Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 20 de xaneiro de 2017 Páx. 3349

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 12 de decembro de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, polo que se notifica a resolución ditada no recurso de alzada RA/DC/2014/0022, en materia de establecementos públicos.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ao titular do establecemento que se especifica no anexo a resolución do recurso de alzada que se relaciona, interposto contra a resolución recaída no expediente sancionador AC-EP 101/2014 tramitado na provincia da Coruña por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación por correo certificado.

Para coñecer o contido íntegro da resolución que se sinala no anexo a este anuncio o interesado poderá comparecer no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Servizo Técnico-Xurídico da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, situadas nos edificios administrativos de San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Este anuncio publícase para que conste e lle sirva de notificación ao interesado en cumprimento do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Así mesmo, ponse en coñecemento do interesado que a resolución relacionada no anexo esgota a vía administrativa e poderá interpor recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo correspondente no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, e sen prexuízo de que poida presentar calquera outro recurso que xulgue conveniente.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2016

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza

ANEXO

Nº expediente

Recorrente

Enderezo

Establecemento

Acto notificado

Sentido do acto notificado

AC-EP 101/2014

Vicente Guerreiro Rodríguez

Avda. de Vilalba, 4, 3º D

15320 As Pontes de García Rodríguez (A Coruña)

Palique

Resolución do recurso de alzada

Desestimatorio