Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 1 de marzo de 2017 Páx. 10546

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 16 de febrero de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación provisional de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación no proceso de inscrición de aspirantes a nomeamentos temporais en postos de traballo de persoal funcionario sanitario da escala de saúde pública e administración sanitaria (Lei 17/1989, do 23 de outubro).

Mediante a Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, do 18 de outubro de 2016 (Diario Oficial de Galicia nº 205, do 27 de outubro), abriuse o prazo para a inscrición de aspirantes nas listas para nomeamentos temporais nos postos de traballo do persoal funcionario sanitario da escala de saúde pública e administración sanitaria (Lei 17/1989, do 23 de outubro).

Na devandita resolución prevese unha xeración de listas coas persoas inscritas ata o 30 de novembro de 2016 que cumpran os requisitos determinados na anterior resolución.

Finalizado o prazo de presentación de solicitudes e verificados os datos correspondentes aos requisitos das persoas solicitantes, esta dirección xeral, de conformidade coa base sétima da resolución de inicio do prazo de inscrición (Diario Oficial de Galicia nº 205, do 27 de outubro),

RESOLVE:

Primeiro. Publicar a relación provisional de solicitantes admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación no proceso de inscrición de aspirantes nas listas para nomeamentos temporais en postos de traballo do persoal funcionario sanitario da escala de saúde pública e administración sanitaria (Lei 17/1989, do 23 de outubro), nos colectivos profesionais que se indican a seguir:

1. Clase de inspector/a médico/a.

2. Clase de inspector/a farmacéutico/a.

3. Clase de farmacéutico/a inspector/a de saúde pública.

4. Lista xeral de licenciado/a sanitario/a: licenciado/a en Medicina e Cirurxía, licenciado/a en Farmacia, licenciado/a en Ciencias Químicas, licenciado/a en Ciencias Biolóxicas, licenciado/a en Psicoloxía.

5. Clase de subinspector/a sanitario/a.

6. Clase de ATS/DUE.

Segundo. As listas coa relación provisional de admitidos/as e excluídos/as en cada unha das clases atópanse publicadas, á disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a solicitante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

Terceiro. De conformidade coa base sétima da Resolución do 18 de outubro de 2016, contra a relación provisional de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación as persoas interesadas poderán presentar reclamación ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde no prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación.

As persoas que, tendo presentado debidamente solicitude de participación neste proceso, non consten como admitidas nin excluídas, disporán do mesmo prazo para formular a súa reclamación.

A aceptación ou rexeitamento das reclamacións presentadas entenderanse implícitos na resolución desta dirección, que se anunciará no Diario Oficial de Galicia, pola que se declaren con carácter definitivo os/as admitidos/as e excluídos/as e que fará públicas, así mesmo, as puntuacións e a orde de prelación definitivas nas listas.

Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 2017

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde