Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 2 de marzo de 2017 Páx. 10930

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Redondela

ANUNCIO de convocatoria de procesos selectivos.

As bases xerais que regulan a convocatoria de procesos selectivos para cubrir prazas vacantes de persoal funcionario e laboral no Concello de Redondela publicáronse integramente no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOPPO), número 50, do 13 de marzo de 2015 e a súa rectificación no BOPPO, número 77, do 22 de abril de 2016 e as bases específicas das seguintes prazas publicáronse integramente no BOPPO, número 7, do 11 de xaneiro de 2017:

Persoal funcionario:

– 1 praza de delineante, encadrada na escala de Administración especial, integrada no grupo C, subgrupo C1, polo sistema de oposición libre, mediante o procedemento de promoción interna.

– 2 prazas de administrativos/as, encadradas na escala de Administración xeral, subescala administrativa e integradas no grupo C, subgrupo C1, polo sistema de oposición libre, mediante o procedemento de promoción interna.

Redondela, 17 de xaneiro de 2017

Javier Bas Corugeira
Alcalde