Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 5 de xaneiro de 2017 Páx. 784

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 2 de xaneiro de 2017 pola que se anuncia a licitación, suxeita a regulación harmonizada, documentalmente simplificada, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria e anticipada de gasto, da subministración e posta en marcha dun sistema de identificación mediante RFID en bibliotecas dependentes da Xunta de Galicia, cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (expediente 2017/PA/0010).

missing image file

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.

c) Número de expediente: 2017/PA/0010.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: é obxecto desta contratación a subministración, instalación e posta en marcha dun sistema de control e identificación de fondos (libros, revistas, vídeos, DVD, CD, etc.) mediante tecnoloxía de identificación por radiofrencuencia (RFID) nas seguintes bibliotecas públicas de Galicia, dependentes da Xunta de Galicia:

Biblioteca pública da Coruña Miguel González Garcés.

Biblioteca pública de Pontevedra Antonio Odriozola.

Biblioteca pública de Vigo Juan Compañel.

b) División por lotes e número: non.

c) Prazo e lugar de entrega: o prazo de execución do presente contrato será de 8 meses contados a partir da data de formalización, segundo as fases de execución establecidas no número 7 do prego de prescricións técnicas (PPT), e sen prexuízo da realización das actuacións derivadas da entrega, que se estenderán durante o prazo de garantía.

Lugar de entrega: a entrega efectuarase no lugar indicado polo órgano de contratación.

d) Admisión de prórroga: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria, anticipada de gasto e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto, harmonizado.

4. Orzamento de licitación: o orzamento máximo autorizado é de 337.780,00 €, máis 70.933,80 € correspondentes ao IVE (21 %), o que supón un orzamento total do expediente de gasto de 408.713,80 €.

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención da documentación e da información.

a) Entidade: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Enderezo: Monte Gaiás, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Teléfono: 981 54 52 86.

e) Fax: 981 54 52 74.

f) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=94019

g) Data límite de obtención de documentos e da información: ata o último día de presentación das proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia e clasificación: véxase o punto N) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión de proposicións rematará o día 13 de febreiro de 2017, de acordo co establecido no artigo 159 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

b) Documentación que deberá presentarse: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Entidade: Rexistro da Amtega.

2º. Enderezo: Edificio Cinc, Monte Gaiás, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

Cando a proposición se envíe por correo, deberá cumprirse o establecido no número 11 das disposicións xerais do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

O lugar, día e hora de apertura da documentación relativa aos sobres B e C indicaranse no perfil do contratante.

10. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación: os sinalados na epígrafe K da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

12. Data de envío do anuncio de licitación ao DOUE: 2 de xaneiro de 2017.

Santiago de Compostela, 2 de xaneiro de 2017

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia