O artigo 11.1 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (DOG núm. 136, do 14 de xuño), impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.
En consecuencia, e para lle dar cumprimento a esa obriga,
DISPOÑO:
Artigo único. Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Secretaría Xeral da Emigración nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2016 que se incorpora como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 2017
Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración
ANEXO
Nome |
Obxecto |
Importe |
Data da Sinatura |
Convenio de colaboración coa Sociedade Espanhola de Beneficencia-Hospital Español de Río de Janeiro (Brasil) |
Promover e preservar os servizos de atención sociosanitaria ás persoas de orixe galega e aos seus descendentes residentes en Río de Janeiro |
50.000,00 € |
15.11.2016 |