Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 8 de febreiro de 2017 Páx. 5769

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 1 de febreiro de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto suxeito a regulación harmonizada, para a contratación do servizo para a aplicación de medidas de xestión das especies de flora e fauna con comportamento invasor en Galicia, cofinanciado nun 75 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) para Galicia 2014-2020.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Subdirección Xeral de Contratación e do Patrimonio.

2º. Domicilio: rúa San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

4º. Teléfono: 881 99 53 85.

5º. Telefax: 881 99 93 26.

6º. Correo electrónico: tramitacion-contractual.cmot@xunta.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=108519

8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata as 14.00 horas do derradeiro día de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: 72/2016 CN.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo para a aplicación de medidas de xestión das especies de flora e fauna con comportamento invasor en Galicia.

c) División por lotes e número: si. 5 lotes: punto 2.3 do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Lugar de execución/entrega: punto 6 do prego de prescricións técnicas.

e) Prazo de execución: punto 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares e punto 8 do seu cadro de características.

f) Admisión de prórroga: non.

g) CPV (referencia de nomenclatura): 73000000-2; 77310000-6.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto e suxeito a regulación harmonizada.

c) Criterios de adxudicación: os especificados no punto 3.6.1 do prego de cláusulas administrativas particulares e punto 10 do seu cadro de características.

4. Valor estimado do contrato: 303.543,00 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 303.543,00 euros. Importe total: 367.287,03 euros.

Lote 1: importe neto: 47.225,00 euros. Importe total: 57.142,25 euros.

Lote 2: importe neto: 167.718,00 euros. Importe total: 202.938,78 euros.

Lote 3: importe neto: 30.000,00 euros. Importe total: 36.300,00 euros.

Lote 4: importe neto: 49.600,00 euros. Importe total: 60.016,00 euros.

Lote 5: importe neto: 9.000,00 euros. Importe total: 10.890,00 euros.

Esta contratación finánciase polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 % no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020. A actuación encádrase na prioridade 6 dentro da Medida 7 «Servizos básicos e renovación das poboacións das zonas rurais» e na Submedida 07.60 «Estudos/investimentos vinculados ao mantemento, á recuperación e á rehabilitación do patrimonio cultural e natural das poboacións, das paisaxes rurais e das zonas con alto valor natural, incluídos os seus aspectos socioeconómicos, así como as iniciativas de sensibilización ecolóxica»; así como na Medida 4 «Investimentos en activos físicos», Submedida 04.40 «Apoio aos investimentos non produtivos vinculados ao cumprimento de obxectivos ambientais e climáticos» que financian axudas para o desenvolvemento de proxectos para a mellora da paisaxe rural tradicional e para o mantemento das condicións ambientais necesarias dirixidas á conservación ou recuperación de especies relacionadas co medio agrario e os seus hábitats en zonas de Rede Natura 2000 e noutras áreas de alto valor cultural.

6. Garantías exixidas:

Definitiva: 5 % do orzamento de adxudicación, excluído o IVE.

7. Subcontratación: de acordo co establecido no punto 6.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a especificada no punto 3.3 do prego de cláusulas administrativas particulares e no punto 5 do seu cadro de características.

9. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: 13 de marzo de 2017, ás 14.00 horas.

b) Modalidade: a sinalada no punto 3.4 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

2º. Domicilio: rúa San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses a contar desde a data de apertura de proposicións. O devandito prazo ampliarase en quince (15) días hábiles cando sexa necesario seguir os trámites a que se refire o artigo 152.3 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

10. Apertura de ofertas:

a) Descrición: apertura pública.

b) Dirección: rúa San Lázaro, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Data e hora: publicaranse no perfil do contratante a data e hora de apertura dos sobres B e C.

11. Gastos de publicidade: o importe dos gastos de publicidade será por conta do adxudicatario.

12. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de las Comunidades Europeas: 1 de febreiro de 2017.

Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2017

Mª Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente
e Ordenación do Territorio