Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 3 de marzo de 2017 Páx. 11019

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 8 de febreiro de 2017, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 22 de decembro de 2015, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para os investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios do período 2014-2020, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e se convocan para o exercicio orzamentario de 2016.

De conformidade co establecido no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 13, punto 4 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario a que se imputen, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade ou finalidades da subvención.

Na súa virtude, esta dirección xeral

RESOLVE:

Ordenar a publicación, no Diario Oficial de Galicia, das axudas concedidas con cargo á Orde do 22 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para os investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios do período 2014-2020, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e se convocan para o exercicio orzamentario de 2016, que figuran como anexo nesta resolución.

Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2017

Belén María do Campo Piñeiro
Directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

ANEXO

– Finalidade: axudas para os investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios.

– Partida orzamentaria: 13.03.741A.770.0, cofinanciada polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020.

– Beneficiarios e axudas concedidas:

Beneficiario

Axuda concedida (€)

Agropecuaria Mabelipa, S.L.

65.915,15

Agrupación de Cooperativas Lácteas, S.L.

68.323,15

Aira, Soc. Coop. Galega

44.415,00

Airas Moniz, S.L.

50.101,43

Aldea de Barrio, S.L.

55.834,65

Alibos Galicia, S.L.

449.344,46

Angulo Rey, Beatriz

22.853,29

As Vacas da Ulloa, S.C.G.

53.800,75

Avega, S. Coop. Galega

603.042,69

Carnes Viana, S.L.

20.110,00

Celega, S.L.

200.776,58

Central de Frades, S.C.G.

45.364,57

Champivil, S.L.

29.542,03

Cogal, S.C.G.

115.863,62

Coop. Agraria Provincial de A Coruña, S.C.G.

21.090,49

Coop. Productores del Campo de Capela, S.C.G.

86.976,96

Cooperativa C.G.S. y C.P.A. Hoxe

75.272,20

Cooperativa Sta. Mariña de Loureiro, S.C.G.

16.426,50

Cooperativas Orensanas, S.C.G.

2.382.691,21

Corporación Alimentaria Peñasanta, S.A.

681.655,70

Cusoviame, S.C.G.

33.398,98

Dairylac, S.L.

4.889.003,79

Embutidos Lalinenses, S.A.T.

134.574,10

Eolimia, S.L.U.

4.176.865,00

Euroserum Ibérica, S.L.

31.595,75

Feiraco Lácteos, S.L.

25.991,68

Fernández Sande, José Manuel

14.094,72

Ferreiro Ferreiro, Antonio

96.174,90

Gandería Puluan, S.C.

193.963,11

Generxia, S.C

44.139,59

Granja Campomayor, S.L.

182.084,39

Granxa Moreira, S.C.

25.178,22

Hifas da Terra, S.L.

51.138,04

Hortalizas y Legumbres Otero, S.L.

10.995,36

Industrias Frigoríficas del Deza, S.L.

149.406,50

Innolact, S.L.

1.607.338,94

Innolact, S.L.

45.353,56

Jamones González, S.L.

22.008,40

Lácteos Casa Macán, S.L.U.

779.001,14

Lácteos Feinar, S.L.

27.472,20

Lácteos Lorán, S.L.

21.307,05

Leite Ulla, S.L.

43.816,25

Lemos y Balboa, S.L.

376.407,61

Mieles Anta, S.L.

41.523,52

Novafrigsa, S.A.

610.182,14

Orujos y Licores Augavella, S.L.

30.179,45

Pazo de Lusio, S.L.

44.186,18

Piensos Albores, S.C.G.

12.110,00

Poulet Royal, S.L.

499.751,75

Proláctea, S.A.U.

4.755.720,25

Queixería Barral, S.L.

64.036,00

Queixería Prestes, S.L.

42.518,00

Queizuar, S.L.

100.413,65

Queserías Entrepinares, S.A.

244.279,75

Queserías Sarrianas, S.L.

105.297,26

Rubén Pacior, S.L.

204.972,45

Val Silva, S.C.

129.600,00

Xallas de Santa Comba, S.C.G.

24.980,56

Xuncoga, S.C.L.

19.539,33