No Diario Oficial de Galicia núm. 204, do 26 de outubro de 2016, publicouse a Resolución conxunta do 14 de outubro, do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), pola que se dá publicidade ao acordo da Amtega e do Consello de Dirección do Igape que aproba as bases reguladoras das axudas aos servizos de asistencia, diagnóstico e soporte na implantación de solucións de Empresa Dixital e Industria 4.0 para a súa realización en empresas galegas (programa Re-accionaTIC), cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva.
No punto cuarto da resolución aparece unha distribución de servizos ofertados en cada convocatoria, co fin de definir os termos da concorrencia competitiva establecida para cada unha das convocatorias do programa. As dúas primeiras convocatorias (2016-1 e 2016-2) do programa Re-accionaTIC acadaron unha maior demanda do previsto en determinados servizos, mentres que noutros houbo servizos excedentes. Cómpre, polo tanto, unha redistribución de servizos nas próximas convocatorias, co fin de poder executar o programa na súa totalidade e atender o antes posible as solicitudes dos servizos con maior demanda.
A modificación da convocatoria de servizos non supón un maior gasto, dado que a suma dos servizos consumidos nas convocatorias 2016-1 (xa resolto) e 2016-2 (estase a tomar o número de servizos solicitados e máximo para conceder, derivado do número de solicitudes presentadas), máis a distribución que se propón nesta modificación, dá un total de servizos idéntico ao inicialmente convocado, tanto por cada servizo individual coma no total.
En virtude destes antecedentes e de conformidade coas facultades que teño conferidas,
RESOLVEMOS:
Artigo 1
Modificar a distribución de servizos para as próximas convocatorias 2017-1 e 2017-2, prevista no punto cuarto da Resolución conxunta do 14 de outubro de 2016, do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), pola que se dá publicidade ao acordo da Amtega e do Consello de Dirección do Igape que aproba as bases reguladoras das axudas aos servizos de asistencia, diagnóstico e soporte na implantación de solucións de Empresa Dixital e Industria 4.0 para a súa realización en empresas galegas (programa Re-accionaTIC), cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020, que quedaría configurada do seguinte xeito:
Servizo |
2017-1 |
2017-2 |
Servizo de diagnóstico de capacidades e oportunidades para a aplicación de solucións Industria 4.0 |
60 |
55 |
Servizo de diagnóstico para a aplicación de solucións dixitais na empresa |
50 |
23 |
Servizo de acompañamento na posta en marcha de solucións Industria 4.0 |
25 |
16 |
Servizo de xeración de modelos e simulación industrial |
7 |
7 |
Servizo de soporte para a adopción e o despregamento de solucións en mobilidade |
10 |
7 |
Servizo de asistencia para a adopción de solucións dixitais innovadoras para a mellora da xestión empresarial |
21 |
7 |
Servizo de acompañamento na definición e posta en marcha de estratexias de márketing dixital |
13 |
0 |
Artigo 2
Esta resolución entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 2017
Juan Manuel Cividanes Roger |
Mª Mar Pereira Álvarez |