Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 30 de xaneiro de 2017 Páx. 4360

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de inicio do prazo de presentación de solicitudes para os procesos selectivos da oferta de emprego público 2013.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra de data do 2 de xaneiro de 2017 publicáronse as bases xerais e específicas dos procesos selectivos derivados da execución da oferta de emprego público 2013.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra para o caso das prazas de persoal laboral por promoción interna e no Boletín Oficial del Estado para o caso das prazas de funcionarios de carreira, tanto pola quenda libre como por promoción interna.

Os sucesivos anuncios referentes a estas convocatorias unicamente se publicarán no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e no taboleiro de anuncios da corporación, xuntamente coa páxina web municipal www.vigo.org

Vigo, 16 de xaneiro de 2017

O alcalde
P.D. (Decreto e Acordo do 19.6.2015)
Javier Pardo Espiñeira
Concelleiro delegado da Área de Xestión Municipal e Persoal