Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 11 de xaneiro de 2017 Páx. 1531

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 2016 pola que se fai pública a formalización do contrato de servizos de redacción do proxecto básico e de execución (PBE) e a dirección de obra (DO) para a conservación e posta en valor no conxunto monumental do mosteiro de Santa María a Real de Oseira, igrexa e espazos de uso público, no concello de San Cristovo de Cea, cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (80 %), no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, eixe 6, prioridade de investimento 6.3, obxectivo específico 6.3.1, mediante contratación documentalmente simplificada.

missing image file

De acordo co previsto no artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=51200

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 140, do 26 de xullo de 2016.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos, non suxeito a regulación harmonizada.

b) Descrición: redacción do proxecto básico e de execución (PBE) e a dirección de obra (DO) para a conservación e posta en valor no conxunto monumental do mosteiro de Santa María a Real de Oseira: igrexa e espazos de uso público, no concello de San Cristovo de Cea (Ourense), cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (80 %), no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, eixe 6, prioridade de investimento 6.3, obxectivo específico 6.3.1.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria, con pluralidade de criterios.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación: 51.480,00 €, IVE excluído.

5. Formalización do contrato.

a) Data da adxudicación: 16 de decembro de 2016.

b) Data da formalización do contrato: 22 de decembro de 2016.

c) Contratista: César Portela, S.L.P.

d) Importe de adxudicación: 40.154,40 €, IVE excluído.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, logo da aplicación dos criterios de adxudicación que se establecen no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2016

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
P.D. (Orde do 25.1.2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación
e Ordenación Universitaria