Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 25 de xaneiro de 2017 Páx. 3837

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 20 de xaneiro de 2017 pola que se dá publicidade ao acordo que aproba as bases reguladoras das axudas para a execución de accións de promoción exterior conxunta das empresas galegas (Galicia Exporta Organismos Intermedios), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva.

O Consello de Dirección do Igape, na súa xuntanza do 22 de decembro de 2016, acordou por unanimidade dos membros asistentes aprobar as bases reguladoras das axudas do Igape para a execución de accións de promoción exterior conxunta das empresas galegas (Galicia Exporta Organismos Intermedios), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e facultou o director xeral para a súa convocatoria, aprobación dos créditos e publicación no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude, e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Primeiro. Publicar as bases reguladoras das axudas do Igape para a execución de accións de promoción exterior conxunta das empresas galegas (Galicia Exporta Organismos Intermedios) e convocar para o exercicio 2017 as ditas axudas en réxime de concorrencia competitiva.

Estas axudas están cofinanciadas no 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 e, en particular:

Obxectivo temático 03: mellorar a competitividade das pemes, do sector agrícola (no caso do Feader) e do sector da pesca e a acuicultura (no caso do FEMP).

Prioridade de investimento 03.04: apoio á capacidade das pemes para crecer nos mercados rexionais, nacionais e internacionais e nos procesos de innovación.

Obxectivo específico 03.04.03: promover a internacionalización das pemes.

Campo de intervención: 066: servizos de axuda avanzados para pemes e grupos de pemes.

Liña de actuación 15: promoción da cultura de internacionalización, presenza nos mercados exteriores, estratexia de posicionamento internacional de Galicia, aliñación coa axenda estratéxica Horizonte 2020 da UE.

Segundo. Esta convocatoria tramítase ao abeiro do artigo 25.1.a) do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, como expediente anticipado de gasto, para o que existe crédito suficiente previsto no proxecto de orzamentos da comunidade autónoma para o exercicio 2017. Na súa virtude, a concesión das subvencións condiciónase á existencia de crédito adecuado e suficiente no momento da resolución da concesión.

Terceiro. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. Créditos

Os créditos dispoñibles para concesións nesta convocatoria aboaranse con cargo á seguinte aplicación orzamentaria e polos seguintes importes:

Partida orzamentaria

Ano 2017

Ano 2018

09.A1.741A.7814

200.000,00 euros

1.300.000,00 euros

O director xeral do Igape poderá ampliar os créditos logo da declaración de dispoñibilidade dos créditos nos termos referidos no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, mediante resolución publicada para o efecto.

Quinto. Prazos de duración do procedemento, de execución do plan de internacionalización e para solicitar o cobramento:

O prazo máximo para resolver e publicar a resolución será o 30 de xuño de 2017.

O prazo de execución dos plans de internacionalización iniciarase o día de solicitude da axuda e rematará na data establecida na resolución de concesión, sen que nunca poida exceder o 30 de xuño de 2018 (data última admisible de facturación e pagamento).

O beneficiario da axuda poderá solicitar un máximo de dous anticipos unha vez notificada a resolución de concesión: con data límite do 31 de xullo de 2017 poderá solicitar o anticipo correspondente á primeira anualidade da subvención e no mes de xaneiro de 2018 poderá solicitar o anticipo correspondente á segunda anualidade da subvención.

Para aqueles plans de internacionalización cuxo prazo máximo de execución sexa o 30 de setembro de 2017, o beneficiario deberá presentar a solicitude de cobramento como máximo o 6 de outubro de 2017. Para aqueles plans de internacionalización cuxo prazo máximo de execución sexa o 30 de xuño de 2018, o beneficiario deberá presentar a solicitude de cobramento como máximo o 20 de xullo de 2018.

Sexto. En cumprimento do disposto no artigo 20 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, o texto da convocatoria e a información requirida no ordinal oitavo do devandito artigo será comunicado á Base de datos nacional de subvencións (BDNS). A BDNS dará traslado ao Diario Oficial de Galicia do extracto da convocatoria para a súa publicación.

Sétimo. Os requisitos das letras c), e), f), h), i), k), l), m) e n) do artigo 20.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, indícanse nas bases anexas a esta resolución.

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2017

Juan Manuel Cividanes Roger
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

Bases reguladoras das axudas do Igape para a execución de accións
de promoción exterior conxunta das empresas galegas (Galicia Exporta
Organismos Intermedios) cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa operativo Feder Galicia 2014-2020

A internacionalización, como resultado exitoso do impulso colectivo das empresas da nosa rexión, e especialmente para as pemes, supón a confirmación do valor engadido do seu modelo de negocio e, polo tanto, é una fonte de mellora continua da competitividade. Por outro lado, a internacionalización é expoñente e dinamizador dos atributos ligados á marca Galicia Calidade.

A internacionalización achega ás empresas a posibilidade de aumentar o seu tamaño e acadar maiores economías de escala, acceder a recursos inaccesibles ou caros no seu mercado de orixe, conseguir economías de localización, mellorar a notoriedade e diferenciación dos seus produtos e marcas, entrar en contacto con consumidores máis exixentes e competidores máis eficientes que estimulan a súa innovación e desenvolvemento tecnolóxico e, en definitiva, mellorar a súa eficiencia económica e capacidade competitiva en liña coa Estratexia galega de especialización intelixente (RIS3).

A internacionalización do tecido empresarial galego foi e seguirá sendo un dos eixes prioritarios de actuación dentro da política económica da Xunta de Galicia de cara a mellorar a súa competitividade e acadar o crecemento económico. Mediante un modelo facilitador de información, servizos directos nos principais mercados internacionais, financiamento ás empresas para a súa entrada neles, formación e especialización de recursos humanos, o Goberno galego aposta pola internacionalización das empresas galegas.

Unha aposta que se plasma na Estratexia da Xunta de Galicia de internacionalización da empresa galega 2020, que inclúe entre os seus obxectivos o de lograr un significativo aumento na cantidade, calidade e impacto efectivo das exportacións da empresa galega en 2020: aumento do número de empresas da base exportadora, procura e apertura de novos mercados, apoio na ampliación de cota de mercados con menor presenza e maior potencial de crecemento futuro e consolidación de cota nos mercados maduros. En definitiva, esta estratexia persegue unha fase de consolidación dos distintos esforzos e accións emprendidas ao longo dos últimos anos para estimular, fortalecer, expandir e consolidar a internacionalización das pemes galegas e os seus produtos e servizos.

En concreto, estas bases encaixan nos obxectivos dos seguintes eixes da Estratexia de internacionalización da empresa galega 2020:

• Eixe 2. Maior presenza en mercados. Obxectivo: diversificación de mercados, pero sobre todo zonas xeográficas.

• Eixe 4. Galicia unha forma de facer. Obxectivos: mellorar o coñecemento e posicionamento de Galicia nos mercados internacionais e consolidar a percepción dos produtos e servizos galegos: calidade, prestixio, etc.

• Eixe 5. Unidade de axentes impulsores. Colaboración cos organismos intermedios. Obxectivos: coordinación e complementariedade a través da cooperación entre os distintos axentes da internacionalización evitando duplicidades, colaborar cos organismos intermedios, como revulsivos para estimular as empresas en vertentes como a innovación, a competitividade e a internacionalización, apoiando activamente as accións desenvolvidas polos actores intermedios e fomentando a participación de empresas galegas en iniciativas agrupadas que fomenten e faciliten ademais a colaboración empresarial.

A Lei 5/1992, do 10 de xuño, de creación do Instituto Galego de Promoción Económica, establece no seu artigo 4 como funcións do Igape, entre outras, proporcionar información sobre os mercados e favorecer o desenvolvemento das exportacións e acordos con empresas estranxeiras.

O Igape é xestor de fondos Feder do marco regulamentario 1420 no seguinte encaixe: obxectivo temático 03: mellorar a competitividade das pemes. Prioridade de investimento 03.04: apoio á capacidade das pemes para crecer nos mercados internacionais. Obxectivo específico 03.04.03: promover a internacionalización das pemes. Campo de intervención: 066: servizos de axuda avanzados para pemes e grupos de pemes. Liña de actuación 15: promoción da cultura de internacionalización, presenza nos mercados exteriores, Estratexia de posicionamento internacional de Galicia, aliñación coa axenda estratéxica Horizonte 2020 da UE.

O indicador de produtividade correspondente é o número de empresas que reciben subvencións. E o indicador de resultado é o número de pemes exportadoras.

Para os efectos de conseguir maior coordinación de axentes impulsores e apoialos a todos dunha maneira equitativa, considérase axeitado unificar nestas bases o apoio a todo tipo de organismos que realizan actuacións de fomento da internacionalización da empresa galega (clústers, asociacións empresariais, consellos reguladores e centros tecnolóxicos).

O obxectivo destas bases é facilitar a internacionalización conxunta da empresa galega non exportadora ou con escasa internacionalización e apoiar empresas internacionalizadas para que non só non perdan a súa presenza nos mercados exteriores senón que a incrementen, poñendo ao seu alcance axudas financeiras que apoien a súa presenza exterior, ampliando o número de países e a diversificación dos sectores internacionalizados.

Estas axudas están dirixidas a apoiar o esforzo realizado polos organismos intermedios para promocionar empresas galegas (que compartan similares intereses en determinados mercados) de modo agrupado aproveitando sinerxías e cooperando entre si, polo que se apoian as accións de promoción propostas e organizadas por entidades empresariais sen ánimo de lucro.

Esta liña de axuda compleméntase co programa de adquisición de competencias profesionais en materia de internacionalización financiado con fondos propios do Igape, dado que se lles ofrece aos organismos intermedios solicitantes destas axudas a posibilidade de solicitar un bolseiro de promoción exterior para que os apoie na realización das accións de internacionalización para as que solicitan esta axuda.

Compleméntase, ademais, coa liña de axuda Galicia Exporta Empresas cofinanciada co Feder, coa liña de axudas para a contratación de xestores de internacionalización cofinanciada co Fondo Social Europeo, e cos servizos do Igape á internacionalización, entre os cales cabe destacar o apoio en destino a través da Rede Pexga de plataformas da Xunta no exterior, o asesoramento para primeira exportación, asesoramento para acceso a licitacións de organismos multilaterais e servizos de formación e de información de mercados.

A convocatoria desta liña de axudas será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia mediante resolución do director xeral do Igape. A convocatoria incluirá o procedemento de tramitación, o prazo de presentación de solicitudes e os créditos asignados.

As axudas reguladas nestas bases outorgaranse en réxime de concorrencia competitiva ao abeiro do disposto no artigo 19.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 1. Actuacións obxecto de apoio e exclusións

1. Co obxectivo de incentivar a posta en marcha de plans de internacionalización mediante a realización de accións de promoción no exterior de modo conxunto, favorecendo a cooperación empresarial e o aproveitamento de sinerxías entre varias empresas, o Igape poderá conceder subvencións a fondo perdido aos seguintes tipos de actuacións que beneficien un sector empresarial galego ou máis dunha empresa galega dun mesmo sector ou sectores complementarios, promovidas e desenvolvidas por organismos intermedios para facilitar a internacionalización das empresas ás cales representan:

a) Misións empresariais directas ou visitas a feiras que teñan lugar en calquera país estranxeiro.

b) Actuacións do tipo de participación en feiras ou noutros eventos expositivos (desfiles, catas…) que teñan lugar no estranxeiro.

c) Misións empresariais inversas de importadores, distribuidores, medios de comunicación ou outro tipo de prescritores, empresas, profesionais ou organismos estranxeiros, co obxecto de dar a coñecer ao exterior as posibilidades das empresas e produtos galegos e/ou para sondar posibles fórmulas de cooperación.

d) Campañas conxuntas de publicidade en prensa, revistas, televisión, internet ou outros medios, sempre que a súa difusión se realice no estranxeiro e sempre que se trate de campañas de promoción dun sector empresarial galego ou de varias empresas galegas do mesmo sector ou sectores complementarios con similares intereses en determinados mercados.

e) Elaboración de material promocional conxunto como catálogos, contidos audiovisuais, folletos e similares, en calquera soporte, que contribúan á divulgación e coñecemento no estranxeiro, sempre que se realice para un sector empresarial galego ou para varias empresas galegas do mesmo sector ou sectores complementarios con similares intereses en determinados mercados.

f) Plataformas sectoriais de internacionalización (accións para estudo de mercado, procura de clientes, promoción en liña, etc.).

g) Xestión de tramitación de acordos de empresas conxuntas (joint-ventures), contratos, certificacións, homologacións e rexistros de marca e patentes para o estranxeiro.

h) Xestión de licitacións internacionais.

i) Actuacións cooperativas en destino para implantación promocional ou prospección de mercados.

En cada actuación deben participar un mínimo de dúas pemes galegas e/ou o organismo solicitante da axuda que represente un mínimo de dúas pemes galegas.

2. Só se concederá un expediente por organismo intermedio beneficiario, por un plan de internacionalización en que se poderán incluír varias actuacións das mencionadas.

3. Non se concederá axuda a aquelas solicitudes que, unha vez avaliadas, resulten cun gasto subvencionable inferior a 5.000 euros.

4. No caso de que así o solicite o organismo, poderá terse en conta o plan de internacionalización presentado para os efectos de asignación de destino ao organismo solicitante, dun bolseiro do programa de adquisición de competencias profesionais en materia de internacionalización, que o Igape aprobe para tal fin.

A asignación, se é o caso, terá en conta a orde de puntuación resultante do baremo establecido no artigo 6.2 destas bases.

Artigo 2. Procedemento e réxime de aplicación

1. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia competitiva.

2. Non se poderán outorgar subvencións por contía superior á que se determine na presente convocatoria, salvo que se realice unha nova convocatoria, ou se produza un incremento de créditos derivado dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito, ou da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo, ao abeiro do disposto no artigo 31.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. As axudas recollidas nesta base incardínanse no réxime de axudas de minimis establecido no Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE L 352, do 24 de decembro), e para as empresas do sector pesqueiro no artigo 1 do Regulamento (CE) nº 717/2014 da Comisión, do 27 de xuño de 2014, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da UE ás axudas de minimis no sector da pesca e da acuicultura (DOUE L 190, do 28 de xuño), e para as empresas do sector agrícola no artigo 1 do Regulamento 1408/2013, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis no sector agrícola (DOUE L 352, do 24 de decembro).

4. As empresas que participen directamente nas accións subvencionadas consideraranse, así mesmo, beneficiarias para os efectos de imputación da axuda de minimis que lles corresponda segundo o gasto subvencionado. Ao organismo intermedio imputaráselle soamente o minimis correspondente ao gasto subvencionado daquelas actuacións que realice en representación de todo o sector.

5. As axudas estarán cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, nun 80 %, obxectivo temático 03, prioridade de investimento 03.04, obxectivo específico 03.04.03, campo de intervención 066 e liña de actuación 15, e están sometidas ás obrigas de información e difusión establecidas na regulamentación da UE, en particular as establecidas no anexo XII, número 2.2, do Regulamento (UE) núm. 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013 (DOUE L 347, do 20 de decembro de 2013).

Artigo 3. Concorrencia con outras axudas ou subvencións públicas

1. Estas axudas son compatibles con calquera outra subvención pública para o mesmo plan de internacionalización, sempre que se subvencionen conceptos de gasto diferentes, ata o 100 % do gasto subvencionable.

2. Ao estar este réxime de axudas suxeito ao réxime de minimis, deberase garantir que de recibir o beneficiario outras axudas baixo o réxime de minimis non se supera o límite de 200.000 euros nun período de tres exercicios fiscais. Para as empresas do sector transporte de mercadorías por estrada este límite redúcese a 100.000 euros. Para as empresas do sector da pesca, as axudas de minimis totais que se concedan a unha mesma empresa non poderán superar 30.000 euros durante calquera período de tres exercicios fiscais. Para as empresas do sector agrícola, o límite de minimis redúcese a 15.000 euros durante calquera período de tres exercicios.

3. A obtención doutras axudas ou subvencións deberá comunicarse ao Instituto Galego de Promoción Económica tan axiña como se coñeza e, en todo caso, no momento en que se presente documentación xustificativa das actuacións realizadas. En todo caso, antes de conceder a axuda, requirirase do solicitante unha declaración escrita ou en soporte electrónico, sobre calquera axuda de minimis recibida durante os dous exercicios fiscais anteriores e durante o exercicio fiscal en curso. O incumprimento do disposto neste artigo considerarase unha alteración das condicións tidas en conta para a concesión da axuda e poderá dar lugar a un procedemento de reintegro.

Artigo 4. Beneficiarios

1. Poderán ser beneficiarios destas axudas os organismos intermedios empresariais de Galicia. Por organismos intermedios empresariais enténdense as asociacións empresariais, consellos reguladores de denominacións de orixe protexidas, de indicacións xeográficas protexidas e de agricultura ecolóxica, clústers empresariais (con personalidade xurídica propia, sen ánimo de lucro e domiciliados en Galicia), que representen un colectivo de empresas galegas, e os centros tecnolóxicos e centros de apoio á innovación tecnolóxica domiciliados en Galicia e que estean inscritos con anterioridade ao 31 de decembro de 2016 no rexistro establecido para o efecto polo Ministerio de Ciencia e Innovación (Real decreto 2093/2008, do 19 de decembro, polo que se regulan os centros tecnolóxicos e os centros de apoio á innovación tecnolóxica de ámbito estatal, e se crea o rexistro de tales centros, BOE núm. 20, do 23 de xaneiro de 2009).

Enténdese por clúster empresarial para os efectos destas bases as agrupacións empresariais innovadoras que colaboren e desenvolvan plans de internacionalización en cooperación no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e que teñan creada unha entidade con personalidade xurídica propia e sen ánimo de lucro, que xestione a agrupación clúster.

2. Non poderán ter a condición de beneficiarias as entidades que entren dentro da categoría de empresas en crise. Para estes efectos terase en conta a definición establecida no artigo 2.18 do Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014. Tampouco poderán ser beneficiarias aquelas empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que teña declarada unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.

3. Non poderán ter a condición de beneficiarias as entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG núm. 121, do 25 de xuño).

4. Consideraranse, así mesmo, beneficiarias as empresas –que cumpran a definición de peme segundo o anexo I do Regulamento nº 651/2014 da Comisión e que teñan o seu centro de traballo radicado na Comunidade Autónoma de Galicia– que participen directamente nas accións subvencionadas e ás cales se lles imputará a axuda de minimis que lles corresponda segundo o gasto subvencionado. Cada peme participante deberá declarar o cumprimento dos requisitos de peme e as axudas de minimis solicitadas e/ou concedidas nos últimos tres exercicios fiscais.

Artigo 5. Condicións dos conceptos subvencionables

1. Considéranse conceptos subvencionables aqueles gastos do tipo dos descritos neste artigo facturados ao organismo intermedio e pagados por este.

2. Para os efectos de cálculo da subvención a fondo perdido poderán ser subvencionables os conceptos seguintes, que cumprirán coa normativa estatal de subvencionabilidade de gastos para o período 2014-2020:

Concepto subvencionable e límite de gasto subvencionable para cada empresa e acción en que participe

Actuacións a que corresponden os distintos tipos de conceptos subvencionables

Viaxe dunha persoa por organismo intermedio e/ou por cada empresa participante na acción que se desprace á cidade de celebración do evento. (Por motivos empresariais admitirase que se emprenda a viaxe ou se retorne de/a outro país distinto de España, nese caso só se subvencionará o hotel do país en que se celebra a acción).

Só son subvencionables gastos de viaxe correspondentes a avión, tren e/ou autobús, taxas de visado e seguro de viaxe.

Límites anexo IV.

Só para actuacións citadas nas alíneas a) e b) do artigo 1.1.

Aloxamento (en réxime de aloxamento e almorzo) dunha persoa do organismo intermedio e/ou de cada empresa participante na acción que se desprace.

Só se subvencionarán pernoitas comprendidas entre as datas das accións cun máximo de 5 pernoitas e tendo en conta os límites indicados no anexo IV. No caso de accións en máis dun país engadiranse un máximo de 2 pernoitas máis subvencionadas por país cun máximo total de 10 pernoitas.

Só para actuacións citadas nas alíneas a) e b) do artigo 1.1.

No caso de misións inversas teranse en conta os gastos de viaxe a Galicia de cada persoa participante na misión (máximo 20 persoas por país e acción). Son subvencionables os gastos de viaxe correspondentes a avión, tren e/ou autobús, taxas de visado e seguro de viaxe.

Subvencionaranse tamén neste caso os gastos de hotel (en réxime de aloxamento e almorzo).

Só se subvencionarán pernoitas comprendidas entre as datas das accións cun máximo de 5 pernoitas e tendo en conta cos límites indicados no anexo IV. No caso de que o viaxe de ida e volta non teñan a mesma distancia (para efectos dos límites do anexo IV terase en conta a media entre a dúas distancias).

Só para actuacións citadas na alínea c) do artigo 1.1.

No caso de misións inversas gastos de desprazamentos en Galicia mediante servizo contratado: autobús, minibús, taxi ou vehículo con condutor.

Só para actuacións citadas na alínea c) do artigo 1.1.

Gastos de publicidade inherentes á acción promocional.

Só para actuacións citadas nas alíneas a), b) e c) do artigo 1.1.

Intérpretes

Só para actuacións citadas nas alíneas a), b) e c) do artigo 1.1.

Gastos de alugamento de espazos e servizos relacionados:

1º. Alugamento e loxística de salas e outros espazos necesarios para a realización das accións.

2º. Posto: alugamento de solo, posto, mobiliario e servizos inherentes.

3º. Servizo de organización de eventos.

4º. Envío de mostras e catálogos co seu seguro correspondente (unicamente envío de mostras sen valor comercial).

Só para actuacións citadas nas alíneas a), b) e c) do artigo 1.1.

Gastos de asistencia externa en destino para a detección de oportunidades, a realización de axendas, desenvolvemento de clientes no estranxeiro e/ou seguimento de contactos iniciais (excepto para servizos ofertados pola Rede Pexga).

Só para actuacións citadas nas alíneas a), b) e c) do artigo 1.1.

Gastos de asistencia externa en orixe ou en destino: deseño campaña de publicidade, plan de márketing dixital, accións para o posicionamento en buscadores (só no caso de que esta se implemente no período de execución destas bases).

Só para actuacións citadas na alínea d) do artigo 1.1.

Compra de espazos publicitarios e inserción nos medios de comunicación.

Só para actuacións citadas na alínea d) do artigo 1.1.

Gastos de asistencia externa en orixe ou en destino para: deseño, elaboración, edición, montaxe, produción, tradución e impresión do material promocional.

Só para actuacións citadas na alínea e) do artigo 1.1.

Gastos de asistencia externa para creación de aplicacións soporte de comercio electrónico (só no caso de que non existise unha aplicación deste tipo antes da solicitude da axuda para o mesmo proxecto colaborativo e de que estea operativa no período de execución dos proxectos establecido nestas bases).

Só para actuacións citadas na alínea f) do artigo 1.1.

Bases de datos de intelixencia competitiva internacional sectorial.

Só para actuacións citadas na alínea f) do artigo 1.1.

Gastos de asistencia externa en orixe ou en destino: asistencia xurídica, técnica e servizos para tradución de documentación relacionada.

Só para actuacións citadas nas alíneas g) e h) do artigo 1.1.

Gastos de alugamento de locais durante o período de vixencia destas bases.

Só para actuacións citadas na alínea i) do artigo 1.1.

En relación cos gastos de asistencia externa en destino para a detección de oportunidades, a realización de axendas, o desenvolvemento de clientes no estranxeiro e/ou o seguimento de contactos iniciais, as empresas que presten este tipo de servizos deberán estar dadas de alta na Base de datos de axentes comerciais mediadores no exterior do Igape. Esta é unha base de expertos en comercio exterior con experiencia contrastada en servizos de apoio á internacionalización e con amplos coñecementos do mercado do país de situación. Os requisitos para darse da alta nesta base están publicados na Resolución do 2 de novembro de 2004 (DOG núm. 223, do 16 de novembro) pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica, Igape, que aproba as bases reguladoras para a cualificación de axentes comerciais mediadores no exterior para o apoio á internacionalización da empresa galega.

Este requisito non se exixirá cando o servizo sexa prestado por oficinas comerciais ou cámaras de España no estranxeiro ou oficinas comerciais ou organismos públicos españois ou estranxeiros que presten este tipo de servizos ou por algún outro organismo empresarial estranxeiro do tipo dos recollidos como beneficiarios no artigo 4.1 destas bases. En definitiva, unicamente se requirirá no caso de que este servizo sexa prestado por empresas privadas para efectos de avaliar a súa capacidade e para enriquecer a base de datos de axentes comerciais mediadores de utilidade para todas as empresas galegas nos seus procesos de internacionalización.

3. Quedan expresamente excluídos do ámbito de aplicación destas bases os seguintes conceptos:

a) Os custos de mailing, convites, regalos promocionais e os relativos á realización de cócteles e actos análogos.

b) Imposto sobre o valor engadido (IVE) a non ser que se acredite que non é recuperable.

c) Gastos de actuacións dirixidas ao ámbito nacional.

d) Aqueles gastos que resulten de carácter xeneralista ou non estean expresamente referidos á actuación concreta que se propón para a subvención.

e) Folletos e outro material que non estea dirixido estritamente a fins promocionais.

f) Aqueloutros que non estean directamente vinculados coa realización da actuación subvencionable.

4. Os gastos e investimentos subvencionables serán os realizados polo organismo solicitante dentro do prazo de execución do plan de internacionalización e facturados e pagados entre o día da presentación da solicitude de axuda e o derradeiro día do prazo de execución de cada anualidade establecido na resolución de concesión para os efectos de cumprir todas as condicións nela establecidas. O prazo de execución iniciarase na data de presentación da solicitude de axuda e rematará na data establecida na resolución de concesión de axuda, sen que nunca poida exceder o prazo máximo de execución indicado na resolución de convocatoria.

Tamén serán subvencionables os gastos efectuados e pagados desde o 1 de xullo de 2016 exixidos en concepto de reserva para accións realizadas no exercicio 2017.

5. Cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas no Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público para o contrato menor, o beneficiario deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a obra, a prestación do servizo ou a entrega do ben, agás que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que as realicen, presten ou subministren (neste caso presentarase escrito aclaratorio indicativo desta circunstancia, asinado polo representante legal), ou salvo que o gasto se realizase con anterioridade á solicitude de subvención.

6. Os provedores non poden ser empresas que formen parte do organismo solicitante nin poderán estar vinculados co organismo solicitante ou a peme beneficiaria final ou cos seus órganos directivos ou xestores. A non vinculación demostrarase a través dunha declaración responsable do solicitante, que se cubrirá no formulario de solicitude.

7. Admítese a subcontratación das actividades subvencionadas polos beneficiarios, sen límite respecto ao importe da actividade subvencionada, e exíxese aos beneficiarios o cumprimento das obrigas establecidas nos artigos 27 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e 43 do seu regulamento. En ningún caso poderán subcontratarse actividades que, aumentando o custo da actividade subvencionada, non acheguen valor engadido ao seu contido.

8. No caso de que o solicitante teña a condición de poder adxudicador nos termos previstos no artigo 3.3.b) do TRLCSP deberán presentar, se é o caso, o correspondente expediente de contratación tramitado para o efecto nos termos previstos nos artigos 189, 190 e 191 do TRLCSP. Será responsabilidade da entidade beneficiaria o cumprimento da citada normativa, e o seu incumprimento pode dar lugar á perda do dereito ao cobramento total ou parcial e demais responsabilidades previstas na normativa de subvencións públicas.

Conforme o artigo 3.3.b) do TRLCSP teñen a consideración de poderes adxudicadores todos os entes, organismos ou entidades con personalidade xurídica propia distintos das administracións públicas que fosen creados especificamente para satisfacer necesidades de interese xeral que non teñan carácter industrial ou mercantil, sempre que un ou varios suxeitos que deban considerarse poder adxudicador de acordo cos criterios dese número 3 financien maioritariamente a súa actividade, controlen a súa xestión ou nomeen máis da metade dos membros do seu órgano de administración, dirección ou vixilancia.

9. En ningún caso o custo de adquisición dos conceptos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.

10. Todos os gastos deben ser facturados ao organismo intermedio solicitante e pagados polo dito organismo. Non se admiten pagamentos en efectivo.

Artigo 6. Intensidade de axuda, máximo de subvención e criterios de avaliación e selección dos plans de internacionalización

1. Para os plans de internacionalización incluídos nesta convocatoria a intensidade de axuda será do 80 % de subvención sobre os gastos subvencionables co límite máximo de subvención de 150.000 euros por beneficiario e convocatoria.

2. Os plans de internacionalización que cumpran coas condicións necesarias serán avaliados de acordo co seguinte baremo xeral cunha base de puntuación de 100 puntos. Non se subvencionarán solicitudes que non obteñan unha puntuación mínima no baremo de 30 puntos.

a) Representatividade do organismo intermedio.

Número total de empresas asociadas ou representadas polo organismo intermedio solicitante da axuda na data de solicitude da axuda:

1º. Superior a 30 empresas: 20 puntos.

2º. Entre 20 e 30 empresas: 10 puntos.

3º. Entre 10 e 19 empresas: 5 puntos.

Esta condición acreditarase mediante declaración no formulario de solicitude.

b) Concreción sectorial do solicitante: organismo intermedio sectorial (clúster, consello regulador, centro tecnolóxico ou asociación representativa dun sector ou varios sectores relacionados entre si): 20 puntos. Para os efectos de priorizar os proxectos de organismos con especialización sectorial sobre proxectos de organismos multisectoriais, en liña coa Estratexia galega de especialización intelixente (RIS3 Galicia).

c) Estudo previo –feito ou encargado polo organismo intermedio– de empresas pertencentes a este en relación coa súa internacionalización: 20 puntos (no caso de telo elaborado no ano 2013 ou en exercicios posteriores). Para acreditar esta condición deberá cubrir a seguinte información no formulario electrónico de solicitude:

1º. Número de empresas analizadas e a súa porcentaxe sobre o total de empresas representadas polo organismo (como mínimo deben estar analizadas todas as empresas para as cales se solicita axuda).

2º. Grao de internacionalización das empresas analizadas en función da porcentaxe do volume de exportacións ou negocio no estranxeiro sobre o volume de negocio total anual. Indicando: número de empresas por tramos de internacionalización, países en que fixeron exportacións ou negocios e número de empresas non internacionalizadas.

3º. Debilidades e fortalezas das empresas analizadas de cara á súa internacionalización.

d) Existencia dun estudo estratéxico de internacionalización previo: 25 puntos.

Elaborado no ano 2013 ou en exercicios posteriores, dirixido ao sector/sectores das súas empresas asociadas ou representadas e que inclúa como mínimo: mercados que se abordarán co seu razoamento, oportunidades concretas sectoriais detectadas, información dos mercados que se abordarán relacionada coas ditas oportunidades, accións que se levarán a cabo co seu razoamento e cronograma e, resultados esperados ou acadados desde a realización do estudo. Concederanse 5 puntos por cada unha das epígrafes anteriores sempre que se consideren suficientemente e con datos actualizados de ano igual ou posterior a 2013.

e) Aproveitamento de axudas anteriores: informe de resultado de subvencións anteriores do Igape recibidas polo organismo para o mesmo fin de internacionalización das empresas asociadas ao organismo intermedio: 15 puntos no caso de cubrir este informe no formulario electrónico de solicitude e que se acadasen resultados positivos. Este informe debe incluír, para cada subvención recibida polo organismo intermedio solicitante –con resolución de concesión a partir de 1 de xaneiro de 2012– un detalle de:

1º. Ano da resolución de concesión da axuda.

2º. Importe da axuda recibida (no caso de expedientes finalizados, o importe menor entre a axuda liquidada e a concedida).

3º. Organismo que concedeu a axuda.

4º. Finalidade da axuda.

5º. Resultados en termos de:

i) Número de empresas beneficiarias da axuda.

ii) Número de contratos asinados polas empresas.

iii) Importe do volume de negocios estimado xerado grazas ás accións subvencionadas.

iv) Número de empresas que se iniciaron nos mercados obxecto das accións subvencionadas.

v) Número de empresas que ampliaron mercado no país/es obxecto da subvención.

3. Unha vez baremadas as solicitudes, seleccionaranse as de maior puntuación ata o límite de orzamento, axustando o gasto subvencionable para executar ao máximo o orzamento das bases.

4. No caso de empate nas puntuacións, para desempatar terase en conta a maior puntuación obtida nos criterios a), b), c), d) e e) do artigo 6.2, por esa orde. No caso de persistir o empate, terase en conta o número de expediente, que se outorgará segundo a data de presentación da solicitude.

Artigo 7. Consentimentos e autorizacións

1. A presentación da solicitude implica o coñecemento e a aceptación destas bases reguladoras.

2. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente datos en poder das administracións públicas. Só no caso de oposición expresa no modelo de solicitude as persoas interesadas deberán achegar os documentos acreditativos correspondentes. No caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas á súa presentación.

3. Non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa solicitante ou representante a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

4. A presentación da solicitude pola persoa interesada ou representante comportará a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a Consellería de Facenda da Xunta de Galicia segundo o establecido no artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Non obstante, a persoa solicitante ou representante poderá denegar expresamente o consentimento, e deben entón presentar a certificación nos termos establecidos regulamentariamente.

5. As propostas que resulten seleccionadas pasarán a formar parte da lista pública de operacións prevista no artigo 115.2 do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento e do Consello, do 17 de decembro.

Artigo 8. Solicitudes

1. Dentro do prazo establecido na convocatoria, para presentar a solicitude de axuda, os organismos interesados definidos no artigo 4 deberán cubrir previamente un formulario descritivo das circunstancias do solicitante e do plan de internacionalización para o que solicitan a subvención a través da aplicación establecida no enderezo da internet http://www.tramita.igape.es.

2. Deberán cubrirse necesariamente todos os campos do formulario establecidos como obrigatorios, tras o cal a aplicación emitirá un identificador de documento electrónico (IDE) que identificará univocamente a solicitude de axuda. O IDE estará composto de 40 caracteres alfanuméricos e obterase mediante o algoritmo estándar de extractado SHA-1 160 bits a partir do documento electrónico xerado pola aplicación informática citada anteriormente.

3. As solicitudes de axuda presentaranse mediante formulario normalizado que se obterá de xeito obrigatorio na citada aplicación informática e que se xunta como anexo I a estas bases a título informativo. No formulario será obrigatorio a inclusión dos 40 caracteres alfanuméricos do IDE obtido no paso anterior. As solicitudes que carezan do IDE ou nas cales este sexa erróneo (sexa porque ten un formato erróneo ou porque non foi xerado pola aplicación informática) non serán tramitadas e concederáselles aos solicitantes un prazo de 10 días para a súa emenda, transcorrido o cal se terán por desistidos da súa petición, logo de resolución de arquivamento.

4. O formulario de solicitude deberá ir acompañado da seguinte documentación:

a) DNI do representante legal, só no caso de denegar expresamente a súa consulta.

b) NIF da entidade solicitante, só no caso de denegar expresamente a súa consulta.

c) Acreditación da representación con que se actúa.

d) Documentación acreditativa da súa constitución: acta e estatutos de constitución, con acreditación da súa inscrición no rexistro correspondente e modificacións posteriores destes.

e) Se é o caso, certificación do beneficiario segundo que o IVE das facturas que soportan as actuacións subvencionables non son obxecto de dedución.

f) No caso de centros de innovación e tecnoloxía, certificado acreditativo da súa inscrición no Rexistro de Centros de Innovación e Tecnoloxía con anterioridade ao 31 de decembro de 2016.

g) As tres ofertas de que, en aplicación do artigo 29.3 da Lei de subvencións de Galicia, dispoña o solicitante na data de solicitude da axuda, de acordo co establecido no artigo 5.5 das bases reguladoras.

h) Memoria descritiva do plan de internacionalización, na cal se xustifique detalladamente a súa necesidade e interese para as empresas ou sector representado, así como a identificación das actuacións e empresas participantes neste.

i) Para efectos do baremo, se é o caso, estudo estratéxico de internacionalización.

De acordo co disposto no artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 20.3 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, non será necesario presentar a documentación que xa se atope en poder do Igape, sempre que se manteña vixente e se identifique no formulario de solicitude o procedemento administrativo para o que foi presentada. No suposto de imposibilidade material de obter a documentación ou no caso de que se constate a non validez desta, o órgano competente poderá requirirlle ao solicitante a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento.

5. Unha vez xerada a solicitude, deberá presentarse unicamente por vía electrónica a través do formulario de solicitude normalizada co IDE (anexo I), accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, de acordo co establecido no artigo 14.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

6. Na presentación por vía electrónica, de conformidade co artigo 28 da Lei 39/2015, os interesados deberán achegar coa solicitude as copias dixitalizadas dos documentos relacionados no artigo 8.4. O solicitante responsabilizarase da veracidade dos documentos que presente. A achega de tales copias implica a autorización para que a Administración acceda e trate a información persoal contida en tales documentos. Excepcionalmente, cando existan dúbidas derivadas da calidade da copia, o Igape poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas polo interesado, para o que poderá requirirse a exhibición do documento orixinal.

Para achegar xunto co formulario de solicitude os documentos en formato electrónico o solicitante deberá previamente dixitalizar os documentos orixinais e obter arquivos en formato PDF. A aplicación informática permitirá anexar estes arquivos en formato PDF sempre que cada arquivo individual non supere os 4 MB. No caso de que un documento PDF ocupe máis do dito tamaño, deberá xerarse con menor tamaño. Calquera outro formato de arquivo distinto do PDF non será aceptado pola aplicación informática nin será considerado como documentación presentada.

Os solicitantes por esta vía electrónica deberán reunir os seguintes requisitos:

a) Será necesario que o asinante da solicitude teña a representación legal da entidade solicitante. Esta representación deberá ser individual ou solidaria, de xeito que coa súa sinatura abonde para acreditar a vontade do solicitante.

b) O asinante deberá posuír un certificado dixital en vigor baixo a norma X.509 V3 válido tal e como especifica a Orde do 25 de novembro de 2004, da Consellería de Economía e Facenda, pola que se establecen as normas específicas sobre o uso da sinatura electrónica nas relacións por medios electrónicos, informáticos e telemáticos coa Consellería de Facenda e os seus organismos e entidades adscritas (DOG núm. 239, do 10 de decembro). Os certificados de clase 2 CA emitidos pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre - Real Casa da Moeda serán válidos para efectos de presentación de solicitudes. Se o certificado corresponde a unha persoa física, a súa representación acreditarase documentalmente ao longo da tramitación do expediente.

c) A presentación ante o Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia admite a sinatura da solicitude por parte dun único solicitante. No caso de que deba ser asinada por máis dun solicitante (por exemplo, solicitudes con dous asinantes, representación mancomunada, etc.), deberá necesariamente anexar un documento en que se deixe constancia de que todos os asinantes autorizan un deles para presentar a solicitude. Este documento realizarase en papel con sinaturas manuscritas e deberá ser escaneado a formato PDF para ser anexado.

d) Unha vez asinado o formulario de solicitude co IDE, mediante certificación dixital do presentador, e transferidos estes ao Igape, procederase á anotación dunha entrada no Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia.

e) No momento da presentación o rexistro expedirá, empregando as características da aplicación electrónica, un recibo en que quedará constancia do feito da presentación.

f) Os interesados que cumpran os requisitos do punto b) anterior, tamén empregarán a vía electrónica para a recepción de notificacións do Igape e para o envío de escritos ao órgano xestor da axuda. Neste caso o solicitante deberá acceder á web do Igape no enlace tramitación electrónica, para recibir as notificacións. O sistema solicitará do interesado o seu certificado dixital en vigor e a sinatura electrónica dun xustificante de recepción das notificacións (xustificante de recepción electrónico).

g) Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo ao enderezo da internet http://www.tramita.igape.es.

7. No caso de presentación da solicitude de xeito presencial, o Igape requirirá o solicitante para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos considerarase como data de presentación da solicitude a da presentación da emenda.

8. Os solicitantes poderán obter en todo momento un xustificante da recepción por parte do Igape dos termos da súa solicitude contidos no formulario. Deberano solicitar no enderezo de correo electrónico informa@igape.es, indicando os 40 caracteres do IDE e o enderezo de correo electrónico en que desexan recibir o xustificante.

Artigo 9. Órganos competentes

A Área de Internacionalización do Igape será o órgano competente para a instrución do procedemento de concesión da subvención e corresponderá, por delegación do Consello de Dirección do Igape, ao titular da Dirección Xeral do Instituto Galego de Promoción Económica a competencia para ditar a resolución sobre o fondo da solicitude, que poña fin ao procedemento na vía administrativa.

Artigo 10. Instrución dos procedementos

1. As solicitudes de axuda serán avaliadas polos servizos do órgano instrutor en función dos datos declarados na solicitude de axuda e no formulario e a documentación presentada e elaborará unha relación delas coa puntuación que lle corresponde a cada unha, en aplicación dos criterios de valoración establecidos nestas bases.

2. De conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, se a solicitude ou o formulario non reúne algún dos requisitos exixidos nestas bases reguladoras, requirirase o interesado para que, nun prazo de dez días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixer, se dará por desistido da súa petición, logo da correspondente resolución.

Por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva, e de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, os requirimentos de emenda citados realizaranse preferentemente mediante a publicación no DOG e producirán os mesmos efectos que a notificación individualizada. A dita publicación tamén se realizará na páxina web do Igape no enderezo www.tramita.igape.es, ao cal se remitirá desde o texto publicado no DOG, e poderase indicar que os seguintes actos administrativos deste procedemento serán notificados a través do citado enderezo.

3. No caso de empate nas puntuacións, para desempatar terase en conta a maior puntuación obtida nos criterios a), b), c), d) e e) do artigo 6.2, por esa orde. No caso de persistir o empate, terase en conta o número de expediente, que se outorgará segundo a data de presentación da solicitude.

4. Instruído o procedemento, e inmediatamente antes de redactar a proposta de resolución, poráselles de manifesto aos interesados para que, nun prazo de dez días, poidan formular alegacións e presentar os documentos e xustificacións que consideren pertinentes. Poderase prescindir deste trámite cando non figuren no procedemento nin se vaian ter en conta na resolución outros feitos nin outras alegacións ou probas que as aducidas polo interesado.

5. Unha vez concluído o trámite de audiencia, o órgano colexiado confeccionará a relación definitiva de puntuacións outorgadas ás solicitudes e elevará a proposta de resolución ao director xeral do Igape, na cal se fará constar o importe do concepto subvencionable que hai que xustificar, a contía e porcentaxe da axuda concedida, o prazo máximo para executar o plan e o prazo máximo para presentar a xustificación ao Igape e as condicións da axuda (DECA). Na resolución denegatoria de axuda farase constar o motivo da denegación.

6. A resolución será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Igape no enderezo www.tramita.igape.es, ao cal se remitirá desde o texto publicado no DOG, de acordo co artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Os interesados poderán descargar a súa resolución individual introducindo o seu NIF e o código IDE no enderezo www.tramita.igape.es (epígrafe Consulta de resolucións definitivas, http://www.igape.es/gl/oficina-virtual/resolucions-definitivas).

7. O prazo máximo para resolver e publicar a resolución será o indicado na resolución de convocatoria. Se transcorre o prazo máximo para resolver sen que recaia resolución expresa, os interesados poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo.

Artigo 11. Réxime de recursos

As resolucións ditadas ao abeiro destas bases porán fin á vía administrativa e contra elas poderán interporse os seguintes recursos, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso contencioso-administrativo, ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación da resolución, ou no prazo de seis meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

b) Potestativamente, recurso previo de reposición, que resolverá o director xeral do Igape, por delegación do Consello de Dirección do Igape, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación da resolución, ou en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que, de acordo co establecido nestas bases reguladoras, se produza o acto presunto.

Artigo 12. Modificación da resolución

1. Unha vez ditada a resolución de concesión, observarase o establecido no artigo 35 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións, e admitiranse, dentro dos límites xerais establecidos nestas bases, modificacións relativas ao orzamento subvencionable á baixa, ao traspaso orzamentario entre partidas de gasto, á modificación á baixa do prazo de execución do plan de internacionalización, ao cronograma de execución, á tipoloxía de actuacións que se van acometer e tipoloxía de gasto, e ao/s país/es obxectivo, sempre e cando estes cambios non alteren o baremo. Non se permite a modificación orzamentaria que implique traspaso dunha anualidade a outra.

2. A solicitude de modificación deberá presentarse con anterioridade mínima dun mes ao vencemento do prazo de execución do plan de internacionalización.

3. O beneficiario deberá solicitar a modificación tramitando o formulario sinalado no artigo 8. O acto polo que se acorde ou se denegue a modificación da resolución será ditado, por delegación do Consello de Dirección do Igape, pola persoa titular da Dirección Xeral do Igape, logo da instrución do correspondente expediente, no cal se dará audiencia aos interesados.

Artigo 13. Obrigas dos beneficiarios

Son obrigas dos beneficiarios:

1. Executar o plan de internacionalización que fundamenta a concesión das subvencións no prazo establecido na resolución de concesión.

2. Xustificar ante o Igape o cumprimento dos requisitos e condicións da subvención, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou desfrute da subvención.

3. Someterse ás actuacións de comprobación que efectúe o Igape, así como calquera outra actuación, sexa de comprobación e control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, en especial a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas, o Consello de Contas, os órganos de control da Comisión Europea, achegando canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores, e ás verificacións previstas no artigo 125 do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Consello. Para tal fin, deberá dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ao beneficiario en cada caso, así como a documentación xustificativa da realización e aboamento dos gastos e investimentos subvencionables, coa finalidade de garantir o axeitado exercicio das facultades de comprobación e control, durante polo menos un período de tres anos a partir do 31 de decembro seguinte á presentación das contas en que estean incluídos os gastos da operación. O Igape informará da data de inicio a que se refire esta obriga.

4. Durante o período citado no punto anterior, as entidades e empresas participantes no plan de internacionalización estarán obrigadas a subministrar, a requirimento do Igape, os datos relativos á evolución da súa actividade exportadora (volume de facturación, servizos ou produtos exportados, países, etc.) e resultados concretos obtidos grazas ás actuacións financiadas en que participan, para os efectos de realizar as avaliacións oportunas sobre o resultado das actuacións financiadas.

5. Comunicar ao Igape a solicitude e/ou obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actuacións subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentaron a concesión da subvención. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos. En ningún caso o importe da subvención poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións ou axudas doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados nacionais ou internacionais, supere o custo elixible do plan de internacionalización.

6. Manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable axeitado en relación con todas as transaccións relacionadas con gastos subvencionados, sen prexuízo das normas xerais de contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os gastos financiados con fondos Feder.

7. Cumprir os requisitos de comunicación do financiamento público do plan de internacionalización polo Igape, a Xunta de Galicia e o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional segundo o establecido no anexo III a estas bases.

8. Proceder ao reintegro dos fondos percibidos, total ou parcialmente, no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión ou nos supostos previstos no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

9. Subministrar toda a información necesaria para que o Igape poida dar cumprimento ás obrigas previstas no título I da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno. As consecuencias do incumprimento desta obriga serán as establecidas no artigo 4.4 da devandita lei.

10. No caso de non ser quen de realizar o plan de internacionalización para o que se concedeu a axuda, comunicar a renuncia ao expediente solicitado no momento en que se produza a certeza da non execución.

11. Responder ás enquisas do Igape relativas ao grao de avance do plan de internacionalización e os seus resultados e ao grao de execución orzamentaria.

12. Todo isto sen prexuízo das demais obrigas que resulten do artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

Artigo 14. Xustificación da subvención

1. O prazo para solicitar o cobramento será o indicado na resolución de convocatoria.

2. Para presentar a solicitude de cobramento, o organismo solicitante deberá cubrir previamente o formulario de liquidación a través da aplicación establecida no enderezo da internet http://tramita.igape.es.

Deberán cubrirse necesariamente todos os campos do formulario establecidos como obrigatorios, tras o cal a aplicación emitirá un identificador de documento electrónico de liquidación (IDEL) que identificará univocamente a solicitude de cobramento. Este IDEL estará composto de 40 caracteres alfanuméricos e obterase mediante o algoritmo estándar de extractado SHA-1 160 bits a partir do documento electrónico xerado pola aplicación citada anteriormente. O dito formulario conterá os requisitos establecidos no artigo 48 do Decreto 11/2009 para a presentación da conta xustificativa.

3. A solicitude de cobramento presentarase mediante o modelo normalizado que a título informativo figura como anexo II a estas bases, na cal será obrigatoria a inclusión dos 40 caracteres alfanuméricos do IDEL obtido no paso anterior. As solicitudes de cobramento que carezan do IDEL ou nas cales éste sexa erróneo (sexa porque ten un formato erróneo ou porque non foi xerado pola aplicación informática) poderán dar lugar ao inicio do expediente de incumprimento no caso de non seren corrixidas, logo de requirimento formulado para tal fin.

4. Unha vez xerada a solicitude de cobramento, deberá presentarse unicamente por vía electrónica a través do modelo de solicitude de cobramento normalizada co IDEL (anexo II), accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, de acordo co establecido no artigo 14 da Lei 39/2015 e sempre que o solicitante cumpra os requisitos previstos no anterior artigo 8.6 das bases reguladoras.

Na presentación por vía electrónica, de conformidade co artigo 28 da Lei 39/2015, o beneficiario deberá achegar coa solicitude de cobramento as copias dixitalizadas dos documentos relacionados no artigo 14.6. O beneficiario responsabilizarase da veracidade dos documentos que presente. A achega de tales copias implica a autorización para que a Administración acceda e trate a información persoal contida en tales documentos. Excepcionalmente, cando existan dúbidas derivadas da calidade da copia, o Igape poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas polo beneficiario, para o que poderá requirirse a exhibición do documento orixinal.

Exceptúanse do anterior os documentos que, de conformidade co artigo 14.6, deban ser orixinais. No caso de que o documento orixinal estivese en formato papel, o beneficiario deberá obter unha copia auténtica, segundo os requisitos establecidos no artigo 27 da Lei 39/2015, con carácter previo á súa presentación electrónica.

5. No caso de que a solicitude de cobramento non se presentase en prazo ou a xustificación fose incorrecta, requirirase o beneficiario para que corrixa os erros ou defectos observados no prazo de 10 días. A falta de presentación da xustificación no prazo improrrogable establecido comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia, segundo o disposto no artigo 45.2 do seu regulamento. A presentación da xustificación neste prazo adicional non eximirá o beneficiario das sancións que, conforme a lei, correspondan. A xustificación cumprirá, en todo caso, os requisitos establecidos nos artigos 28 e 30 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

6. Xunto coa solicitude de cobramento, o organismo solicitante da axuda presentará:

a) Orixinal en formato electrónico ou copia auténtica das facturas ou documentos de valor probatorio equivalente, xustificativos do gasto da actividade. As facturas correspondentes ás viaxes deben permitir identificar a persoa que viaxa.

b) Copia en formato dixital da certificación en que identifique para cada persoa que viaxa se esta representa o organismo intermedio ou unha das empresas membros deste, neste caso identificarase a empresa correspondente.

c) Copia en formato dixital da documentación acreditativa do pagamento, por algún dos seguintes medios:

1º. Xustificante de transferencia bancaria ou documentos mercantís utilizados como medios de pagamento emitidos e con vencemento dentro do período de execución do plan de internacionalización, así como o seu cargo na conta. Nestes documentos deberán quedar claramente identificados o receptor e o emisor do pagamento. Os extractos bancarios a través da internet deberán ter estampado o selo orixinal da entidade financeira ou dispoñer dun código para a súa verificación por terceiros na sede electrónica da devandita entidade financeira.

2º. Certificación bancaria orixinal conforme o pagamento foi realizado efectivamente dentro do prazo de execución do plan de internacionalización. Nestes documentos deberán quedar claramente identificados o receptor e o emisor do pagamento, así como a data efectiva desta.

3º. Informe de auditor de contas inscrito como exercente no Rexistro Oficial de Auditores de Contas, que deberá manifestarse sobre o período de realización (facturación) e pagamento dos gastos alegados, así como sobre a existencia ou non de aboamentos ou devolucións posteriores que poidan supoñer unha redución no valor patrimonial dos bens alegados como subvencionables no expediente.

No suposto de que o xustificante de pagamento inclúa varias facturas, deberase xuntar unha relación delas, asinada polo representante legal.

No suposto de facturas pagadas conxuntamente con outras non referidas ao plan de internacionalización subvencionado, a xustificación do pagamento débese realizar sempre mediante algún dos medios sinalados nos puntos anteriores para as facturas alegadas na actuación e, ademais, algún dos seguintes documentos: relación emitida polo banco dos pagamentos realizados, orde de pagamento do organismo beneficiario selada polo banco ou recibo asinado polo provedor, para os efectos de identificar as facturas non referidas ao plan de internacionalización.

As facturas en moeda estranxeira deben presentarse con fotocopia dos documentos bancarios de cargo en que conste o cambio empregado.

d) A copia en formato dixital –que permita a súa lectura–, de material onde se aprecien os contidos das actuacións realizadas (evidencias de actuacións de difusión, exemplares de material promocional, fotografías de eventos, acreditación da aceptación ao evento, etc.) e o cumprimento da obrigatoriedade de publicidade do financiamento público citada no artigo 13.7 destas bases (fotografías do cartel con plano xeral de localización e de detalle, enlace á web onde se informa sobre o plan de internacionalización e o financiamento Feder, etc.).

e) Memoria técnica en que se expoñan co suficiente grao de detalle as actuacións desenvolvidas e os resultados ou obxectivos acadados, que se deberá cubrir no formulario de liquidación. No caso de gastos de asistencia externa en destino para a detección de oportunidades, a realización de axendas e/ou seguimento de contactos iniciais ou servizos de desenvolvemento de clientes, a factura deberá ir acompañada dun informe asinado polo provedor en que conste información detallada sobre a axenda confeccionada ou servizo prestado, identificando as reunións organizadas e contactos realizados; así mesmo, o beneficiario presentará una memoria explicativa das actuacións realizadas, incluíndo datos identificativos das entidades e persoas contactadas, lugar, datas e duración das reunións, acordos ou preacordos alcanzados con socios ou clientes identificados, etc.

f) No caso de gastos de viaxe, a xustificación será feita tendo en conta os módulos máximos indicados no anexo IV destas bases.

h) No caso da actuación da letra i) do artigo 1, actuacións de implantación en destino, coa periodicidade que se determine na resolución de concesión determinarase a necesidade de proceder a unha revisión periódica de actuacións que será, como mínimo, semestral. Para tal fin, deberá presentarse copia en formato dixital dunha memoria explicativa dos resultados obtidos durante ese período, de forma que a continuidade da actuación quedará condicionada á valoración positiva polo Igape da memoria presentada.

i) Copia en formato dixital das tres ofertas que deba ter solicitado o beneficiario, de acordo co establecido no artigo 5.5 das bases reguladoras, no caso de non achegalas coa solicitude de axuda.

7. O beneficiario deberá cubrir na ficha resumo de facturas do formulario de liquidación os seguintes datos relativos á contabilidade, en que se reflictan os custos subvencionados para acreditar a obriga establecida no artigo 13.6: número de asento, data do asento e número de conta contable, xunto cunha declaración responsable do beneficiario de que estes datos reflicten a realidade contable da operación subvencionada.

8. En todos os casos, os beneficiarios deberán estar ao día das súas obrigas coa Facenda Pública, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social. No caso de que o beneficiario denegue expresamente o consentimento ao Igape para solicitar as certificacións, deberán achegarse xunto co resto da documentación xustificativa.

9. Advírtese que calquera discrepancia entre a documentación xustificativa e as declaracións da solicitude de axuda poderá ser motivo de inicio de expediente de incumprimento que, se é o caso, poderá supor a modificación ou revogación da concesión e o reintegro, se é o caso, das cantidades previamente aboadas.

10. O Igape poderá aceptar variacións nos diversos conceptos de gasto aprobados, coa dobre condición de que a oscilación, en máis ou menos, non supere o 20 % de cada concepto e que, no seu conxunto, non varíe o importe total de gasto aprobado nin da axuda concedida, nin desvirtúe as características do plan de internacionalización e condicións que fosen tidas en conta para resolver a concesión.

11. Cando o beneficiario da subvención poña de manifesto na xustificación que se produciron alteracións das condicións tidas en conta para a concesión desta que non alteren esencialmente a natureza ou os obxectivos da subvención, e que puidesen dar lugar á modificación da resolución conforme o artigo 12 destas bases, despois de omitirse o trámite de autorización administrativa previa para a súa aprobación, o órgano concedente da subvención poderá aceptar a xustificación presentada, sempre e cando tal aceptación non supoña danar dereitos de terceiros. A aceptación das alteracións por parte do Igape no acto de comprobación non exime o beneficiario das sancións que poidan corresponderlle conforme a Lei de subvencións de Galicia.

Artigo 15. Aboamento das axudas

1. O aboamento das axudas aos organismos solicitantes realizarase unha vez que o Igape considere xustificada a realización total do plan de internacionalización e o cumprimento das condicións dentro do prazo establecido na resolución de concesión.

2. Os solicitantes das axudas poderán solicitar anticipos de ata o 90 % do importe da subvención concedida na anualidade en que se solicite o anticipo, unha vez notificada a resolución de concesión e con data límite establecida na resolución de convocatoria. A solicitude de anticipo será obxecto de resolución motivada polo órgano concedente da subvención. O importe do anticipo non pode superar o 50 % da subvención total concedida para todas as anualidades.

3. O importe conxunto dos pagamentos á conta e dos pagamentos anticipados que, se é o caso, se concedesen, non poderá ser superior ao 80 % da porcentaxe subvencionada correspondente aos pagamentos xustificados, nin excederá a anualidade prevista en cada exercicio orzamentario. Neste suposto exímense os/as beneficiarios/as da obriga de constituír garantías, logo da súa autorización polo Consello da Xunta de Galicia, segundo o establecido no artigo 67.4 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, que regula a Lei de subvencións de Galicia.

4. Os órganos competentes do Igape poderán solicitar as aclaracións ou informes relativos á xustificación do plan de internacionalización que consideren convenientes. Transcorrido o prazo concedido para o efecto sen que o beneficiario os presentase, o Igape iniciará o correspondente procedemento de incumprimento.

Artigo 16. Perda do dereito á subvención e reintegro das axudas

1. Producirase a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención no suposto de falta de xustificación do cumprimento do plan de internacionalización, das condicións impostas na resolución de concesión, das obrigas contidas nestas bases reguladoras, das obrigas contidas no artigo 33 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, ou na demais normativa aplicable, o que dará lugar á obriga de devolver total ou parcialmente a subvención percibida, así como os xuros de demora correspondentes.

2. O procedemento para declarar a procedencia da perda do dereito de cobramento da subvención e para facer efectiva a devolución a que se refire o punto anterior será o establecido no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. Incumprimento parcial: sempre que se cumpran os requisitos ou condicións esenciais tomadas en conta na concesión das axudas, o Igape poderá apreciar un incumprimento parcial e resolver sobre o seu alcance, aplicando a mesma ponderación que tivese a condición incumprida na resolución de concesión e, se e o caso, establecendo a obriga de reintegro cos seguintes criterios:

a) No caso de condicións referentes á contía ou conceptos da base subvencionable, o alcance do incumprimento determinarase proporcionalmente ao gasto deixado de practicar ou aplicado a conceptos distintos dos considerados subvencionables e, se e o caso, deberán reintegrarse as cantidades percibidas na dita proporción. Con carácter xeral, se o incumprimento supera o 50 % da base subvencionable do plan de internacionalización, entenderase que o dito incumprimento é total e deben reintegrarse todas as cantidades percibidas e os seus xuros de demora.

4. Incumprimento total, coa revogación da axuda concedida e reintegro, se é o caso, das cantidades percibidas, nos seguintes casos:

a) Obter a subvención sen reunir as condicións requiridas.

b) Non xustificar ante o Igape o cumprimento dos requisitos e condicións da subvención, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou desfrute da subvención.

c) Non facilitar os datos requiridos sobre a actividade exportadora ou non someterse ás actuacións de comprobación que efectúe o Igape, así coma calquera outra actuación, sexa de comprobación e control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, nomeadamente a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas, o Consello de Contas, os órganos de control da Comisión Europea, achegando canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores e ás verificacións do artigo 125 do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Consello.

d) Non darlle publicidade ao financiamento do plan de internacionalización, de acordo co establecido no artigo 13 destas bases.

e) Non manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable axeitado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionables, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os gastos financiados con fondos Feder.

f) Non dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ao beneficiario en cada caso.

g) Non comunicar ao Igape a obtención doutras subvencións e axudas que financien o plan de internacionalización e que, de telas comunicado, superasen os límites de minimis.

h) Non comunicar ao Igape a modificación das circunstancias que fundamentaran a concesión da subvención.

i) Non acreditar que se atopa ao día das súas obrigas fiscais, coa Seguridade Social e coa comunidade autónoma.

Artigo 17. Réxime sancionador

Aos beneficiarios das subvencións reguladas nestas bases seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 18. Fiscalización e control

Os beneficiarios destas subvencións someteranse ás actuacións de control que realice o Instituto Galego de Promoción Económica para o seguimento dos plans de internacionalización aprobados e ás de control financeiro que correspondan á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, así como ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, así como, de ser o caso, ás dos servizos financeiros da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo e ás verificacións do artigo 125 do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Consello.

Artigo 19. Comprobación de subvencións

1. Previamente ao seu aboamento, o órgano concedente comprobará a axeitada xustificación da subvención, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou o desfrute da subvención.

O prazo para a comprobación material de facturas e xustificantes de investimento será de tres anos a partir do 31 de decembro seguinte á presentación das contas en que estean incluídos os gastos da operación.

2. Para todo o non previsto nos puntos anteriores será aplicable o disposto no artigo 30 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 20. Publicidade

1. De conformidade co previsto no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, o Igape e a Consellería de Economía, Emprego e Industria incluirán as axudas concedidas ao abeiro destas bases e as sancións, que como consecuencia delas puidesen impoñerse, nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos persoais dos beneficiarios e a referida publicidade.

2. De acordo co artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e co artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, o Igape publicará as subvencións concedidas ao abeiro destas bases na páxina web do Igape, www.igape.es, e no Diario Oficial de Galicia expresando a norma reguladora, beneficiario, crédito orzamentario, contía e finalidade da subvención, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos do beneficiario e da súa publicación nos citados medios. A publicación no Diario Oficial de Galicia realizarse no prazo máximo de tres meses contados desde a data de resolución das concesións, non obstante, cando os importes das subvencións concedidas, individualmente consideradas, sexan de contía inferior a 3.000 euros, non será necesaria a publicación no Diario Oficial de Galicia, que será substituída pola publicación das subvencións concedidas na páxina web do Instituto Galego de Promoción Económica.

3. De acordo co establecido no artigo 20.4 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, a cesión de datos de carácter persoal que debe efectuarse á Intervención Xeral da Administración do Estado, para os efectos de publicar as subvencións concedidas na Base de datos nacional de subvencións, non requirirá o consentimento do beneficiario. Neste ámbito non será de aplicación o disposto no número 1 do artigo 21 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.

Artigo 21. Datos de carácter persoal

De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación destas bases reguladoras, cuxo tratamento e publicación autorizan as persoas interesadas mediante a presentación das solicitudes, serán incluídos nun ficheiro denominado Beneficiarios - Terceiros, cuxo obxecto, entre outras finalidades, é xestionar estas bases reguladoras, así como para informar as persoas interesadas sobre o seu desenvolvemento. O órgano responsable desde ficheiro é o Igape quen, no ámbito das súas respectivas competencias, cederá os datos á Consellería de Economía, Emprego e Industria para a resolución do expediente administrativo, así como aos outros órganos especificados nestas mesmas bases reguladoras para a súa tramitación. O solicitante faise responsable da veracidade de todos eles e declara ter o consentimento das terceiras persoas cuxos datos poida ser necesario achegar. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante o Igape, mediante unha comunicación ao seguinte enderezo: Complexo Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela, ou a través dun correo electrónico a lopd@igape.es.

Así mesmo, serán incluídos no ficheiro denominado Xestión, seguimento e control de proxectos e fondos europeos, cuxo obxecto, entre outras finalidades, é a xestión, seguimento, control, coordinación e estudo da execución e avaliación dos programas operativos dos fondos procedentes da Unión Europa. O órgano responsable deste ficheiro é a Dirección Xeral de Proxectos e Fondos Europeos. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante a Dirección Xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos, mediante unha comunicación ao seguinte enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela (A Coruña), ou a través dun correo electrónico a dx.politica.financeira.tesouro.fondos.europeos.facenda@xunta.gal.

Artigo 22. Remisión normativa

Para todo o non previsto nestas bases aplicarase o previsto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento; na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións; no Decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o seu regulamento; no Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE L 352, do 24 de decembro); no Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e polo que se establecen disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e se derroga o Regulamento (CE) nº 1083/2006 do Consello (DOUE L 347, do 20 de decembro); no Regulamento (UE) nº 1301/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, sobre o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e sobre disposicións específicas relativas ao obxectivo de investimento en crecemento e emprego e polo que se derroga o Regulamento (CE) nº 1080/2006, así como na normativa comunitaria de desenvolvemento dos citados regulamentos.

En canto ao cómputo de prazos, observarase o disposto no artigo 30 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO III
Requisitos de comunicación do financiamento público
Axudas para a execución de accións de promoción exterior conxunta
das empresas galegas (Galicia Exporta Organismos Intermedios), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa
operativo Feder Galicia 2014-2020

Responsabilidade do beneficiario:

Ao tratarse de subvencións cofinanciadas con fondos estruturais da Unión Europea, en relación coa publicidade do financiamento, de conformidade co previsto no anexo XII, número 2.2, do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, o beneficiario deberá cumprir os seguintes requisitos de publicación e comunicación:

1. En todas as medidas de información e comunicación que leve a cabo, o beneficiario deberá recoñecer o apoio do Igape, da Xunta de Galicia e do Feder ao proxecto, incluíndo a imaxe institucional do Igape e da Xunta de Galicia e mostrando:

a) O emblema da Unión e unha referencia á Unión Europea.

b) Referencia ao Fondo que dá apoio ao proxecto.

c) Referencia ao lema do Fondo «Unha maneira de facer Europa».

O formato que se deberá empregar é o seguinte:

Proxecto cofinanciado polo Igape, Xunta de Galicia e o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional do programa operativo 2014-2020.

missing image file

2. Durante a realización do proxecto:

a) Breve descrición no seu sitio da internet, no caso de que dispoña dun, do proxecto, de xeito proporcionado ao nivel de apoio prestado, cos seus obxectivos e resultados, e destacando o apoio financeiro do Igape, da Xunta de Galicia e da Unión; esta descrición estará dispoñible ata o pagamento da axuda, ou ben durante 3 meses, 6 meses ou un ano, a partir da finalización do evento ou actuación, de acordo co que estableza o Igape na resolución de concesión, en atención á contía do apoio financeiro recibido.

O formato que se deberá empregar é o seguinte:

Esta empresa participa nun proxecto de internacionalización, operación cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

Como apoio ao proceso de internacionalización, (nome da empresa), ten axuda concedida pola Xunta de Galicia a través do Igape cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder de Galicia 2014-2020, OT3 Conseguir un tecido empresarial máis competitivo. Unha maneira de facer Europa.

O obxectivo principal destas axudas é incentivar e estimular o comercio exterior galego e a internacionalización das pemes galegas. O resultado que se pretende é aumentar a base de empresas exportadoras e consolidar a presenza de empresas galegas nos mercados internacionais.

b) Colocar polo menos un cartel con información sobre o proxecto (dun tamaño mínimo A3), no cal se mencionará a axuda financeira do Igape, da Xunta de Galicia e da Unión, nun lugar visible para o público.

O formato que se deberá empregar é o seguinte:

missing image file
missing image file

Características técnicas para a exhibición do emblema da Unión e referencia ao Fondo.

De acordo co establecido no artigo 4 do Regulamento (UE) nº 821/2014 da Comisión, do 28 de xullo de 2014:

1. O emblema da Unión deberá figurar en cor nos sitios web. En todos os demais medios de comunicación, a cor utilizarase sempre que sexa posible.

2. O emblema será sempre claramente visible e ocupará un lugar destacado. A súa posición e tamaño serán os adecuados á escala do material ou documento empregados. En pequenos artigos de promoción non será obrigatorio facer referencia ao Fondo.

3. Cando o emblema da Unión e a referencia á Unión e ao Fondo correspondente se presenten nun sitio web serán visibles ao chegar ao dito sitio web, na superficie de visión dun dispositivo dixital, sen que o usuario teña que despregar toda a páxina.

4. O nome Unión Europea sempre aparecerá sen abreviar. O tipo de letra debe ser: arial, auto, calibri, garamond, trebuchet, tahoma, verdana ou ubuntu. Non se empregará a cursiva, o subliñado nin outros efectos. O corpo do tipo utilizado deberá ser proporcional ao tamaño do emblema e de xeito que non interfira. A cor do tipo será azul réflex, negra ou branca, en función do contexto.

5. Se se exhiben outros logotipos ademais do emblema da Unión, este terá como mínimo o mesmo tamaño, medido en altura e largura, que o maior dos demais logotipos.

Utilización do logotipo da Unión Europea:

O único logotipo válido é o formado polo emblema da Unión e unha referencia á Unión Europea situada debaixo del.

missing image file

En toda comunicación relativa a fondos europeos deberase incorporar ademais unha referencia ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional. Adicionalmente, empregarase o lema «Unha maneira de facer Europa».

ANEXO IV
Gastos de viaxes subvencionables

Axudas para a execución de accións de promoción exterior conxunta
das empresas galegas (Galicia Exporta Organismos Intermedios), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa
operativo Feder Galicia 2014-2020

Gastos máximos de viaxe subvencionables por tramos de distancia entre país de orixe e o país ou países de destino (tendo en conta para a dita distancia só o tramo de ida ou volta desde a cidade de orixe a unha cidade de destino por país ou países obxecto da actuación):

Distancias

Importe

Entre 100 e 499 km

180 euros

Entre 500 e 1.999 Km

475 euros

Entre 2.000 e 2.999 km

560 euros

Entre 3.000 e 3.999 km

930 euros

Entre 4.000 e 7.999 km

1.020 euros

8.000 Km ou máis

1.300 euros

Fonte límite: distancia desde a cidade de orixe á cidade de destino de celebración das actuacións calculada en quilómetros segundo o calculador establecido pola Comisión Europea para o aboamento dos desprazamentos en proxectos europeos.

(http://ec.europa.eu/programmes/erasmus-plus/tools/distance_en.htm)

No caso de que unha mesma actuación implique desprazamento a máis dun país, terase en conta a distancia ao primeiro destino, e sumarase a distancia desde este ás cidades destino dos outros países (1 cidade por país).

Documentación que se entregará para xustificar a viaxe (cidade de orixe, cidade de destino): tarxetas de embarque de ida e volta, facturas, billetes, tíckets, etc. (de xeito que quede demostrada a orixe e destino e as datas).

Gastos de aloxamento e almorzo subvencionables:

Fonte: per diem Comisión Europea. Detalle país en:

http://ec.europa.eu/europeaid/work/procedures/implementation/per_diems/index_en.htm

(Tarifas actuais publicadas o 18 de marzo de 2015 máis unha corrección para Colombia do 21 de abril de 2015). (Estas cifras actualízanse anualmente en función das circunstancias dos países).

Nos per diem establécense límites máximos de aloxamento: 62 % do importe total indicado per diem. Coas cifras actuais de per diem publicadas pola Comisión Europea, a táboa de per diem quedaría como segue:

Países membros da UE:

País

Total per diem Comisión Europea

Aloxamento e almorzo
(62 % do total per diem)

Alemaña

208 €

128,96 €

Austria

225 €

139,50 €

Bélxica

232 €

143,84 €

Bulgaria

227 €

140,74 €

Chipre

238 €

147,56 €

Croacia

180 €

111,60 €

Dinamarca

270 €

167,40 €

Eslovaquia

205 €

127,10 €

Eslovenia

180 €

111,60 €

España

212 €

131,44 €

Estonia

181 €

112,22 €

Finlandia

244 €

151,28 €

Francia

245 €

151,90 €

Grecia

222 €

137,64 €

Hungría

222 €

137,64 €

Irlanda

254 €

157,48 €

Italia

230 €

142,60 €

Letonia

211 €

130,82 €

Lituania

183 €

113,46 €

Luxemburgo

237 €

146,94 €

Malta

205 €

127,10 €

Países Baixos

263 €

163,06 €

Polonia

217 €

134,54 €

Portugal

204 €

126,48 €

Reino Unido

276 €

171,12 €

República Checa

230 €

142,60 €

Romanía

222 €

137,64 €

Suecia

257 €

159,34 €

Resto de países, acudirase ao per diem actual publicado pola Comisión Europea no seguinte enlace, coas porcentaxes indicadas anteriormente:

http://ec.europa.eu/europeaid/work/procedures/implementation/per_diems/index_en.htm

Documentación que se entregará para xustificar o aloxamento en hotel e número de pernoitas:

Bono de reserva de hotel ou factura de xeito que quede demostrada a data de entrada e saída do hotel.