Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 20 de febreiro de 2017 Páx. 8409

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Lugo

ANUNCIO do extracto da convocatoria e das bases xerais e específicas para prover as prazas de persoal funcionario, promoción interna, correspondente ás ofertas de emprego 2014 e 2015 desta deputación.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo (BOP) número 281, do 9 de decembro de 2016, publícase a convocatoria, bases xerais e específicas para a provisión das prazas de persoal funcionario, promoción interna, correspondentes ás ofertas de emprego para os anos 2014 e 2015 que a continuación se relacionan:

Número de vacantes: cinco. Denominación: técnico de xestión, escala Administración xeral, subescala xestión. Sistema de provisión: concurso-oposición, promoción interna. Grupo A, subgrupo A2.

Número de vacantes: cinco. Denominación: administrativo, escala Administración xeral, subescala administrativa. Sistema de provisión: concurso-oposición, promoción interna. Grupo C, subgrupo C1.

Número de vacantes: catro. Denominación: auxiliar, escala Administración xeral, subescala auxiliar. Sistema de provisión: concurso-oposición, promoción interna. Grupo C, subgrupo C2.

Presentación de solicitudes: presentaranse no modelo oficial publicado no BOP número 281, do 9 de decembro de 2016 (páxinas 10, 11 e 12) que se facilitará na unidade de atención ao cidadán, así como na páxina web da entidade (www.deputacionlugo.org).

Lugar de presentación: Rexistro Xeral desta entidade ou nos lugares e polas canles que determina o artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas. Dirixiranse ao presidente da Deputación Provincial de Lugo.

Prazo de presentación: vinte días naturais contados a partir do día seguinte a publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Faise constar expresamente que os sucesivos anuncios que deriven da convocatoria publicaranse no BOP de Lugo, no taboleiro de anuncios e na páxina web desta corporación.

Lugo, 30 de xaneiro de 2017

O presidente da Deputación Provincial de Lugo
P.D. (Decreto 1357/2016, do 1 de xullo)
Álvaro Santos Ramos
Vicepresidente da Deputación Provincial de Lugo