Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 31 de xaneiro de 2017 Páx. 4502

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 2 de xaneiro de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2016141AL-CO, por infraccións en materia sanitaria.

O 15 de decembro de 2016, a Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade da Coruña ditou a resolución do expediente sancionador 2016141AL-CO, incoado a Roberto Carlos Sánchez García.

Unha vez intentada a notificación da resolución segundo o disposto no artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e ao non ser posible efectuala, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do dito artigo, notifícaselle a Roberto Carlos Sánchez García o contido da referida resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establecen o artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da xefatura, sita na rúa Durán Loriga 3, A Coruña, e a obter, de ser o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

No caso de estar de acordo co contido desta resolución, o aboamento voluntario da sanción poderá facerse no seguinte prazo: 1) as notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte, e 2) as notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte; mediante o ingreso que poderá efectuar en calquera entidade bancaria colaboradora, empregando os impresos normalizados que se lle facilitarán nas dependencias da xefatura territorial.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificado pola Lei 15/2014, do 16 de setembro (BOE núm. 226, do 17 de setembro).

A Coruña, 2 de xaneiro de 2017

A xefa territorial da Coruña
P.S. (Artigo 19.3 do Decreto 41/2013, do 21 de febreiro)
Marta Gil Pérez
Xefa do Servizo de Xestión da Coruña

ANEXO

Nº de expediente: 2016141AL-CO.

Interesado: Roberto Carlos Sánchez García (Café Bar Arriba).

DNI/NIF/CIF: 32695353W.

Último enderezo coñecido: Médico Cebreiro 108, 15510 Neda.

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.