Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 30 de xaneiro de 2017 Páx. 4273

III. Outras disposicións

Axencia Turismo de Galicia

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 29 de decembro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, dos Premios Camiño de Santiago e se procede á súa convocatoria para o ano 2017.

Advertido erro na citada resolución publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 15, do 23.1.2017, faise necesario realizar a oportuna corrección:

Na páxina 3455, no artigo 3 das bases reguladoras débese eliminar o número 5: «A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para a facilitar ás persoas interesadas a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio, que poderán ser presentados electronicamente accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada, ou presencialmente só para o caso daquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común».