Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 21 de febreiro de 2017 Páx. 8605

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 1 de febreiro de 2017 pola que se fai pública a formalización da contratación, por procedemento negociado sen publicidade, trámite ordinario, para a adxudicación do contrato de obras de substitución da cuberta no Centro Educativo de Menores da Carballeira-Ourense, cofinanciado co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nunha porcentaxe máxima dun 80 % no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (obxectivo temático 04: favorecer a transición a unha economía baixa en carbono en todos os sectores); contratación documentalmente simplificada fase I (expediente 51/2016).

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Política Social.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica-Servizo de Obras.

c) Número de expediente: 51/2016.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=76588

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: obras.

b) Descrición do obxecto: obras de substitución da cuberta no Centro Educativo de Menores da Carballeira-Ourense.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: negociado sen publicidade.

4. Orzamento base de licitación. Importe neto: 92.563,78 €, IVE: 19.438,39 €, importe total: 112.002,17 €.

5. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 2 de novembro de 2016.

b) Data de formalización do contrato: 3 de novembro de 2016.

c) Contratista: Construcciones Orega, S.L.

d) Importe de adxudicación. Importe neto: 84.668,09 €, IVE: 17.780,30 €, importe total: 102.448,39 €.

Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2017

O conselleiro de Política Social
P.D. (Artigo 1 da Orde do 3.3.2016)
Francisco Javier Abad Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Política Social