Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 2 de febreiro de 2017 Páx. 5095

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de convocatoria para a provisión, con carácter interino, de tres plazas de operario de obras e servizos.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOPPO) núm. 246, do 27 de decembro de 2016, procedeuse á publicación das bases que rexerán a convocatoria pública, para a provisión interina, con carácter urxente, de tres prazas do cadro de persoal do orzamento de 2012 prorrogado para o ano 2016 do Concello do Porriño, encadradas dentro do persoal laboral fixo, coa denominación de operario de obras e servizos e coa titulación de certificado de escolaridade ou equivalente, que quedaron vacantes por xubilación dos seus titulares, con posterioridade á aprobación da última oferta de emprego público deste concello, mediante contrato de duración determinada de interinidade. O sistema selectivo é o de concurso-oposición.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais contados a partir do seguinte a aquel en que se publique o anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases.

O Porriño, 29 de decembro de 2016

Eva García de la Torre
Alcaldesa