Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 31 de xaneiro de 2017 Páx. 4456

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (PO 1036/2015).

María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1036/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Pablo Ares Rodríguez contra o Fondo de Garantía Salarial e Puro Hielo, S.L., sobre ordinario, ditouse sentenza, cuxa resolución di:

Decido que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Pablo Ares Rodríguez contra a entidade Puro Hielo, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Puro Hielo, S.L., a que aboe ao demandante a cantidade de 2.520,70 euros brutos por salarios devindicados entre xaneiro e abril de 2015 ambos inclusive, incrementadas no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais, coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial. Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra esta non cabe interpoñer recurso ningún. Así por esta a miña sentenza, pronúnciao, mándao e asínao a maxistrada xuíza deste Xulgado do Social número 5 da Coruña, Pilar Carreira Vidal.

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Puro Hielo, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 11 de xaneiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza