Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 2 de marzo de 2017 Páx. 10829

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 4536/2014).

María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación 4536/2014 seguido por instancia de Josefa Alen Núñez contra Fogasa, Galicia Saudade, S.L. e outros, sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

«A sala acorda: declarar a inadmisión do recurso de casación para a unificación de doutrina interposto polo letrado José Miguel López Pérez, en nome e representación de Josefa Alen Núñez contra a sentenza ditada par a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia de data 26 de maio de 2015, no recurso de suplicación número 4536/2014, interposto por Josefa Alen Núnez e polo Instituto de Gestión Sanitaria, S.A. (Ingesan) e Eulen Servizos Sociosanitarios, S.A., fronte á sentenza ditada polo Xulgado do Social número 5 dos da Coruña de data 25 de novembro de 2013, no procedemento n° 1275/12 seguido por instancia de Josefa Alen Núnez contra Galicia Saudade, S.L., Administración Concursal Galicia Saudade, S.L., Eulen Servizos Sociosanitarios, S.A., Concello de Arteixo, Instituto de Gestión Sanitaria, S.A.U. (Ingesan) e Fondo de Garantía Salarial; despois de ser parte o ministerio fiscal, sobre despedimento.

Declárase a firmeza da sentenza impugnada, sen imposición de custas á parte recorrente.

Contra este auto non cabe recurso ningún.

Devólvanse os autos de instancia e a peza de suplicación á Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de procedencia con certificación desta resolución e comunicación.

Así o acordamos, mandamos e asinamos».

E para que sirva de notificación en legal forma a Galicia Saudade, S.L. en ignorado paradoiro, con último domicilio en Ourense, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 8 de febreiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza