Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 21 de febreiro de 2017 Páx. 8426

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería do Medio Rural

ORDE do 15 de febreiro de 2017 pola que se nomean as persoas que ocuparán a presidencia e vicepresidencia do Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida Queixo Tetilla.

Tras o cese a petición propia de Carlos Cid González e María Pilar Castro Vallo como presidente e vicepresidenta, respectivamente, do Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida Queixo Tetilla, o Pleno deste organismo celebrado o pasado día 3 de febreiro decidiu que a presidencia fose ostentada por Manuel Granja Munín e que a vicepresidencia fose exercida pola vogalía que ostenta a empresa Lácteos Anzuxao, S.L., representada por Javier Sampayo Menéndez.

Conforme indica o artigo 20 do Decreto 4/2007, do 18 de xaneiro, polo que se regulan as denominacións xeográficas de calidade do sector alimentario e os seus consellos reguladores, unha vez elixida a persoa que ostentará a presidencia, deberá facerse o seu nomeamento mediante orde da consellería competente. Unha previsión semellante recolle o artigo 23 do citado decreto en relación coa vicepresidencia.

Polo anterior,

DISPOÑO:

Artigo único

Nomear presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida Queixo Tetilla a Manuel Granja Munín, e nomear vicepresidente dese consello regulador a Lácteos Anzuxao, S.L., representada por Javier Sampayo Menéndez.

Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 2017

Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira do Medio Rural