Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 13 de xaneiro de 2017 Páx. 1974

IV. Oposicións e concursos

Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde

RESOLUCIÓN do 9 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Resolución do 27 de decembro de 2016 pola que se convoca proceso selectivo para a provisión, mediante contrato laboral temporal, de dúas prazas de titulado/a superior para a Unidade de Desenvolvemento e Innovación Sanitaria.

Advertido erro na Resolución do 27 de decembro de 2016, publicada no Diario Oficial de Galicia número 5, do 9 de xaneiro de 2017, é necesario facer a seguinte corrección:

No anexo I, punto 2.1.3. Titulación académica, Necesidades de formación do xestor de proxecto de investigación, na páxina 959, onde di: «Estar en posesión da titulación de grao (ou licenciado) nalgunha das seguintes titulacións: Economía, Dereito, Ciencias Políticas, Administración e Dirección de Empresas, Ciencias Químicas, Farmacia ou Medicina», debe dicir: «Estar en posesión da titulación de grao (ou licenciado) nalgunha das seguintes titulacións: Economía, Dereito, Ciencias Políticas, Administración e Dirección de Empresas, Ciencias Químicas, Farmacia, Ciencias Biolóxicas ou Medicina».

A publicación da presente resolución modifica o prazo de presentación de solicitudes sinalado na base terceira do anexo I da citada Resolución do 27 de decembro de 2016, ampliándoo a 15 días hábiles contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 2017

Sonia Martínez Arca
Xerente da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde