deberase achegar o certificado de profesionalidade.

d) Acreditación, como mínimo, do tempo equivalente a un ano de experiencia laboral a xornada completa, con independencia do campo profesional en que se traballase. As persoas interesadas deberán cumprir este requisito con anterioridade á conclusión do período de inscrición para as probas.

1º. En caso de traballadores e traballadoras por conta allea, a documentación para presentar será a certificación da Tesouraría Xeral da Seguridade Social (vida laboral) ou da mutualidade laboral en que se estivese afiliado/a, onde conste a empresa e o período de contratación. En caso de persoal das Forzas Armadas, certificación de vida laboral expedida pola pagadoría do centro de destino actual, onde consten os empregos desempeñados por destino, coa especialidade militar e o período de exercicio.

2º. En caso de traballadores e traballadoras por conta propia, a documentación para presentar será a certificación da Tesouraría Xeral da Seguridade Social (vida laboral) onde conste o período de cotización no réxime especial de traballadores/as autónomos/as, ou o equivalente da mutualidade laboral en que se estivese afiliado/a.

Artigo 25. Relacións provisorias e definitivas de persoas admitidas e excluídas para as probas

1. A relación provisoria de persoas admitidas e excluídas para a realización da proba farase pública o día 6 de abril. Esta listaxe dará información sobre a solicitude e a documentación presentada. No caso das exclusións farase indicación expresa dos motivos que as ocasionen.

2. Poderanse presentar reclamacións contra a listaxe provisoria desde o día 18 ao día 21 de abril, ambos os dous incluídos, no mesmo centro onde se realizase a inscrición. Así mesmo, durante o período de reclamación poderase achegar a documentación pendente de entrega ou reclamada pola Administración referente ao solicitado na folla de inscrición.

3. A relación definitiva de persoas admitidas e excluídas para a realización da proba farase pública o día 16 de maio.

Artigo 26. Resolución das solicitudes de exención e de proba adaptada

1. A resolución provisoria de exencións e de probas adaptadas farase pública o día 6 de abril. En caso de resolución denegatoria, figurará na listaxe a causa da denegación.

2. Contra estas resolucións provisorias as persoas interesadas poderán presentar reclamación desde o día 18 ao día 21 de abril, ambos os dous incluídos, ante o presidente ou a presidenta do tribunal avaliador das probas, no centro onde se realizase a inscrición. As secretarías dos centros tramitarán as reclamacións a través da aplicación informática.

3. A resolución definitiva de exencións e de probas adaptadas farase pública o día 16 de maio. En caso de resolución denegatoria, figurará na listaxe a causa da denegación.

Artigo 27. Comisións de realización das probas de acceso

De acordo co establecido no artigo 4, con anterioridade ao 11 de maio cada xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria comunicará por escrito á Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa o seguinte:

– O nome do inspector ou a inspectora responsable provincial das probas de acceso.

– A relación de centros públicos onde se vaian constituír as comisións de realización das probas, así como os centros adscritos. O día 16 de maio farase pública esta listaxe en cada centro onde se realice a inscrición e na páxina web http://www.edu.xunta.es/fp.

– A relación das persoas integrantes das comisións de realización das probas, con detalle das funcións ou as tarefas que desempeñarán, en cada caso.

Artigo 28. Realización da proba

1. As probas de acceso aos ciclos de grao medio terán lugar o día 31 de maio de 2017 no horario que se indica deseguido:

– Ás 9.00 horas: presentación.

– Das 10.00 ás 13.00 horas: parte matemática e parte sociolingüística.

– Das 16.00 ás 18.00 horas: parte científico-técnica.

2. As persoas inscritas deberán presentar, para a realización da proba, o seu documento oficial de identidade e a copia da folla da solicitude de inscrición.

Artigo 29. Relacións provisorias e definitivas de cualificacións

1. A relación provisoria de cualificacións farase pública o día 12 de xuño.

2. Poderanse presentar reclamacións contra a listaxe provisoria desde o día 13 ata o día 16 de xuño, ambos os dous incluídos, no mesmo centro onde se realizara a inscrición.

3. A relación definitiva de cualificacións farase pública o día 23 de xuño.

Artigo 30. Emisión de certificacións

1. Todas as persoas participantes nas probas de acceso poderán solicitar as certificacións de realización da proba en calquera centro educativo público da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria con oferta de ciclos formativos de formación profesional, a partir do día 26 de xuño.

2. En caso de superación total da proba, a certificación que o acredite dará acceso a calquera ciclo formativo de grao medio, nas condicións de admisión que se establezan.

3. Ás persoas que non superen a proba na súa totalidade, esta certificación halles permitir conservaren durante os dous anos seguintes as cualificacións obtidas nas partes superadas para as convocatorias de probas de acceso a ciclos formativos de grao medio da Comunidade Autónoma de Galicia.

4. A certificación recollerá, pola súa vez, as posibles exencións outorgadas, que manterán a súa validez para futuras convocatorias, sempre que se manteña a mesma estrutura da proba de acceso.

III. Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior (ED312D)

Artigo 31. Requisitos das persoas participantes

Poderán participar na proba de acceso aos ciclos formativos de grao superior as persoas que non cumpran os requisitos académicos exixidos para acceder a eles e teñan dezanove anos ou os fagan no ano de realización da proba.

Artigo 32. Datas e lugares de inscrición

A solicitude de inscrición, segundo o modelo do anexo II, para as probas de acceso aos ciclos formativos de grao superior irá dirixida ao director ou á directora de calquera centro docente público da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que imparta ciclos formativos de formación profesional no curso académico 2016/17 (agás no CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro). O prazo de presentación estará abranguido entre os días 6 e 15 de febreiro de 2017, ambos os dous incluídos.

Artigo 33. Presentación de solicitudes e documentación

1. As solicitudes deberán presentarse en papel, no centro de inscrición, utilizando o formulario normalizado (código de procedemento ED312D) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

En caso de enviarse por correo, o envío deberá ser certificado, co selo de Correos na cabeceira da primeira folla do documento que se queira enviar, para garantir que a data de remisión sexa anterior á finalización do prazo de presentación.

2. As persoas interesadas tamén poderán cubrir a solicitude a través da aplicación dispoñible desde a páxina web http://www.edu.xunta.es/fp, que xerará a solicitude que a persoa interesada deberá imprimir e posteriormente presentar no centro de inscrición.

3. O centro de inscrición elixido pola persoa solicitante tomarase como referencia para a asignación da sede de realización da proba de acceso.

4. Ás solicitudes xuntaráselles copia do DNI ou do NIE da persoa solicitante (só en caso de denegar a consulta dos seus datos de identidade no Sistema de verificación de datos de identidade). En caso de non dispor de DNI ou de NIE será preciso achegar o pasaporte ou un documento de identificación da Unión Europea.

5. En caso de solicitar proba adaptada xustificarase de acordo co disposto no artigo 9 desta orde.

6. En caso de solicitar exención dalgunha/s parte/s da proba, xustificarase de acordo co disposto nos artigos 35, 36 e 37 desta orde, segundo o caso.

Artigo 34. Estrutura e organización da proba

A estrutura e a organización da proba están definidas no artigo 39.3 do Decreto 114/2010. Cada parte organizarase en probas de distintas materias conforme o seguinte:

a) Parte común:

– Lingua Galega.

– Lingua Castelá.

– Matemáticas.

b) Parte específica. Organizarase con base en tres opcións, A, B e C, en función das familias profesionais e os ciclos formativos aos cales posibilita o acceso, segundo se establece no anexo VII. A persoa aspirante deberá elixir unha das tres opcións no momento de formalizar a solicitude de inscrición para a proba, escollendo dúas das tres materias das cales desexe que se lle examine:

– Opción A: Economía da Empresa, Lingua Estranxeira (inglés ou francés), e Filosofía.

– Opción B: Debuxo Técnico, Tecnoloxía Industrial, e Física.

– Opción C: Ciencias da Terra e Ambientais, Química, e Bioloxía.

Artigo 35. Exencións

1. De acordo co artigo 39.4 do Decreto 114/2010, quen participe nas probas de acceso a ciclos formativos de grao superior poderá solicitar a exención total ou parcial da proba. A persoa solicitante non poderá examinarse da parte ou das partes da proba para as que se lle conceda, nesta convocatoria, a exención.

2. Poderán quedar exentas da totalidade da proba as persoas que acrediten ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos. Estas persoas han poder participar no proceso de admisión a ciclos formativos de grao superior, presentando directamente o certificado acreditativo correspondente.

3. Poderán quedar exentas dunha parte da proba as persoas que acrediten algunha das circunstancias establecidas para cada parte nos artigos 36 e 37 desta orde, así como as persoas que xa tivesen recoñecida a exención desa parte da proba e, no caso da parte específica, na mesma opción, nunha convocatoria anterior de probas de acceso a ciclos formativos de grao superior en Galicia. A solicitude de exención parcial da proba deberase indicar no momento da inscrición.

Para a xustificación das exencións previstas nas letras a), e) e f) do artigo 37 presumirase que se autoriza a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para consultar os datos de titulacións non universitarias. En caso de denegar esta consulta no anexo da solicitude, ou en caso de que se lles demande, achegarase orixinal ou copia compulsada da documentación.

Artigo 36. Exención da parte común da proba

Poderán quedar exentas da parte común da proba as persoas que acrediten algunha das seguintes circunstancias:

a) Superación da proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional non incluídos na opción pola que se presente, conforme o anexo VII desta orde. En caso de solicitar a exención por este motivo deberanse achegar os certificados de superación da proba expedidos por outras comunidades autónomas.

b) Superación dunha proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de ensinanzas deportivas ou de artes plásticas e deseño. En caso de solicitar a exención por este motivo, deberanse achegar os certificados de superación da proba expedidos por outras comunidades autónomas.

Artigo 37. Exención da parte específica da proba

Poderán quedar exentas da parte específica da proba as persoas que acrediten algunha das seguintes circunstancias:

a) Estar en posesión dun título de técnico auxiliar da Lei 14/1970, do 4 de agosto, xeral de educación e financiamento da reforma educativa. A correspondencia entre o título de técnico auxiliar e a familia profesional do Catálogo nacional de cualificacións profesionais determinará a opción da parte específica a que lle corresponderá a exención, segundo o establecido nos anexos VIII e IX desta orde.

b) Superación dun certificado de profesionalidade de nivel dous ou superior dalgunha das familias profesionais. Terá exención da opción da parte específica correspondente, segundo a relación establecida no anexo VIII desta orde. Nas familias Marítimo-Pesqueira e Imaxe e Son, aterase ao disposto no anexo IX desta orde en función da cualificación profesional incluída no certificado de profesionalidade. De publicarse novas cualificacións profesionais, a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa determinará a opción da parte específica da proba de acceso a que lle corresponde a exención. En caso de solicitar a exención por este motivo, deberá achegarse o certificado de profesionalidade.

c) Acreditación, como mínimo, do tempo equivalente a un ano de experiencia laboral a xornada completa de xeito que exista correspondencia entre as actividades profesionais desenvolvidas e as unidades de competencia dunha cualificación profesional de nivel dous ou superior do Catálogo nacional de cualificacións profesionais. As persoas interesadas deberán cumprir este requisito con anterioridade ao remate do período de inscrición para as probas.

Segundo a familia profesional a que pertenza a cualificación profesional obterase exención da parte específica da proba pola opción que corresponda no anexo VIII desta orde.

Nas familias Marítimo-Pesqueira e Imaxe e Son observarase o disposto no anexo IX desta orde en función da cualificación profesional. De publicarse novas cualificacións profesionais, a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa determinará a opción da parte específica da proba de acceso á que lle corresponde a exención.

1º. En caso de traballadores e traballadoras por conta allea, a documentación para presentar será a seguinte:

– Certificación da Tesouraría Xeral da Seguridade Social (vida laboral) ou da mutualidade laboral en que se estivese afiliado/a, onde conste a empresa e o período de contratación. En caso de persoal das Forzas Armadas, certificación de vida laboral expedida pola pagadoría do centro de destino actual, onde consten os empregos desempeñados por destino, coa especialidade militar e o período de exercicio.

– Certificación da empresa en que se adquirise a experiencia laboral, segundo o modelo do anexo X desta orde, onde se fagan constar especificamente todos os aspectos requiridos no devandito anexo para cada unha das actividades laborais desenvolvidas pola persoa interesada relacionadas coa exención que solicita.

2º. En caso de traballadores e traballadoras por conta propia, a documentación para presentar será a seguinte:

– Certificación da Tesouraría Xeral da Seguridade Social (vida laboral) onde conste o período de cotización no réxime especial de traballadores/as autónomos/as, ou o equivalente da mutualidade laboral en que se estivese afiliado/a.

– Memoria descritiva segundo o modelo do anexo X, realizada e asinada pola persoa interesada, onde se fagan constar especificamente todos os aspectos requiridos no devandito anexo para cada unha das actividades laborais desenvolvidas pola persoa interesada relacionadas coa exención que solicita.

d) As persoas que teñan a condición de deportistas de alto nivel ou de alto rendemento poderán solicitar a exención da parte específica da proba en caso de escoller a opción C, consonte o establecido no artigo 9.3.a) do Real decreto 971/2007, do 13 de xullo, sobre deportistas de alto nivel e alto rendemento, e no artigo 36.1.f) da Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia. Presumirase concedida a autorización á Administración para consultar os datos das persoas que teñan a condición de deportistas de alto nivel. En caso de denegar a devandita consulta, e mais no caso das persoas que posúan a condición de deportista de alto rendemento, cumprirá que acheguen coa solicitude unha certificación da resolución de deportista de alto nivel ou de alto rendemento do organismo correspondente.

e) As persoas que posúan un título de técnico deportivo poderán solicitar a exención da parte específica da proba en caso de escolleren a opción C.

f) As persoas que posúan un título de técnico de artes plásticas e deseño poderán solicitar a exención da parte específica da proba en caso de escolleren a opción B.

Artigo 38. Relacións provisorias e definitivas de persoas admitidas e excluídas para as probas

1. A relación provisoria de persoas admitidas e excluídas para a realización da proba farase pública o día 3 de marzo. Esta listaxe dará información sobre a solicitude e a documentación presentada. No caso das exclusións farase indicación expresa dos motivos que as ocasionen.

2. Poderanse presentar reclamacións contra a listaxe provisoria desde o día 6 ao 9 de marzo, ambos os dous incluídos, no mesmo centro onde se realizara a inscrición. Así mesmo, durante o período de reclamación poderase achegar a documentación pendente de entrega ou reclamada pola Administración referente ao solicitado na folla de inscrición.

3. A relación definitiva de persoas admitidas e excluídas para a realización da proba farase pública o día 22 de marzo.

Artigo 39. Resolución das solicitudes de exención e de proba adaptada

1. A resolución provisoria de exencións e de probas adaptadas farase pública o día 3 de marzo. En caso de resolución denegatoria, figurará na listaxe a causa da denegación.

2. Contra estas resolucións provisorias as persoas interesadas poderán presentar reclamación desde o día 6 ao 9 de marzo, ambos os dous incluídos, ante o presidente ou a presidenta do tribunal avaliador das probas, no centro onde se realizara a inscrición. As secretarías dos centros tramitarán as reclamacións a través da aplicación informática.

3. A resolución definitiva de exencións e de probas adaptadas farase pública o día 22 de marzo. En caso de resolución denegatoria, figurará na listaxe a causa da denegación.

Artigo 40. Comisións de realización das probas de acceso

De acordo co establecido no artigo 4, con anterioridade ao 13 de marzo cada xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria comunicará por escrito á Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa o seguinte:

– O nome do inspector ou a inspectora responsable provincial das probas de acceso.

– A relación de centros públicos onde se vaian constituír as comisións de realización das probas, así como os centros adscritos. O día 22 de marzo farase pública esta listaxe en cada centro onde se realice a inscrición e na páxina web http://www.edu.xunta.es/fp.

– A relación das persoas integrantes das comisións de realización das probas, con detalle das funcións ou as tarefas que desempeñarán, en cada caso.

Artigo 41. Realización da proba

A estrutura e a organización da proba están definidas no artigo 39.3 do Decreto 114/2010.

1. As probas de acceso aos ciclos de grao superior terán lugar o día 20 de abril de 2017 no horario que se indica deseguido:

– Ás 9.00 horas: presentación.

– Das 10.00 ás 13.30 horas: parte común da proba (Matemáticas, Lingua Galega e Lingua Castelá).

– Das 16.00 ás 18.30 horas: parte específica da proba (materias específicas da opción vinculada ao ciclo formativo ao que se desexe acceder, segundo o anexo VII desta resolución).

2. As persoas inscritas deberán presentar, para a realización da proba, o seu documento oficial de identidade e a copia da folla da solicitude de inscrición.

Artigo 42. Relacións provisorias e definitivas de cualificacións

1. A relación provisoria de cualificacións farase pública o día 5 de maio.

2. Poderanse presentar reclamacións contra a listaxe provisoria desde o día 8 ata o 10 de maio, ambos os dous incluídos, no mesmo centro onde se realizase a inscrición.

3. A relación definitiva de cualificacións farase pública o día 2 de xuño.

Artigo 43. Emisión de certificacións

1. Todas as persoas participantes nas probas de acceso poderán solicitar as certificacións de realización da proba en calquera centro educativo público da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria con oferta de ciclos formativos de formación profesional a partir do día 5 de xuño.

2. En caso de superación da totalidade da proba e en función da opción elixida, de acordo co anexo VII desta orde, a devandita certificación incluirá a relación de familias profesionais e, de ser o caso, ciclos formativos nos que se posibilitará o acceso a ciclos formativos de grao superior, nas condicións de admisión que se establezan.

3. Ás persoas que non superen a proba na súa totalidade, esta certificación permitiralles conservar durante os dous anos seguintes as cualificacións obtidas nas partes superadas para as convocatorias de probas de acceso a ciclos formativos de grao superior da Comunidade Autónoma de Galicia.

4. A certificación deberá recoller, pola súa vez, as posibles exencións outorgadas, que manterán a súa validez para futuras convocatorias, sempre que se manteña a mesma estrutura da proba de acceso.

IV. Disposicións

Disposición transitoria única

Para as persoas que superasen un programa de cualificación profesional inicial e realizasen o curso de preparación da proba de acceso a que fai referencia o artigo 41.5 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, no cálculo final da nota da proba de acceso a ciclos formativos de grao medio engadiráselles á media aritmética a puntuación resultante de multiplicar polo coeficiente 0,15 a cualificación obtida no devandito curso. Deberase solicitar e achegar a acreditación do curso de preparación á solicitude de inscrición nas probas de acceso.

Disposición adicional primeira. Certificados de superación das probas por resolución administrativa

As persoas que nas convocatorias de 2015, 2016 e 2017 superasen algunha das partes da proba de acceso de grao medio ou grao superior na Comunidade Autónoma de Galicia e estean en condicións, logo de rematado o proceso, de acreditar nas partes non superadas algunha das causas de exención previstas nesta orde, poderán solicitar certificación de superación da proba en calquera instituto de educación secundaria onde se impartan ciclos formativos de formación profesional ou nos centros integrados de formación profesional.

Tamén o poderán solicitar as persoas que, aínda que non teñan partes superadas, estean en condicións de ter a exención de todas as partes da proba de acceso de grao medio ou grao superior.

A emisión destes certificados poderase realizar en calquera centro docente público da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que imparta ciclos formativos de formación profesional no curso académico 2016/17.

A solicitude realizarase nos modelos do anexo I ou II, segundo corresponda, dirixida ao director ou á directora do centro, a partir da data en que se emitan os certificados da correspondente convocatoria ordinaria e ata o 30 de setembro de 2017.

Disposición adicional segunda. Vixencia das certificacións de superación das probas de acceso

1. A certificación de ter superada a proba de acceso a ciclos formativos de grao medio, consonte o establecido na Orde do 1 de abril de 2002 pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de formación profesional específica, ha ter os mesmos efectos que a certificación da superación da proba de acceso a ciclos formativos de grao medio regulada nesta orde.

2. A certificación de ter superada a proba de acceso a un determinado ciclo formativo de grao superior, consonte a citada Orde do 1 de abril de 2002, manterá a súa vixencia ata a extinción do título correspondente establecido pola Lei orgánica 1/1990, de ordenación xeral do sistema educativo.

Logo de extinguido o título establecido pola Lei orgánica 1/1990, de ordenación xeral do sistema educativo, a devandita certificación ha permitir o acceso aos ciclos formativos declarados equivalentes para os efectos académicos, ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, segundo se estableza no correspondente real decreto do título.

3. As certificacións de realización de probas de acceso emitidas ao abeiro da Orde do 2 de decembro de 2008 pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de formación profesional do sistema educativo continuarán vixentes nos termos en que foron emitidas.

Disposición adicional terceira. Vixencia das resolucións de exencións da parte específica da proba de grao superior

Quen dispoña de resolución positiva de exención da parte específica da proba de grao superior, ao abeiro da Orde do 1 de abril de 2002 pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de formación profesional específica, modificada pola Orde do 30 de xaneiro de 2007, poderaa presentar en futuras convocatorias mantendo a súa validez sempre que a opción elixida, A, B ou C, inclúa o ciclo para o que se concedese a devandita exención.

Disposición adicional cuarta. Corrección do documento oficial de identidade

De se detectaren erros no número do documento de identificación (DNI, NIE, pasaporte ou documento de identidade dun Estado da Unión Europea), poderase solicitar a súa corrección en calquera momento a través dunha reclamación presentada na secretaría do centro de inscrición. A esta solicitude deberáselle xuntar unha fotocopia do documento de identificación, e deberá estar asinada polo director ou a directora do centro, que o comunicarán por vía de urxencia á Subdirección Xeral de Formación Profesional.

Disposición adicional quinta. Arquivamento e destrución das probas

A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa será a encargada do arquivamento dos exames durante un mínimo de tres meses tras a súa finalización. Transcorrido este período poderá procederse á destrución das probas das que non se formule reclamación. No caso dos exames reclamados, a documentación conservarase durante un período de cinco anos.

Disposición adicional sexta. Efectos económicos do tribunal e das comisións de realización de probas

Para os efectos previstos no artigo 26 do Decreto 144/2001, do 7 de xuño, o tribunal e as comisións de realización de probas consideraranse incluídos na categoría terceira.

Disposición adicional sétima. Tramitación de información

Os centros de inscrición e os de realización das probas tramitarán a información e a documentación referente ao alumnado participante a través da aplicación informática facilitada pola Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, ou por calquera outro medio que esta determine.

Disposición derradeira primeira

Autorízase a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para ditar as instrucións necesarias para o desenvolvemento e a aplicación do previsto nesta orde.

Disposición derradeira segunda

Esta orde entrará en vigor o día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2016

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO III
Acta de cualificación provisoria/definitiva das probas de acceso
a ciclos formativos de grao medio

Convocatoria: ordinaria/extraordinaria.

Data de realización da proba (día/mes/ano).

Comisión de realización da proba:

…………………………………………………………………………......…

Nº de orde

DNI

APELIDOS E NOME

Nota SL

Nota MA

Nota CT

Nota CP

NF

Nota SL: nota da parte sociolingüística Nota MA: nota da parte matemática Nota CT: nota da parte científico-técnica

NF: nota final E: exento/a NP: non presentado/a

Nota CP: nota do curso de preparación das probas de acceso (consonte o establecido na disposición transitoria única desta orde).

Visto e prace

O/a presidente/a O/a secretario/a

Asdo.: Asdo.:

..............................................., .... de ............... de ......

ANEXO IV
Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio de formación profesional

Certificado de realización das probas de acceso na convocatoria ordinaria/extraordinaria

A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa da Xunta de Galicia

CERTIFICA

Que don/dona ……………………………………………………… con DNI……………., segundo consta na acta de cualificación definitiva das probas de acceso a ciclos formativos de grao medio celebradas o ................. (día/mes/ano) ao abeiro da Orde do ...... de ……de 2016, obtivo as seguintes cualificacións:

Parte sociolingüística

Parte matemática

Parte científico-técnica

Nota curso preparación

Nota final

(en caso de cualificación final igual ou superior a 5)

Este resultado permítelle cursar calquera ciclo formativo de grao medio.

(en caso de cualificación final igual a “non apto/a”)

A cualificación obtida na parte superada ten validez durante os dous anos seguintes nas probas de acceso a ciclos formativos de grao medio convocadas pola Administración educativa da Comunidade Autónoma de Galicia.

A exención dalgunha das partes terá validez en futuras convocatorias nas probas de acceso a ciclos formativos de grao medio convocadas pola Administración educativa da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, ..… de …………… de ………

ANEXO V
Acta de cualificación provisional/definitiva das probas de acceso a ciclos formativos de grao superior

Convocatoria: ordinaria/extraordinaria.

Data de realización da proba (día/mes/ano).

Comisión de realización da proba:

……………………………………………………………………………………

Nº de orde

DNI

APELIDOS E NOME

Nota PC

Nota PE

NF

Nota PC: nota da parte común. Nota PE: nota da parte específica. NF: nota final. E: exento/a. NP: non presentado/a.

Visto e prace

O/a presidente/a: O/a secretario/a

Selo do centro

Asdo.: Asdo.:

........................................, .......... de ................... de ..............

ANEXO VI
PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO SUPERIOR DE FORMACIÓN PROFESIONAL

Certificado de realización das probas de acceso na convocatoria ordinaria/extraordinaria

A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa da Xunta de Galicia

CERTIFICA

Que don/dona …………………………………………………….…… con DNI………………., segundo consta na acta de cualificación definitiva das probas de acceso a ciclos formativos de grao superior celebradas o ........ (día/mes/ano) ao abeiro da Orde do ...... de ….. de 2016, obtivo as seguintes cualificacións:

Parte común

Parte específica

Opción ........

FINAL

(en caso de cualificación final igual ou superior a 5)

Este resultado permítelle cursar calquera ciclo formativo de grao medio e os ciclos formativos de grao superior das familias profesionais que se indican a seguir:

1.____________________________________________________________________________________

2.____________________________________________________________________________________

3.____________________________________________________________________________________

4.____________________________________________________________________________________

5.____________________________________________________________________________________

(en caso de cualificación final igual a “non apto/a”)

A cualificación obtida na parte superada ten validez durante os dous anos seguintes nas probas de acceso a ciclos formativos de grao superior convocadas pola Administración educativa da Comunidade Autónoma de Galicia.

A exención dalgunha das partes terá validez en futuras convocatorias nas probas de acceso a ciclos formativos de grao superior convocadas pola Administración educativa da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, ..… de …………… de ………

ANEXO VII
Familias profesionais e ciclos formativos aos cales se pode acceder segundo a opción da parte específica da proba de acceso a ciclos formativos de grao superior

Proba de acceso superada

Familias profesionais e ciclos formativos aos que dá acceso

OPCIÓN A

Administración e Xestión

Comercio e Márketing

Hostalaría e Turismo

Servizos Socioculturais e á Comunidade

Ciclo superior de Produción de Audiovisuais e Espectáculos (da familia profesional Imaxe e Son)

OPCIÓN B

Artes Gráficas

Edificación e Obra Civil

Electricidade e Electrónica

Enerxía e Auga

Fabricación Mecánica

Industrias Extractivas

Informática e Comunicacións

Instalación e Mantemento

Imaxe e Son (agás o ciclo superior de Produción de Audiovisuais e Espectáculos)

Madeira, Moble e Cortiza

Marítimo-pesqueira (agás o ciclo superior de Acuicultura)

Transporte e Mantemento de Vehículos

Téxtil, Confección e Pel

Vidro e Cerámica

OPCIÓN C

Agraria

Actividades Físicas e Deportivas

Imaxe Persoal

Industrias Alimentarias

Ciclo superior de Acuicultura (da familia profesional Marítimo-Pesqueira)

Química

Seguridade e Ambiente

Sanidade

ANEXO VIII
Exención da parte específica da proba de acceso a ciclos formativos de grao superior segundo a familia profesional na que se acredite unha cualificación profesional de nivel dous ou superior

FAMILIAS PROFESIONAIS

EXENCIÓN DA PARTE

ESPECÍFICA DA PROBA

Actividades Físicas e Deportivas

Opción C

Administración e Xestión

Opción A

Agraria

Opción C

Artes Gráficas

Opción B

Comercio e Márketing

Opción A

Edificación e Obra Civil

Opción B

Electricidade e Electrónica

Opción B

Enerxía e Auga

Opción B

Fabricación Mecánica

Opción B

Hostalaría e Turismo

Opción A

Imaxe Persoal

Opción C

Industrias Alimentarias

Opción C

Industrias Extractivas

Opción B

Informática e Comunicacións

Opción B

Instalación e Mantemento

Opción B

Madeira, Moble e Cortiza

Opción B

Química

Opción C

Sanidade

Opción C

Seguridade e Ambiente

Opción C

Servizos Socioculturais e á Comunidade

Opción A

Téxtil, Confección e Pel

Opción B

Transporte e Mantemento de Vehículos

Opción B

Vidro e Cerámica

Opción B

ANEXO IX
Exención da parte específica da proba de acceso a ciclos formativos de grao superior segundo as cualificacións profesionais de nivel dous ou superior que se acrediten

FAMILIAS PROFESIONAIS

CUALIFICACIÓNS PROFESIONAIS

EXENCIÓN DA PARTE

ESPECÍFICA DA PROBA

Imaxe e Son

IMS074_3 Asistencia á produción en televisión.

IMS221_3 Asistencia á produción cinematográfica e de obras audiovisuais.

IMS437_3 Asistencia á produción de espectáculos en vivo e eventos.

Opción A

IMS434_2 Animación musical e visual en vivo e en directo.

IMS435_2 Operacións de produción de laboratorio de imaxe.

IMS436_2 Operacións de son.

IMS075_3 Luminotecnia para o espectáculo en vivo.

IMS076_3 Animación 2D e 3D.

IMS077_3 Asistencia á realización en televisión.

IMS220_3 Asistencia á dirección cinematográfica e de obras audiovisuais.

IMS294_3 Cámara de cine, vídeo e televisión.

IMS295_3 Desenvolvemento de produtos audiovisuais multimedia interactivos.

IMS296_3 Montaxe e posprodución de audiovisuais.

IMS438_3 Desenvolvemento de proxectos e control de son en audiovisuais, radio e industria discográfica.

IMS439_3 Desenvolvemento de proxectos e control de son en vivo e en instalacións fixas.

IMS440_3 Produción en laboratorio de imaxe.

IMS441_3 Produción fotográfica.

IMS442_3 Rexedoría de espectáculos en vivo e eventos.

Opción B

Marítimo-Pesqueira

MAP005_2 Confección e mantemento de artes e aparellos.

MAP006_2 Manipulación e conservación en pesca e acuicultura.

MAP009_2 Operacións en instalacións e plantas hiperbáricas.

MAP010_2 Operacións subacuáticas de reparación en flotación e reflotamento.

MAP011_2 Operacións subacuáticas de obra hidráulica e voadura.

MAP170_2 Operacións en transporte marítimo e pesca de baixura.

MAP171_2 Navegación en augas interiores e próximas á costa.

MAP231_2 Pesca local.

MAP495_2 Mantemento de instalacións en acuicultura.

MAP496_2 Operacións subacuáticas de salvamento e rescate.

MAP573_2 Mantemento dos equipamentos dun parque de pesca e da instalación frigorífica.

MAP574_2 Operacións de bombeo para carga e descarga en buques.

MAP575_2 Operacións de coordinación en cuberta e parque de pesca.

MAP591_2 Navegación e pesca marítima.

MAP592_2 Operacións de control do funcionamento e mantemento da planta propulsora, máquinas e equipamentos auxiliares do buque.

MAP593_2 Operacións portuarias de carga, estiba, descarga, desestiba e transbordo.

MAP619_2 Goberno de embarcacións e motos náuticas destinadas ao socorrismo acuático.

MAP234_3 Navegación, transporte marítimo e actividades pesqueiras.

MAP497_3 Inspección, localización e ensaios non destrutivos en ambientes hiperbáricos.

MAP498_3 Intervencións subacuáticas no patrimonio natural e cultural somerxido.

MAP499_3 Supervisión de operacións en complexos e sistemas hiperbáricos.

MAP576_3 Documentación pesqueira.

MAP577_3 Observación da actividade e control das capturas dun buque pesqueiro.

MAP594_3 Control do funcionamento e supervisión do mantemento da planta propulsora, máquinas e equipamentos auxiliares do buque.

Opción B

MAP007_2 Produción de alimento vivo.

MAP008_2 Engorda de peixes, crustáceos e cefalópodos.

MAP100_2 Engorda de moluscos bivalvos.

MAP101_2 Produción en criadeiro de acuicultura.

MAP102_3 Organización de lonxas.

MAP232_3 Xestión da produción de criadeiro en acuicultura.

MAP233_3 Xestión da produción de engorda en acuicultura.

Opción C

ANEXO X
Modelo de certificación de actividades desenvolvidas na empresa

DATOS DA EMPRESA (débese xuntar unha certificación acreditativa por cada empresa onde se desenvolvese a actividade)

NOME

ACTIVIDADE ECONÓMICA

NIF

RAZÓN SOCIAL

E, NA SÚA REPRESENTACIÓN,

NOME

PRIMEIRO APELIDO

SEGUNDO APELIDO

DNI/NIE/Pasaporte

CARGO

DATOS DO TRABALLADOR OU DA TRABALLADORA

NOME

PRIMEIRO APELIDO

SEGUNDO APELIDO

DNI/NIE/Pasaporte

ACTIVIDADE Nº: □

(Débense entregar tantos impresos como actividades diferentes se desenvolvesen na empresa, numeradas correlativamente)

1. Descrición da actividade e das tarefas desenvolvidas:

Porcentaxe da xornada anual dedicada a esta actividade:

2. Máquinas, equipamentos e ferramentas empregados, e grao de destreza no seu manexo:

3. Materiais utilizados para o traballo:

4. Información manexada (planos, esquemas, información telemática, instrucións diarias, etc.):

SINATURA DA PERSOA REPRESENTANTE DA EMPRESA

E para que conste e teña efectos onde proceda, por instancia da persoa interesada expido esta certificación:

(Sinatura e selo da empresa)

Lugar e data

,

de

de