Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 2 de marzo de 2017 Páx. 10854

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (442/2014).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de Xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario número 442/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Milagros Rodríguez Cabanas contra Global Sales Solutions Line Atlántico, S.L., Global Sales Solutions Line, S.L., Gestión Servicios de Emergencia y Atención al Ciudadano, S.A., Fogasa, Fundación Pública Urgencias Saniarias de Galicia 061, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Sentenza.

Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2017.

Vistos por Sandra María Iglesias Barral, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, os presentes autos de xuízo nº 442/2014, seguidos por instancia de María Milagros Rodríguez Cabanas, representada pola letrada Sra. Romero Salgado, contra as entidades Global Sales Solutions Line Atlántico, S.L. (GSS Atlántico) e Global Sales Solutions Line, S.L. (GSS LINE), representadas e asistidas pola letrada Sra. Trevijano Álvarez, contra a Fundación Pública de Urxencias Sanitarias de Galicia 061, representada e asistida pola letrada Sra. Tarrío Vila e contra a entidade Xestión Servizos de Emerxencia e Atención ao Cidadán (GSE) e Fogasa, que non comparecen pese estar debidamente citados, sobre recoñecemento de dereito-cesión ilegal.

Decido:

Que debo estimar e estimo a demanda presentada por María Milagros Rodríguez Cabanas contra as entidades Global Sales Solutions Line Atlántico, S.L. e Global Sales Solutions Line, S.L., a Fundación Pública de Urxncias Sanitarias de Galicia 061 e a entidade Xestión Servizos de Emerxencia e Atención ao Cidadán e, en consecuencia, debo condenar e condeno as codemandadas a recoñecer a traballadora demandante o dereito a consideración de persoal laboral indefinido non fixo da Fundación Pública Urxencias Sanitarias 061-Galicia, polo motivo de «cesión ilegal de man de obra», optando pola Fundación Pública Urxencias Sanitarias 061-Galicia, cunha antigüidade na prestación de servizos desde o 13.3.2001, grupo IX, e ser retribuída conforme a dita antigüidade e categoría cos emolumentos salariais do Convenio colectivo para o persoal laboral do sector sanitario de Galicia xestionado por fundacións públicas sanitarias ou empresas públicas.

Debo absolver e absolvo o Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese ás partes a presente resolución.

Modo de impugnación: advírteselles ás partes que contra a presente resolución poderán interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito presentado na oficina xudicial dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación o momento en que se lle practique a notificación. Advírtase igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou causa habente seus, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto a nome desta oficina xudicial, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, deberá consignar na conta de Depósitos e Consignacións aberta a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario por primeiro requirimento indefinido pola dita cantidade no que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a esta oficina xudicial co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, ao momento de anuncialo.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, o pronuncio, mando e asino.

E para que sirva de notificación en legal forma a Gestión Servicios de Emergencia, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza