Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 6 de febreiro de 2017 Páx. 5423

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 10 de xaneiro de 2017 pola que se autoriza a apertura e funcionamento do centro de ensinanzas deportivas Tándem, de Viveiro.

O representante de Técnicos Deportivos Tándem, S.L., solicita a apertura e funcionamento do centro de ensinanzas deportivas Tándem, de Viveiro (Lugo), para impartir as ensinanzas conducentes á obtención dos títulos de técnico deportivo e de técnico deportivo superior en Salvamento e Socorrismo, regulados polo Decreto 64/2015, do 16 de abril, e o Real decreto 879/2011, do 24 de xuño, respectivamente, e do título de técnico deportivo en Mergullo Deportivo con escafandro autónomo, cuxo currículo se regula no Decreto 73/2013, do 18 de abril; ensinanzas incluídas no ámbito do Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro, que establece a ordenación xeral das ensinanzas deportivas de réxime especial.

O Decreto 410/2003, do 6 de novembro, regula os requisitos e o procedemento para a autorización a centros privados e a centros públicos que non sexan de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para impartir ensinanzas de técnicos deportivos na Comunidade Autónoma de Galicia; norma desenvolvida polas ordes desta consellería do 12 de abril de 2004 e do 23 de abril de 2004, nas cales se determinan o procedemento de autorización e os requisitos mínimos dos espazos administrativos e docentes xenéricos cos que deben contar estos centros.

Por isto, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Primeiro. Autorizar a apertura e funcionamento do centro de ensinanzas deportivas que se sinala a continuación:

Denominación xenérica: Centro Autorizado de Ensinanzas Deportivas (CAD).

Denominación específica: Tándem.

Código do centro: 27020926.

Titular: Técnicos Deportivos Tándem, S.L.

Domicilio: avenida Cervantes, s/n.

Localidade: Viveiro.

Código postal: 27850.

Concello: Viveiro.

Provincia: Lugo.

Ensinanzas que se autorizan:

– As conducentes á obtención do título de técnico deportivo en Salvamento e Socorrismo (2 unidades para 30 postos escolares cada unha).

– As conducentes á obtención do título de técnico deportivo Superior en Salvamento e Socorrismo (1 unidade para 30 postos escolares).

– As conducentes á obtención do título de técnico deportivo en Mergullo Deportivo con escafandro autónomo (2 unidades para 30 postos escolares cada unha).

Segundo. Antes da posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de Lugo, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que imparta docencia no devandito centro, así como o equipamento axeitado.

Terceiro. Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Cuarto. O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo de un mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2017

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria