Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 20 de febreiro de 2017 Páx. 8274

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2017, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se modifica a Resolución do 29 de novembro de 2016, pola que se dá publicidade ás festas laborais de carácter local para o ano 2017, correspondentes aos concellos das catro provincias da Comunidade Autónoma de Galicia.

Pola Resolución do 29 de novembro de 2016, da Secretaría Xeral de Emprego (DOG núm. 235, do 12 de decembro), deuse publicidade ás festas laborais de carácter local para o ano 2017, correspondentes aos concellos das catro provincias da Comunidade Autónoma de Galicia.

Emitida certificación polo Concello da Gudiña, de Ourense, na cal se acorda modificar os festivos locais propostos para o ano 2017, a xefatura territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Ourense emite Resolución con data do 9 de febreiro de 2017, en que ordena publicar no Boletín Oficial da provincia de Ourense a modificación acordada polo Pleno da Corporación do Concello da Gudiña.

Polo anteriormente exposto,

DISPOÑO:

Modifícase a Resolución do 29 de novembro de 2016, da Secretaría Xeral de Emprego, nos seguintes termos:

No anexo III, provincia de Ourense, na páxina 54197, onde di: «33. A Gudiña: 25 de febreiro, Beato Sebastián de Aparicio; 24 de agosto, San Bartolomeu», debe dicir: «33. A Gudiña: 27 de febreiro; 24 de agosto, San Bartolomeu».

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego