Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 27 de xaneiro de 2017 Páx. 4242

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO de convocatoria para prover cinco prazas de policía local, catro por oposición libre e unha por mobilidade, pertencentes á escala de administración especial, subescala de servizos especiais, clase de policía local, subgrupo C1.

No Boletín Oficial da provincia de Ourense número 16, do 20 de xaneiro de 2017, foron publicadas integramente as bases que van rexer a convocatoria para prover 5 prazas de policía local para o concello de Ourense, 4 por oposición libre e 1 por mobilidade, pertencentes á escala de administración especial, subescala de servizos especiais, clase de policía local, subgrupo C1.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais contados desde o seguinte ao da publicación de este anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria faranse públicos no taboleiro de anuncios da Corporación e, cando proceda, no Boletín Oficial da provincia de Ourense.

Ourense, 20 de xaneiro de 2017

O alcalde
P.D. (Acordo do 21.11.2016)
Flora Moure Iglesias
Concelleira delegada de Recursos Humanos