Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 25 de xaneiro de 2017 Páx. 3888

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 17 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 28 de novembro de 2013 sobre selección e nomeamento de interinos para cubrir postos de funcionarios dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza en Galicia.

Advertidos erros na orde publicada no Diario Oficial de Galicia número 13, do 19 de xaneiro de 2017, cómpre facer as seguintes correccións:

Na páxina 2916, elimínase o punto catro.

Na páxina 2916, onde di: «Cinco. Engádese a disposición transitoria segunda, que queda redactada do seguinte modo: «Disposición transitoria segunda...», debe dicir: «Catro. Engádese a disposición transitoria terceira, que queda redactada do seguinte modo: «Disposición transitoria terceira…».