Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 20 de xaneiro de 2017 Páx. 3355

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 30 de novembro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Santiago de Compostela (expediente IN407A 2016/2043-1).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Construcciones y Viales Kúpula, S.L.

Domicilio social: rúa da Xesta, 75 C, nave 71, 15895 Ames.

Denominación: proxecto LMT, CS e CT de 1.250 kVA edificio de vivendas, locales comerciais e garaxes.

Situación: rúa do Restollal, 32, Santiago de Compostela.

Características técnicas:

Liña de media tensión soterrada, con inicio na liña de distribución SNT804, entre os centros de transformación 15CJT3 Parquesar 2 e 15CLP7 CS Hipercor, condutor RHZ1 2OL 12/20 kV 3(1×240 mm2), lonxitude 3 m Al, e remate no CS proxectado.

Centro de seccionamento en edificio de obra civil soterrado compartido con de CT. Celas prefabricadas de entrada, saída e derivación con interruptores-seccionadores (24 kV, 400 A, 16 kA).

Centro de transformación anexo ao CS, con celas prefabricadas de seccionamento, protección e medida (24 kV, 400 A, 16 kA) e un transformador de 1.250 kVA, refrixeración natural seco e relación 20 kV/420 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e/ou presentar as súas alegacións neste xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 1º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte ao da publicación, artigos 48 e 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

A Coruña, 30 de novembro de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña