Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 11 de xaneiro de 2017 Páx. 1573

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 3 de xaneiro de 2017 pola que se someten a información pública o anteproxecto e o estudo de impacto ambiental para o proxecto da dragaxe da canle de acceso ao porto de Pontevedra no río Lérez, situado no concello de Pontevedra, promovido por esta entidade, dependente da Consellería do Mar.

Para os efectos previstos no Real decreto lexislativo 1/2008, do 11 de xaneiro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de avaliación de impacto ambiental de proxectos (BOE núm. 23, do 26 de xaneiro), faise público que, por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, quedarán expostos en horas de atención ao público o anteproxecto e o estudo de impacto ambiental do proxecto referido no encabezamento, co fin de que calquera interesado poida consultalo e, se é o caso, formular nese prazo as alegacións, suxestións e/ou observacións que considere convenientes.

A documentación que se expón é:

• Estudo de impacto ambiental para o proxecto de dragaxe da canle de acceso ao porto de Pontevedra no río Lérez (Pontevedra).

• Anteproxecto de dragaxe da canle de acceso ao porto de Pontevedra no río Lérez (Pontevedra).

Para iso poranse á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, exemplares da citada documentación nas seguintes dependencias:

• Portos de Galicia. Área de Infraestruturas, Medio Ambiente e Seguridade (pza. Europa, 5, A-6º, 15707 Santiago de Compostela).

• Portos de Galicia. Zona Sur (rúa Víctor Said Armesto, 1, plantas 1ª e 2ª, 36001 Pontevedra).

• Servidor web da entidade pública Portos de Galicia, na seguinte ligazón:

http://www.portosdegalicia.es/gl/documentacion/pregos-e-documentos.html

Santiago de Compostela, 3 de xaneiro de 2017

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia