Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 11 de xaneiro de 2017 Páx. 1305

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 2 de xaneiro de 2017, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, convocado pola Orde do 18 de maio de 2015 (Diario Oficial de Galicia número 95, do 22 de maio), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do cuarto exercicio da oposición.

Na sesión que tivo lugar o día 2 de xaneiro de 2017, o tribunal nomeado pola Orde do 11 de abril de 2016 (DOG número 72, do 15 de abril) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, adoptou os seguintes acordos:

De acordo co establecido na base II.1.1.4 da orde da convocatoria, convócase a Raquel Carro Espada, con DNI 46901012X, que non acreditou en prazo posuír o Celga 4 ou o equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (publicada no DOG número 146, do 30 de xullo), para a realización do cuarto exercicio do proceso selectivo que terá lugar na sala E do Edificio Administrativo San Caetano, en Santiago de Compostela, o día 19 de xaneiro de 2017, en chamamento único que se iniciará ás 16.00 horas.

A aspirante deberá ir provista de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, e de bolígrafo de tinta azul.

Non se permitirá o acceso ao recinto onde se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro instrumento de que se poida valer a aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará no recinto ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 2 de xaneiro de 2017

Pablo Leis Mol
Presidente do tribunal