Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 31 de xaneiro de 2017 Páx. 4449

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 24 de xaneiro de 2017, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas.

Na sesión que tivo lugar o día 24 de xaneiro de 2017, o tribunal nomeado pola Orde do 13 de abril de 2016 (DOG núm. 74, do 19 de abril), designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, convocado pola Orde do 18 de maio de 2015 (DOG núm. 95, do 22 de maio), e de conformidade co disposto nas bases da convocatoria, adoptou os seguintes acordos:

Primeiro. Realizar os trámites oportunos para publicar as cualificacións obtidas polos aspirantes que se presentaron ao cuarto exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, no lugar onde se realizou o exercicio e no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal.

Segundo. Que, de acordo co establecido na base II.1.1.4 da orde da convocatoria, superaron o cuarto exercicio os aspirantes que obtiveron unha cualificación mínima de vinte (20) puntos.

Terceiro. Que, de acordo co disposto na base II.2.7 da orde da convocatoria, os aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas en relación coas cualificacións no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. De conformidade co disposto na base IV.13 da convocatoria, contra este acordo poderá interporse recurso de alzada nos termos previstos nos artigos 121 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 2017

José Miguel Rey Lama
Presidente do tribunal