Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 1 de febreiro de 2017 Páx. 4576

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social, pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no terceiro cuadrimestre do ano 2016.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que cada consellería ou entidade terá que remitir para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos referida ao cuadrimestre anterior, para os efectos de cumprir coas obrigas legais fixadas.

En consecuencia, e para lle dar cumprimento á dita obriga,

RESOLVO:

Darlle publicidade á relación de convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Política Social durante o terceiro cuadrimestre do ano 2016, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2017

Francisco Javier Abad Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Política Social

ANEXO

Convenios asinados no terceiro cuadrimestre de 2016

Título

Obxecto

Data de sinatura

Importe (€)

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e a Fundación Camiña Social para levar a cabo unha intervención educativa integral con persoas menores que teñan que cumprir medidas xudiciais e outras actuacións en medio aberto previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores, na provincia da Coruña

Regular a colaboración para levar a cabo unha intervención educativa integral con menores que teñen que cumprir medidas non privativas de liberdade, denominadas de medio aberto, impostas polos xulgados de menores en virtude do artigo 7 da Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, ou que teñan que realizar tarefas e actividades de reparación extraxudicial previstas no artigo 19 da mencionada lei, na provincia da Coruña

1.9.2016

627.740,96 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG) para o desenvolvemento dun programa denominado Servizo de atención psicolóxica e logopédica para familias e menores xordos implantados ou con prótese auditiva

Regular o marco de colaboración no desenvolvemento dun programa de atención psicolóxica e logopédica para familias con menores xordos implantados ou con prótese auditiva, que consiste na atención logopédica a menores xordos de entre 0 e 6 anos e a orientación sobre estratexias comunicativas ás súas familias e a centros educativos (lingua de signos), así como tamén no asesoramento psicolóxico ás familias e/ou contorno de convivencia, co fin de fomentar o desenvolvemento normalizado do sistema familiar

16.9.2016

6.825 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Asociación de Familias de Persoas con Parálise Cerebral (APAMP) para a mellora da intervención educativa co alumnado afectado de parálise cerebral e trastornos afíns

Establecer o marco de colaboración para a mellora da intervención educativa co alumnado afectado de parálise cerebral e trastornos afíns

21.9.2016

Non implica obriga económica

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a entidade Cruz Vermella de Galicia para a execución do programa de soporte psicosocial a persoas maiores que exercen labores parentais con menores de idade a través dunha escola de avós e avoas educadores/as (programa avós/as coidadores/as)

Regular o marco de colaboración para o desenvolvemento do Programa de apoio psicosocial a persoas maiores que exercen labores parentais de coidado e crianza dos seus netos e netas a través dunha escola de avós e avoas educadores/as e a súa implantación nas sete grandes cidades de Galicia

23.9.2016

54.029,05 €

Convenio de colaboración entre o Consello Xeral do Poder Xudicial, a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Consellería de Política Social, o Ministerio Fiscal, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e o Ilustre Colexio de Avogados de Ferrol para o desenvolvemento dun programa de mediación intraxudicial familiar gratuíta durante o ano 2016 en Ferrol

Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración para o desenvolvemento dun programa de mediación intraxudicial gratuíta en Ferrol, mediante a constitución dun equipo permanente de mediación composto por un/unha psicólogo/a e un/unha avogado/a

23.9.2016

20.000,00 €

Convenio de colaboración entre o Consello Xeral do Poder Xudicial, a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Consellería de Política Social, o Ministerio Fiscal, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e o Ilustre Colexio de Avogados da Coruña para o desenvolvemento dun programa de mediación intraxudicial familiar gratuíta durante o ano 2016 na Coruña

Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración para o desenvolvemento dun programa de mediación intraxudicial gratuíta na Coruña, mediante a constitución dun equipo permanente de mediación composto por un/unha psicólogo/a e un/unha avogado/a

23.9.2016

40.000,00 €

Convenio de colaboración entre o Consello Xeral do Poder Xudicial, a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Consellería de Política Social, o Ministerio Fiscal, para o desenvolvemento dun programa de mediación familiar intraxudicial en Lugo

Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración para o desenvolvemento dun programa de mediación familiar intraxudicial en Lugo

23.9.2016

Non implica obriga económica

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Fundación Secretariado Gitano para o desenvolvemento do Programa Promociona

Regular o marco de colaboración no desenvolvemento do Programa Promociona destinado ao apoio aos alumnos e alumnas xitanos/as e ás súas familias co fin de reducir o abandono escolar. O obxectivo deste programa é favorecer a normalización educativa do alumnado xitano co fin de conseguir taxas máis elevadas de éxito académico durante a etapa de escolarización obrigatoria, con especial incidencia no último ciclo de Educación Primaria e en Educación Secundaria e promover a continuidade en estudos medios e/ou superiores e formación profesional para o que se prestará orientación educativa e familiar e sesións de apoio escolar e reforzo aos alumnos

23.9.2016

35.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí que desenvolve o programa Vacacións en Paz 2016

Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración para o desenvolvemento do programa Vacacións en Paz 2016, que ten como obxectivo xeral trasladar a nenos/as saharauís, procedentes dos campamentos de refuxiados en Tindouf (Alxeria), para pasar dous meses do período estival acollidos por familias galegas

26.9.2016

7.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, e a Deputación de Pontevedra, para a atención de menores no centro residencial Príncipe Felipe de Pontevedra

A atención de menores, tutelados por esta administración ou en situación de garda, na cidade infantil Príncipe Felipe establecemento do que é titular a Deputación Provincial de Pontevedra. O equipamento fórmano un conxunto de módulos ou unidades de convivencia cun número de 75 prazas de atención residencial e 25 prazas de atención de día

25.11.2016

848,203,52 €

Acordo de prórroga para o ano 2017, do convenio de colaboración entre a extinta Consellería de Traballo e Benestar e a Asociación Centro Trama para levar a cabo unha intervención educativa integral con persoas menores que teñan que cumprir medidas xudiciais e outras actuacións en medio aberto previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores

Regular a colaboración para levar a cabo unha intervención educativa integral con menores que teñen que cumprir medidas non privativas de liberdade, denominadas de medio aberto, impostas polos xulgados de menores en virtude do artigo 7 da Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, ou que teñan que realizar tarefas e actividades de reparación extraxudicial previstas no artigo 19 da mencionada lei, na provincia de Ourense

22.12.2016

255.714,28 €

Acordo de prórroga para o ano 2017 do Convenio de colaboración entre a extinta Consellería de Traballo e Benestar e a asociación Arela para levar a cabo unha intervención educativa integral con persoas menores que teñan que cumprir medidas xudiciais e outras actuacións en medio aberto previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores

Regular a colaboración para levar a cabo unha intervención educativa integral con menores que teñen que cumprir medidas non privativas de liberdade, denominadas de medio aberto, impostas polos xulgados de menores en virtude do artigo 7 da Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, ou que teñan que realizar tarefas e actividades de reparación extraxudicial previstas no artigo 19 da mencionada lei, na provincia de Pontevedra

22.12.2016

331.166,07 €

Acordo de prórroga para o ano 2017 do Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Asociación Dignidad Lugo para levar a cabo unha intervención educativa integral con persoas menores que teñan que cumprir medidas xudiciais e outras actuacións en medio aberto previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores

Regular a colaboración para levar a cabo unha intervención educativa integral con menores que teñen que cumprir medidas non privativas de liberdade, denominadas de medio aberto, impostas polos xulgados e menores en virtude do artigo 7 da Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, ou que teñan que realizar tarefas e actividades de reparación extraxudicial previstas no artigo 19 da mencionada lei, na provincia de Lugo

22.12.2016

263.921,04 €

Acordo de prórroga para o ano 2017 do Convenio de Colaboración entre a Consellería de Política Social e a Fundación Diagrama Intervención Psicosocial para levar a cabo a atención residencial, a intervención educativa integral, e terapéutica con persoas menores que teñan que cumprir medidas xudiciais privativas de liberdade previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores no Centro de Atención Específica Montefiz

Regular a colaboración para levar a cabo a atención residencial, a intervención educativa integral e terapéutica con persoas menores que teñen que cumprir medidas xudiciais privativas de liberdade previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, no centro de atención especifica Montefiz, así como a atención dos fillos e fillas menores de tres anos que convivan coas súas nais internadas, de acordo co previsto na letra n) do artigo 56 da dita lei e no artigo 34 do Real decreto 1774/2004, do 30 de xullo, polo que se aproba o regulamento da citada lei

22.12.2016

1.641.510,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e o Ilustre Colexio Oficial de Odontólogos e Estomatólogos da Coruña, para a atención odontolóxica de menores tutelados ou en garda pola Xunta de Galicia

A atención odontolóxica de menores incluídos no sistema de protección. Para tal fin, póñense á disposición destes os especialistas e profesionais adscritos, os cales utilizarán unhas tarifas previamente aprobadas para cada ano de prórroga

23.12.2016

Non implica obriga económica

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e o Ilustre Colexio Oficial de Odontólogos e Estomatólogos de Lugo, para a atención odontolóxica de menores tutelados ou en garda pola Xunta de Galicia

A atención odontolóxica de menores incluídos no sistema de protección. Para tal fin, póñense á disposición destes, os especialistas e profesionais adscritos, os cales utilizarán unhas tarifas previamente aprobadas para cada ano de prórroga

23.12.2016

Non implica obriga económica

Convenio de Colaboración entre a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e o Ilustre Colexio Oficial de Dentistas da XI Rexión (Ourense-Pontevedra), para a atención odontolóxica de menores tutelados ou en garda pola Xunta de Galicia

A atención odontolóxica de menores incluídos no sistema de protección. Para tal fin, póñense á disposición destes, os especialistas e profesionais adscritos, os cales utilizarán unhas tarifas previamente aprobadas para cada ano de prórroga

23.12.2016

Non implica obriga económica

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e a entidade financeira Abanca corporación bancaria, S.A. para a instrumentación da axuda económica ás familias a través da tarxeta benvida

Establecer o marco da colaboración para a instrumentación da axuda económica para as familias que no ano 2017 teñan, tanto por natureza como por adopción, un fillo ou unha filla ou estean en situación de garda con fins adoptivos dun neno ou nena menor dun ano

30.12.2016

Non implica obriga económica

Acordo de modificación e prórroga para o ano 2017 do Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña, para a atención residencial de menores no centro Emilio Romay

Establecer o marco de colaboración para o ano 2016 para a atención residencial de menores tutelados ou en garda pola Xunta de Galicia no seu centro Emilio Romay da Coruña. Incorpórase unha modificación para ampliar o tramo de idade de atención

30.12.2016

153.614,99 €

Acordo de prórroga do Convenio de Colaboración para o ano 2017 entre a Consellería de Política Social e o Ilustre Colexio Oficial de Odontólogos e Estomatólogos da Coruña (ICOEC) para a atención odontolóxica de menores tutelados ou en garda pola Xunta de Galicia na Clinica Social de Odontoloxía da Coruña

Dar continuidade para o ano 2017 ao marco de colaboración en virtude do cal os menores en situación de risco, desamparo ou exclusión social que estean baixo a protección da Xefatura Territorial da Consellería na Coruña poidan acceder ao servizo de asistencia odontolóxica e protésica do ICOEC na clínica social da Coruña. Os tratamentos odontolóxicos referidos neste convenio serán os excluídos de Servizo Galego de Saúde conforme á Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia

30.12.2016

Non implica obriga económica

Convenio de colaboración entre a Comunidade Autónoma de Galicia, a través da Consellería de Política Social, e o Concello de Cangas para a continuidade do funcionamento do centro sociocomunitario de Cangas

Promover a continuidade do funcionamento do centro sociocomunitario de Cangas

16.9.2016

22.000,00 €

Convenio de Colaboración entre a Consellería de Política Social e a Rede Galega contra a Pobreza (EAPN Galicia) para o desenvolvemento de actuacións encamiñadas á coordinación, optimización dos recursos e sinerxías de actuación das entidades integrantes que teñen como finalidade a loita contra a pobreza e a exclusión social

A realización, por parte de EAPN Galicia, dunha serie de de actuacións encamiñadas á coordinación, optimización dos recursos e sinerxías de actuación das entidades integrantes que teñen como finalidade a loita contra a pobreza e a exclusión social. A colaboración céntrase no financiamento das actividades que aseguren a unión de esforzos, a creación de sinerxías e o incremento da eficacia e a eficiencia das actuacións das súas entidades membro

20.9.2016

18.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a entidade Emaús fundación social para o desenvolvemento do proxecto Inclúe (segunda fase)

Regular o marco de cooperación para o desenvolvemento do Proxecto Inclúe, segunda fase, consistente nunha análise técnica dos procesos de exclusión social nas persoas, para obter como resultado unha definición consensuada de exclusión social acompañada dunha análise dos factores que inciden na integración social e laboral das persoas afectadas polos ditos procesos na comunidade galega, xunto cunha ponderación destes. Os resultados desta análise e ponderación técnica deberá reflectirse na ferramenta de valoración de base tecnolóxica xa iniciada na primeira fase deste proxecto

23.9.2016

56.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e o Concello de Meaño, de cara a instrumentar a colaboración para a realización de actividades de atención a persoas en situación de dependencia, de prevención da situación da dependencia e do agravamento desta, así como da promoción da autonomía persoal

Contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia das actuacións que o Concello de Meaño ten previsto desenvolver durante o ano 2016, de cara á realización de programas e actividades dirixidos á atención de persoas en situación de dependencia, de prevención da situación de dependencia e do agravamento desta, así como de promoción da autonomía persoal das persoas maiores residentes nese concello

3.10.2016

20.000,00 €

Convenio de cooperación entre a Consellería de Política Social e o Centro Asociado UNED-A Coruña para o financiamento do programa UNED Sénior

Oferta de estudos para aquel sector da sociedade maior que concluíu a súa vida laboral e demanda un novo tipo de formación actualizada e axeitada ás súas inquedanzas formativas e intereses culturais. Para estes efectos, o programa desenvólvese vinculado ao ámbito rural galego, de tal xeito que as clases non se celebran no Centro Asociado UNED-A Coruña (con sedes nas cidades da Coruña e Ferrol), senón que se desprazan ao ámbito rural para dar cobertura a unha necesidade formativa específica, evitándose deste xeito o solapamento de ofertas similares a un mesmo público demandante

9.12.2016

13.200,00 €

Addenda ao convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social, e o Concello de Quiroga para os investimentos de ampliación e adaptación do edificio municipal de servizos sociais, destinados á prestación de servizos de atención diúrna

Estender a vixencia do convenio asinado o 30 de xullo de 2015 ata o 31 de marzo de 2017 para os investimentos de ampliación e adaptación do edificio municipal de servizos sociais, destinados á prestación de servizos de atención diúrna

17.12.2016

Non implica obriga económica

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Asociación de nais e pais de alumnos Pía da Casca do CEIP As Mercedes, relativo á utilización das instalacións do comedor e do salón de actos da residencia xuvenil Florentino López Cuevillas para o curso académico 2016/17

Establecer a forma e condicións de colaboración para a utilización gratuíta por parte desta última das instalacións do comedor e do salón de actos da Residencia Xuvenil Florentino López Cuevillas, sita na cidade de Ourense

1.9.2016

Non implica obriga económica

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Deputación Provincial de Ourense relativo á utilización de determinadas instalacións e servizos da residencia xuvenil Florentino López Cuevillas e para a promoción da práctica de actividades deportivas entre a xuventude

Establecer a forma e condicións de colaboración para a promoción da práctica de actividades deportivas entre a xuventude, acollendo a un máximo de cinco (5) deportistas

12.9.2016

Non implica obriga económica