Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 5 de xaneiro de 2017 Páx. 756

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

EDICTO do 13 de decembro de 2016, da Xefatura Territorial de Vigo, de requirimentos de documentación preceptiva nos procedementos BS650G e un máis.

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial ao abeiro da disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e en virtude do disposto nos artigos 59.5, 61 e 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ao seren devoltas polo servizo de Correos os requirimentos de documentación enviados no seu día, notifícase ás persoas que se relacionan no anexo para que no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da data de publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado (BOE), comparezan en persoa ou debidamente representadas no Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social de Vigo, rúa Concepción Arenal, nº 8, 1º andar, en horario de mañá entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer o texto íntegro do requirimento de documentación e advertíndolles que, de non facelo, se terán por desistidos logo da resolución ditada ao abeiro da disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, e en virtude do disposto nos artigos 42 e 71.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Vigo, 13 de decembro de 2016

Marta Iglesias Bueno
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Procedemento BS650G:

Apelidos e nome

DNI/NIE

Núm. de expediente

Data requirimento documentación

Cudeiro Veiras, Emilia Josefa

34445772Y

3600366-X/16

30.6.2016

Hermida Gómez, Ramón

34438715X

3600369-X/16

30.6.2016

Procedemento BS650A:

Apelidos e nome

DNI/NIE

Núm. de expediente

Data requirimento documentación

Montoya Montoya, Fernando

09373535T

3600680-I/15

12.7.2016