Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 31 de xaneiro de 2017 Páx. 4519

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

CÉDULA do 20 de decembro de 2016, da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, pola que se lles notifica ás persoas relacionadas a facturación ao seu nome de servizos sanitarios prestados, no caso de non achegaren os datos necesarios para facturar ao terceiro obrigado ao pagamento.

Mediante esta cédula, e debido a que os debedores comprendidos na relación que a seguir se insire non puideron ser atopados nos enderezos que figuran nos rexistros deste centro, ou que se alegaron distintos motivos para non recibir as notificacións por parte das persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas, comunícaselles ás persoas incluidas na relación posterior que:

Segundo o recollido no anexo IX do Real decreto 1030/2006, do 15 de setembro, polo que se establece a carteira de servizos do Sistema Nacional de Saúde e o procedemento para a súa actualización, así como no artigo 83 da Lei xeral de sanidade e na disposición adicional 22 do texto refundido da Lei xeral de seguridade social, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1994, do 20 de xuño, de non achegaren no prazo de 10 días os datos e a documentación necesaria para poder facturar ao terceiro obrigado ao pagamento a asistencia sanitaria que lles foi prestada neste centro sanitario, os gastos asistenciais serán ao seu cargo, tal e como se recolle no artigo 1 do Decreto 56/2014, do 30 de abril (DOG núm. 96, do 21 de maio), no Decreto 221/2012, do 31 de outubro (DOG núm. 222, do 21 de novembro), polo que se establecen as tarifas dos servizos sanitarios prestados nos centros dependentes do Servizo Galego de Saúde, por tanto emitirase factura de gastos sanitarios ao seu nome.

Para todo tipo de consulta ou aclaración sobre a documentación que deben achegar, deberán pórse en contacto co Servizo de Facturación deste centro sanitario no teléfono 986 88 51 25.

Para que conste, lles sirva de notificación ás persoas interesadas e en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido, asino e selo esta cédula. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Pontevedra, 20 de decembro de 2016

José Manuel González Álvarez
Xerente de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés

ANEXO

Nome do/da doente

DNI/NIF

Iguarán Iguarán Alberto Carlos

X02963406V

Mascato Bravo David

035473571G

Álvarez Ducroix Florian

077418420Y

Santiago Rosales Francisco

035261257A

Lage Martínez Clara Isabel

035566392C

Moraru --- Elena Georgiana

Y01965610K

Estevam Reyes Alejandra

077970479L

Viéitez Vidal Víctor

044078654M