Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 31 de xaneiro de 2017 Páx. 4483

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 2 de xaneiro de 2017, do Servizo de Mobilidade de Pontevedra, polo que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltos polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente PO-02422-S-2016 e catorce máis).

A persoa titular do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Pontevedra acordou a incoación dos expedientes sancionadores PO-02422-S-2016 e catorce máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse os acordos de incoación ditados ás persoas interesadas.

Infórmaselles de que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Pontevedra.

Outorgáselles un prazo quince (15) días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE para alegar o que consideren conveniente, presentando ou propoñendo as probas que consideren oportunas.

No suposto que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta (30) días contados desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.

Pontevedra, 2 de xaneiro de 2017

José Jorge Martínez Fernández
Xefe do Servizo de Mobilidade de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciado

DNI/CIF

Infracción denunciada

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

PO-02422-S-2016

7012-GYD

Franco Sport, 4, S.L.

B94041621

Atenuante: realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro, carecendo de título habilitante.
16.2.2016; 16.20; avda. Josefina Arruty

Art. 141.25 en relación co art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.k) LOTT

Art. 143.1.f) LOTT

801 euros

PO-02481-O-2016

4865-DXD

Excav. y Transp. Feijoo Rodiño, S.L.

B36501872

A carencia a bordo do vehículo das follas de rexistro dos tempos de condución e descanso xa utilizadas ou dos documentos de impresión que resulte obrigatorio levar, con independencia do tipo de tacógrafo, analóxico ou dixital, que se estea utilizando.
24.3.2016; 17.54; VG-4.1; 1,2

Art. 140.35 LOTT

Art. 143.1.g) LOTT

1.001 euros

PO-02624-O-2016

PO-6514-AF

Palcos y Carpas Paco Salcedo, S.L.

B36343630

Atenuante: realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro, carecendo de título habilitante.
15.3.2016; 16.15; PO-542; 5,0

Art. 141.25 en relación co art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.k) LOTT

Art. 143.1.f) LOTT

801 euros

PO-03018-O-2016

0731-BJN

Instalaciones Artísticas

Ivan, S.L.

B36464121

A carencia a bordo do vehículo das follas de rexistro dos tempos de condución e descanso xa utilizadas ou dos documentos de impresión que resulte obrigatorio levar, con independencia do tipo de tacógrafo, analóxico ou dixital, que se estea utilizando.
27.4.2016; 15.44; PO-531; 16,1

Art. 140.35 LOTT

Art. 143.1.g) LOTT

1.001 euros

PO-03183-O-2016

9409-FXF

Decoraciones Husky, S.L.

B70114368

Non levar a bordo do vehículo a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestar o servizo.
25.4.2016; 17.42; AP-9; 137,5

Art. 142.8 LOTT

Art. 143.1.b) LOTT

201 euros

PO-03232-O-2016

8995-HFP

Us Eventos, S.C.

J94110905

O exceso igual ou superior ao 25 % sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 28 %.
31.3.2016; 8.46; AP-9; 131,5

Art. 140.23 LOTT

Art. 143.1.h) LOTT

2.600 euros

PO-03551-O-2016

1067-CYT

Cía. Protección y Vigilancia Galaica, S.A.

A15922198

A carencia, falta de datos esenciais, ocultación ou falta de conservación da documentación de control.
21.4.2016; 17.16; A-55; 26,0

Art. 141.17 LOTT

Art. 143.1.d) LOTT

401 euros

PO-03554-S-2016

0020-CSW

Sanxenxo Explotaciones Forestales

B94107760

O exceso igual ou superior ao 10 % e inferior ao 20 % sobre a MMA total en vehículos con MMA superior a 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 14 %.

21.4.2016; 12.30; PO-331; 12,400

Art. 141.2 LOTT

Art. 143.1.f) LOTT

900 euros

PO-03557-S-2016

0020-CSW

Sanxenxo Explotaciones Forestales

B94107760

Non levar a bordo do vehículo a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestar o servizo.
21.4.2016; 12.30:00 PO-331 12.400

Art. 142.8 LOTT

Art. 143.1.b) LOTT

201 euros

PO-03739-S-2016

4656-DZX

Payan Transporte

Urgente, S.L.

B27825918

A realización de transportes públicos de mercadorías, así como a contratación como carrexador ou a facturación en nome propio de servizos de transporte, carecendo da autorización, sempre que se acredite que no momento de realizalos ou contratalos se cumprían todos os requisitos exixidos para a súa obtención e que esta se solicitou dentro dos 15 días seguintes á notificación do inicio do expediente.
13.4.2016; 10.00; avda. Clara Campoamor con estrada VG-20

Art. 142.1 LOTT

Art. 143.1.c) LOTT

301 euros

PO-03934-O-2016

8198-FYH

Transportes Castiñeira, S.A.

A15010192

Atenuante: realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro, carecendo de título habilitante.
3.6.2016; 17.01; PO-325 2,0

Art. 141.25 en relación co art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.k) LOTT

Art. 143.1.f) LOTT

801 euros

PO-04015-O-2016

C-9669-BF

Víctor Fernando Aparicio Montero

34625681D

A falta de identificación do condutor nunha folla de rexistro ou documento de impresión dos tempos de condución e descanso, consistente en non consigar apelidos e/ou nome, ou non consignar toda a información cando as normas da UE reguladoras da materia lle atribúan a consideración de infracción moi grave.
20.6.2016; 11.05; N-120; 650,0

Art. 140.22 LOTT

Art. 143.1.h) LOTT

2.001 euros

PO-04041-O-2016

2484-GGD

Jesús Francisco Meis Díaz

35453999M

Atenuante: realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro, carecendo de título habilitante.
13.7.2016; 17.39; PO-548; 7,9

Art. 141.25 en relación co art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.k) LOTT

Art. 143.1.f) LOTT

801 euros

PO-04071-O-2016

PO-5207-AK

Couso Boullosa J.

35230105Q

A realización de transporte privado ao abeiro dunha autorización caducada, revocada ou que por calquera outra causa perdese validez. 6.5.2016; 9.35; PO-531; 4,5

Art. 141.14 LOTT

Art. 143.1.e) LOTT

601 euros

PO-04072-O-2016

PO-5207-AK

Couso Boullosa J.

35230105Q

O uso incorrecto do selector de actividades do tacógrafo.
6.5.2016; 9.25; PO-531; 4,5

Art. 140.26 LOTT

Art. 143.1.g) LOTT

1.001 euros