Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 18 de xaneiro de 2017 Páx. 2754

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 19 de decembro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se publica o outorgamento da concesión directa de explotación Begoña número 7126.

A Xefatura Territorial da Coruña, fai saber que por Resolución do 2 de decembro de 2016 da Consellería de Economía, Emprego e Industria, outorgouse a concesión directa de explotación Begoña número 7126 de 4 cuadrículas mineiras, para recursos mineiros da sección C), serpentina, no concello de San Sadurniño, provincia da Coruña, por un período de trinta anos.

O que se fai público, para o xeral coñecemento e cumprimento do artigo 27 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia.

A Coruña, 19 de decembro de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña