Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 28 de febreiro de 2017 Páx. 10314

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Xinzo de Limia

ANUNCIO de convocatoria de dúas prazas de policía local.

Mediante a Resolución da Alcaldía do Concello de Xinzo de Limia de data 20 de decembro de 2016 aprobouse a oferta de emprego público do Concello de Xinzo de Limia correspondente ao exercicio 2016, que foi publicada no Boletín Oficial da provincia de Ourense número 294, do 24 de decembro de 2016 e no Diario Oficial de Galicia número 247, do 28 de decembro de 2016, e contén as seguintes prazas:

Persoal funcionario
Oposición libre

Denominación

Escala básica

Subescala

Grupo

Subgrupo

Nº de vacantes

Policía local

Administración especial

Servizos especiais

C

C1

2

Mediante a Resolución do alcalde en funciones (ex Decreto do 9 de febreiro de 2017) do Concello de Xinzo de Limia de data 10 de febreiro de 2017, aprobáronse as bases da convocatoria para prover en propiedade as dúas prazas vacantes, categoría de policía local, que se convocan mediante oposición libre.

No Boletín Oficial da provincia de Ourense número 39, do 16 de febreiro de 2017, aparecen integramente publicadas as bases da convocatoria para a provisión en propiedade das prazas arriba referidas.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no Boletín Oficial da provincia de Ourense e no taboleiro de anuncios do concello.

Xinzo de Limia, 17 de febreiro de 2017

Antonio Pérez Rodríguez
Alcalde