Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 1 de marzo de 2017 Páx. 10515

III. Outras disposicións

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 15 de febreiro de 2017 pola que se establece o método de cálculo das porcentaxes de reserva de solo para vivenda protexida e se publican as correspondentes ao ano 2017.

A Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, no seu artigo 42.9 establece que os plans xerais deberán prever unhas reservas de solo para a vivenda suxeita a algún réxime de protección pública que, como mínimo, comprenderán os terreos necesarios para realizar o 30 % da edificabilidade residencial prevista pola ordenación urbanística no solo urbanizable e no solo urbano non consolidado regulado no artigo 17.b).1. Esta proporción será do 10 % no suposto do solo urbano non consolidado regulado no artigo 17.b).2. No suposto do solo urbano non consolidado regulado no artigo 17.b).3 non será obrigatorio prever unha reserva para vivenda suxeita a algún réxime de protección.

Excepcionalmente, os plans xerais, atendendo a demanda real de vivenda protexida, poderán fixar unha reserva inferior axustada á porcentaxe de reserva total de solo para vivenda protexida do concello e aos diferentes réximes de vivenda protexida. A porcentaxe de reserva total do concello determinaraa anualmente o Instituto Galego da Vivenda e Solo, con base nos inscritos no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia. A resolución que determine esta porcentaxe será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia.

Cando se produza unha variación de máis ou menos dous puntos porcentuais da porcentaxe de reserva total de solo para vivenda protexida do concello establecida no plan xeral respecto da última publicada, o pleno do concello, por maioría absoluta, e sen necesidade de seguir o procedemento de modificación do plan, deberá acordar a modificación das porcentaxes de reserva e axustalas á resolución do Instituto Galego da Vivenda e Solo.

Estarán exentos das reservas de solo reguladas neste punto aqueles concellos que conten con menos de 5.000 habitantes inscritos no padrón municipal no momento da aprobación inicial do plan xeral, cando este non conteña previsión para novos desenvolvementos urbanísticos en solos clasificados como urbanos non consolidados e urbanizables que na totalidade do municipio superen as 300 vivendas.

A citada lei deixa á consideración do Instituto Galego da Vivenda e Solo a determinación das porcentaxes, polo que cómpre fixar o seu método de cálculo para o seu xeral coñecemento, facendo pública a fórmula que se adecúa á prevista na disposición adicional novena da Lei 8/2012, do 29 de xuño, de vivenda de Galicia, por considerar que é a máis idónea para calcular a demanda real da vivenda protexida.

Por todo o exposto e, en función das atribucións que me confire o artigo 12 do Decreto 97/2014, do 24 de xullo, polo que se establece a estrutura orgánica do Instituto Galego da Vivenda e Solo,

ACORDO:

Primeiro. Fixar o seguinte método de cálculo para determinar as porcentaxes de reserva con base nos inscritos no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia, previstas no artigo 42.9 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia:

A porcentaxe de reserva total do concello (PRTC) que se estableza será a resultante da aplicación da seguinte fórmula de cálculo:

PRTC= (IRT×10/IPM)×100

Na que será:

PRTC= porcentaxe de reserva total do concello de solo para vivenda protexida.

IRT= inscritos como solicitantes de vivendas protexidas no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia nese municipio.

IPM= número total de habitantes inscritos no padrón municipal.

No suposto de que da aplicación da precedente fórmula resulte unha porcentaxe inferior á media para o conxunto da comunidade autónoma calculada con base nos datos dos concellos de máis de 5.000 habitantes, que se publica no anexo, tomarase esta última.

Segundo. Establecer as porcentaxes de reserva de solo para vivenda protexida para o ano 2017, conforme coa fórmula de cálculo fixada no resolvo anterior e que figuran no anexo desta resolución.

Terceiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Instituto Galego da Vivenda e Solo da listaxe das ditas porcentaxes.

Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 2017

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO

Porcentaxe de reserva de solo para vivendas protexidas por concellos de máis de 5.000 habitantes.

Porcentaxe media para o conxunto de Galicia: 5,55 %.

Concello

Inscritos

Padrón

PRTC

Porcentaxe aplicable

Abegondo

9

5533

1,63 %

5,55 %

Allariz

27

5982

4,51 %

5,55 %

Ames

127

30544

4,16 %

5,55 %

Ares

4

5672

0,71 %

5,55 %

Arteixo

89

31239

2,85 %

5,55 %

Arzúa

0

6211

0,00 %

5,55 %

Baiona

34

12119

2,81 %

5,55 %

Barbadás

2

10638

0,19 %

5,55 %

Barco de Valdeorras, O

26

13761

1,89 %

5,55 %

Bergondo

7

6656

1,05 %

5,55 %

Betanzos

24

12966

1,85 %

5,55 %

Boiro

13

18871

0,69 %

5,55 %

Brión

56

7590

7,38 %

7,38 %

Bueu

10

12189

0,82 %

5,55 %

Burela

33

9552

3,45 %

5,55 %

Caldas de Reis

6

9830

0,61 %

5,55 %

Camariñas

0

5486

0,00 %

5,55 %

Cambados

18

13977

1,29 %

5,55 %

Cambre

135

24141

5,59 %

5,59 %

Cangas

50

26584

1,88 %

5,55 %

Cañiza, A

3

5234

0,57 %

5,55 %

Carballiño, O

14

13913

1,01 %

5,55 %

Carballo

26

31256

0,83 %

5,55 %

Carral

5

6172

0,81 %

5,55 %

Castro de Rei

2

5057

0,40 %

5,55 %

Cedeira

1

6997

0,14 %

5,55 %

Cee

3

7631

0,39 %

5,55 %

Celanova

0

5508

0,00 %

5,55 %

Cerceda

3

5031

0,60 %

5,55 %

Chantada

27

8431

3,20 %

5,55 %

Coristanco

3

6426

0,47 %

5,55 %

Coruña, A

2.209

243978

9,05 %

9,05 %

Culleredo

167

29638

5,63 %

5,63 %

Estrada, A

16

20891

0,77 %

5,55 %

Fene

29

13250

2,19 %

5,55 %

Ferrol

749

68308

10,97 %

10,97 %

Foz

43

9908

4,34 %

5,55 %

Gondomar

19

14192

1,34 %

5,55 %

Grove, O

1

10758

0,09 %

5,55 %

Guarda, A

6

10133

0,59 %

5,55 %

Guitiriz

3

5495

0,55 %

5,55 %

Lalín

20

20044

1,00 %

5,55 %

Laracha, A

4

11295

0,35 %

5,55 %

Lugo

972

98268

9,89 %

9,89 %

Malpica de Bergantiños

1

5616

0,18 %

5,55 %

Marín

61

24878

2,45 %

5,55 %

Meaño

0

5341

0,00 %

5,55 %

Melide

6

7488

0,80 %

5,55 %

Miño

1

5832

0,17 %

5,55 %

Moaña

45

19458

2,31 %

5,55 %

Monforte de Lemos

85

18922

4,49 %

5,55 %

Mos

37

15240

2,43 %

5,55 %

Mugardos

9

5335

1,69 %

5,55 %

Muros

1

8834

0,11 %

5,55 %

Narón

218

39426

5,53 %

5,55 %

Neda

5

5197

0,96 %

5,55 %

Negreira

2

6911

0,29 %

5,55 %

Nigrán

31

17593

1,76 %

5,55 %

Noia

28

14337

1,95 %

5,55 %

Oleiros

87

35013

2,48 %

5,55 %

Ordes

4

12669

0,32 %

5,55 %

Oroso

19

7420

2,56 %

5,55 %

Ortigueira

21

6093

3,45 %

5,55 %

Ourense

222

105893

2,10 %

5,55 %

Outeiro de Rei

3

5043

0,59 %

5,55 %

Outes

0

6606

0,00 %

5,55 %

Oza-Cesuras

0

5181

0,00 %

5,55 %

Padrón

11

8581

1,28 %

5,55 %

Pereiro de Aguiar

0

6255

0,00 %

5,55 %

Pobra do Caramiñal, A

4

9525

0,42 %

5,55 %

Poio

52

16901

3,08 %

5,55 %

Ponte Caldelas

4

5573

0,72 %

5,55 %

Ponteareas

20

22963

0,87 %

5,55 %

Ponteceso

1

5703

0,18 %

5,55 %

Pontedeume

3

8005

0,37 %

5,55 %

Pontes de García Rodríguez, As

22

10399

2,12 %

5,55 %

Pontevedra

826

82549

10,01 %

10,01 %

Porriño, O

100

19567

5,11 %

5,55 %

Porto do Son

0

9386

0,00 %

5,55 %

Redondela

44

29563

1,49 %

5,55 %

Rianxo

37

11295

3,28 %

5,55 %

Ribadavia

11

5068

2,17 %

5,55 %

Ribadeo

44

9972

4,41 %

5,55 %

Ribadumia

16

5105

3,13 %

5,55 %

Ribeira

18

27249

0,66 %

5,55 %

Rosal, O

1

6349

0,16 %

5,55 %

Sada

19

15150

1,25 %

5,55 %

Salceda de Caselas

19

8914

2,13 %

5,55 %

Salvaterra de Miño

11

9566

1,15 %

5,55 %

San Cibrao das Viñas

1

5113

0,20 %

5,55 %

Santa Comba

3

9556

0,31 %

5,55 %

Santiago de Compostela

921

95966

9,60 %

9,60 %

Sanxenxo

36

17314

2,08 %

5,55 %

Sarria

78

13337

5,85 %

5,85 %

Silleda

4

8734

0,46 %

5,55 %

Soutomaior

10

7251

1,38 %

5,55 %

Teo

8

18510

0,43 %

5,55 %

Tomiño

2

13548

0,15 %

5,55 %

Tui

20

16966

1,18 %

5,55 %

Valdoviño

5

6650

0,75 %

5,55 %

Valga

0

6047

0,00 %

5,55 %

Vedra

0

5012

0,00 %

5,55 %

Verín

28

14031

2,00 %

5,55 %

Vigo

4.139

292817

14,14 %

14,14 %

Vila de Cruces

7

5435

1,29 %

5,55 %

Vilaboa

8

6043

1,32 %

5,55 %

Vilagarcía de Arousa

166

37283

4,45 %

5,55 %

Vilalba

51

14487

3,52 %

5,55 %

Vilanova de Arousa

3

10406

0,29 %

5,55 %

Vimianzo

0

7378

0,00 %

5,55 %

Viveiro

27

15615

1,73 %

5,55 %

Xinzo de Limia

13

10004

1,30 %

5,55 %