Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 15 de febreiro de 2017 Páx. 7155

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 27 de decembro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2017 as axudas aos investimentos en tecnoloxías forestais, procesamento, mobilización e comercialización de produtos forestais, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020.

Advertidos erros na Orde do 27 de decembro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2017 as axudas aos investimentos en tecnoloxías forestais, procesamento, mobilización e comercialización de produtos forestais, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 8, do 12 de xaneiro de 2017, cómpre facer as seguintes correccións:

1. No artigo 5, apartado 1, epígrafe c), onde di: «...Nestes casos só se subvencionará o diferencial de custo, o cal será verificado pola Administración sobre a valoración do equipamento presentada pola empresa na memoria.», debe dicir: «No primeiro caso só se subvencionará o diferencial de custo, o cal será verificado pola Administración sobre a valoración do equipamento presentada pola empresa na memoria.».

2. No artigo 17, apartado 1, onde di: «...O prazo para solicitar a modificación da resolución será ata os catro meses anteriores á finalización do prazo para a xustificación dos investimentos.», debe dicir: «O prazo para solicitar a modificación da resolución será ata un mes antes da finalización do prazo para a xustificación dos investimentos da primeira anualidade.».